Estimadas familias:
Outro ano máis gustaríanos presentarnos e que coñezades a
nosa Asociación de Nais e Pais de estudantes do CEIP Galán (ANPA), mentres que
vos animamos a que colaboredes na tarefa de educar aos nosos fillos.
A través da ANPA temos a oportunidade de establecer un
contacto estreito co claustro de profesores intercambiando ideas e experiencias
co fin de atopar solucións aos problemas que xorden, tanto os referentes aos
nosos fillos como ao centro en xeral.
Vos convidamos a coñecer o noso blog, que é o principal
recurso de comunicación: anpagalan.blogspot.com. Tamén podedes seguirnos en
Facebook www.facebook.com/AnpaCeipGalan/ así como trasladarnos calquer consulta
a través do correo electrónico anpagalan@gmail.com.
Dende a ANPA traballamos voluntariamente, sen ningún tipo
de compensación económica e animámosvos a ser socios e a colaborar activamente
na asociación; é un erro pensar que só pagando a taxa anual, a maquinaria da ANPA
comeza a funcionar: os fondos non serven para nada se non hai xente que os
xestione.
POR
QUE PERTENCER Á ANPA?
Dez razóns polas
que pensamos que debes acompañarnos
(Podes engadir o
décimo)
2.- Porque é necesario unir esforzos e ideas para
RECLAMAR aspectos que nos axuden a mellorar a calidade do ensino. Queremos ser
PLURAIS.
3.- Porque xuntos, as INICIATIVAS escoitaranse e
tomaranse en serio.
4.- Porque a ANPA debe traballar para ser PUNTO
INTEGRADOR do Centro Escolar.
5.- Porque pode levar propostas, queixas, etc. ao
Consello Escolar de nais e pais agrupados por INTERESES COMÚNS E NON
INDIVIDUAIS.
6.- Porque se os pais NON SOMOS ACTIVOS E PARTICIPATIVOS,
como explicamos aos nosos fill@s que deben ser persoas implicadas na sociedade.
7.- Porque gran parte das ACTIVIDADES que se levan a cabo
no centro para o DIVERTIDO COMÚN dos nen@s está organizada pola ANPA, a festa
do entroido, o magosto, festa de fin de curso e outras actividades que teñen
que ver coa formación e desenvolvemento dos nosos fill@s.
8.- Porque podedes gozar de todas as vantaxes e
beneficios que pode ter a asociación, subvención e gratuidade para as colonias
e outras actividades.
9.- E sobre todo, porque de maiores LEMBRARÁN como os
seus pais participaron na vida escolar e
copiarán o modelo co seus fill@s, disto estamos seguros.
10.-
…………………………………………………………………………………..…
ANIMÁDEVOS.....