Estimadas familias,
Contactamos de novo convosco para trasladarvos unha información importante relativa á nosa solicitude de cesión da xestión de comedor á Xunta de Galicia.
Esta mañá o Servizo de Comedores da Consellería de Educación contactou con esta ANPA para indicarnos que podían valorar asumir a xestión do comedor no CEIP Galán.
Para iso é preciso que a Asamblea Xeral de socios aprobe a cesión da xestión do comedor segundo as condicións que establece a Xunta de Galicia no documento que vos achegamos.
https://drive.google.com/file/d/11I8rlRCwxNanRZwiHa-Zi49Ij9z3NILu/view?usp=sharing
Pregamos que o leades atentamente antes da Asamblea que temos convocada para o vindeiro luns, 24 de agosto, para a que actualizamos a ORDE DO DÍA:
Dar conta da decisión adoptada pola Directiva relativa á non asunción da xestión dos servizos de conciliación (madrugadores e comedor) durante o próximo curso escolar 2020/2021.
Someter a aprobación da Asamblea a decisión de ceder a xestión do comedor á Consellería de Educación da Xunta de Galicia, conforme ás condicións establecidas no documento remitido polo Servizo de Comedores.
Informar sobre a aprobación do proxecto de actividades de promoción da igualdade pola Secretaría Xeral de Igualdade presentado de forma conxunta polas A.N.P.A. do CEIP Galán, IES Pastoriza, EI de Barrionovo e EI de Larín.
Rogos e preguntas
Aínda que esperamos que a Asamblea se poida celebrar de forma presencial, estamos valorando a súa realización telemática.
Un cordial saúdo,
A Directiva.
Ningún comentario:
Publicar un comentario