martes, 18 de outubro de 2022

AGRUPACIÓN DE CENTROS EDUCATIVOS 2022


 O venres día 14 de outubro o CEIP de Galán foi admitido para participar no programa do MEC “agrupación de centros educativos”, destinado a promover agrupacións de centros educativos de diferentes comunidades autónomas, para a realización e posta en práctica de proxectos comúns que favorezan a educación inclusiva e a innovación educativa.

Este programa desenvolverase ao longo dos cursos académicos 2022-2023 e 2023-2024.

“Activos por la inclusión”, é o título do proxecto no que participan xunto co CEIP de Galán, os colexios CEIP Isidro Almazán de Guadalajara, o CEIP Eduardo Lucena de Córdoba e o CEIP Los Valles de Laguna de Duero (Valladolid).

Tal e como o seu nome indica, este proxecto xira arredor da inclusión como obxetivo prioritario establecendo relacións colaborativas intercentros que propician experiencias educativas que van máis alá da simple adquisición de coñecementos.

Coas prácticas deportivas inclusivas, o coñecemento das tradicións e a expresión artística, configurarase un escenario educativo que ensalza valores como a aceptación e a empatía, posibilitando a participación de todos,  independentemente das súas características.

Desta maneira pretendemos a visibilización e sensibilización sobre a diversidade funcional, ao mesmo tempo que se promove a creación dunha cultura inclusiva na que se estableza de maneira natural o respeto á diferenza.

 

Enlace: Resoluciónde la Secretaría de Estado de Educación por la que seconceden ayudasdestinadas a promover agrupaciones de centros educativos para la realización y puesta en práctica de proyectos comunesque favorezcan laeducacióninclusivayla innovacióneducativa. Convocatoria 2022

Ningún comentario:

Publicar un comentario