Recordar que o luns 31 de outubro non é lectivo. É o Día do Ensino, según o calendario escolar 2022-2023.
Un saúdo
O equipo directivo
Recordar que o luns 31 de outubro non é lectivo. É o Día do Ensino, según o calendario escolar 2022-2023.
Un saúdo
O equipo directivo
AVISO
Autorizadas 30 prazas máis e celebrada a reunión de consello escolar o luns 24 de outubro, publícase a lista de alumnado admitido no servizo de comedor no taboleiro interior do centro.
Debido a máis solicitudes que prazas queda alumnado en reserva ( 6 non admitidos).
Ábrese un prazo de 5 días para reclamacións ata o día 2 de novembro ás 14.00 h.
Unha vez resolto todo o proceso seguindo as instrucións e normativa de comedores escolares da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades o alumnado admitido poderá comezar o luns 7 de novembro.
Os vales de material complementario están dispoñibles na secretaría do centro.
Aquelas familias que non os recollestes podedes pasar a recollelos ata o
venres 4 de novembro.
A día 24 de outubro, publícase no taboleiro de anuncios do centro a data e a hora no que se procederá ao sorteo público para a designación de membros da Xunta Electoral.
Sorteo público, ás 12.00 horas do mércores día 26 de outubro, para a designación dos membros da xunta electoral ( Titulares e Suplentes).
A Xunta electoral estará integrada pola directora do centro, un profesor ou profesora, un pai ou nai ou titor legal e un representante do persoal de administración e servizos, designados por sorteo público no que se preverá a designación de membros suplentes.
Mª Concepción Sánchez Vaamonde
A directora
O CEiP de Galán está admitido na lista provisonal do Plan Proxecta +. Aliméntate ben.
Aviso:
Todo o alumnado que solicitou a actividade de biblioteca está admitido. Está publicada a lista no taboleiro interior do centro.
Este é o aviso recibido. O alumnado non saiu ao exterior no día de hoxe, 20 de outubro.
TIPOLOXÍA:VENTO E CHOIVAS
ESTE AVISO CONSIDÉRASE VÁLIDO ATA A MODIFICACIÓN DO NIVEL DE ALERTA
NIVEL DE ALERTA: AMARELO
A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa no boletín 253/71 GAL emitido o día 19.10.2022 ás 10:44 horas dun fenómeno meteorolóxico adverso por VENTO de nivel AMARELO que afectarás os seguintes ámbitos xeográficos:
- A Coruña
- Ourense (Montaña)
- Pontevedra (Rias Baixas e Interior)
- Lugo (A Mariña e Montaña)
Está previsto o comezo para as primeiras horas do día 20.10.2022 podendo acadar refachos de 90 km/h.
Este fenómeno virá acompañado a partir das 12:00 horas, de CHOIVAS intensas, de nivel AMARELO que afectarán ao Oeste e Suroeste de A Coruña, provincia de Pontevedra e Noroeste de Ourense , podendo acadar 40 mm en 12 horas.
Polo que a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior comunícalles que, en previsión destes feitos: ADOPTEN as medidas preventivas necesarias ante as citadas predicións meteorolóxicas e, no seu caso, ALERTEN ou MOBILICEN aos medios e recursos a dispor.Ante calquera emerxencia chame ao 112.
A partir de agora, para calquera consulta no Departamento de Orientación, podedes dirixirvos a:
orientacion.ceip.galan@edu.xunta.gal
Un saúdo
O departamento de orientación
O Diario de Arteixo faise eco do proxecto de agrupación de
centros 2022,
"ACTIVOS POR LA INCLUSIÓN". Ligazón
Como xa é tradición en Galán, o venres 28 faremos unha exposición de cabazas no recibidor do centro e necesitamos da vosa colaboración.
Escollede unha cabaza e decorádea como máis vos guste. Podedes facela terrorífica, graciosa, coqueta... Pero non a baleiredes, así durará máis tempo. Unha vez a teñades feita, poñede o voso nome e a clase.
Podedes traela entre o luns 24 e o xoves 27. Entregádea á vosa titora ou ao voso titor.
Disfraces: Este curso crearemos complementos terroríficos no colexio, así que non é necesario que traiades da casa disfraces.
Un saúdo.
O equipo de actividades complementarias e extraescolares.
O venres día 14 de outubro o CEIP de Galán foi admitido para participar no programa do MEC “agrupación de centros educativos”, destinado a promover agrupacións de centros educativos de diferentes comunidades autónomas, para a realización e posta en práctica de proxectos comúns que favorezan a educación inclusiva e a innovación educativa.
Este programa desenvolverase ao longo dos cursos académicos 2022-2023 e 2023-2024.
“Activos por la inclusión”, é o título do proxecto no que participan xunto co CEIP de Galán, os colexios CEIP Isidro Almazán de Guadalajara, o CEIP Eduardo Lucena de Córdoba e o CEIP Los Valles de Laguna de Duero (Valladolid).
Tal e como o seu nome indica, este proxecto xira arredor da inclusión como obxetivo prioritario establecendo relacións colaborativas intercentros que propician experiencias educativas que van máis alá da simple adquisición de coñecementos.
Coas prácticas deportivas inclusivas, o coñecemento das tradicións e a expresión artística, configurarase un escenario educativo que ensalza valores como a aceptación e a empatía, posibilitando a participación de todos, independentemente das súas características.
Desta maneira pretendemos a visibilización e sensibilización sobre a diversidade funcional, ao mesmo tempo que se promove a creación dunha cultura inclusiva na que se estableza de maneira natural o respeto á diferenza.
Enlace: Resoluciónde la Secretaría de Estado de Educación por la que seconceden ayudasdestinadas a promover agrupaciones de centros educativos para la realización y puesta en práctica de proyectos comunesque favorezcan laeducacióninclusivayla innovacióneducativa. Convocatoria 2022
Estimadas familias,
deixamos a ligazón ao DOG, extracto da Resolución do 5 de outubro de 2022.
A axuda consiste nun vale de 25€ para material escolar, entregarase a partir de mañá martes día 18 de outubro.
Horario: 9.30 a 13.30 horas.
Ligazón ao blogue BiblioGalán, para máis información e inscricións.