martes, 25 de outubro de 2022

Publicación lista de comedor a 24 de outubro

 AVISO

Autorizadas 30 prazas máis e celebrada a reunión de consello escolar o luns 24 de outubro, publícase a lista de alumnado admitido no servizo de comedor no taboleiro interior do centro.

Debido a máis solicitudes que prazas queda alumnado en reserva ( 6 non admitidos).

Ábrese un prazo de 5 días para reclamacións ata o día 2 de novembro ás 14.00 h.

Unha vez resolto todo o proceso seguindo as instrucións e normativa de comedores escolares da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades o alumnado admitido poderá comezar o luns 7 de novembro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario