martes, 18 de outubro de 2022

SAMÁIN 2022


 O venres 28 de outubro celebraremos o Samaín. Ánimate a participar!

Como xa é tradición en Galán, o venres 28 faremos unha exposición de cabazas no recibidor do centro e necesitamos da vosa colaboración.

Escollede unha cabaza e decorádea como máis vos guste. Podedes facela terrorífica, graciosa, coqueta... Pero non a baleiredes, así durará máis tempo. Unha vez a teñades feita, poñede o voso nome e a clase.

Podedes traela entre o luns 24 e o xoves 27. Entregádea á vosa titora ou ao voso titor.

Disfraces: Este curso crearemos complementos terroríficos no colexio, así que non é necesario que traiades da casa disfraces.

Un saúdo.

O equipo de actividades complementarias e extraescolares.

Ningún comentario:

Publicar un comentario