Con data 05.08 2020 lévase a cabo unha reunión celebrada coa Concelleira de Educación do Concello de Arteixo, Dna. Inés Ramos, tras solicitar dende a A.P.A Manuel Murguía que o Concello de Arteixo asumise o servizo de comedor e madrugadores, alternativa proposta pola Consellería de Educación
Como resultado da mesma vos informamos que o Concello non se fará cargo da xestión do servizo de comedor no CEIP Galán de Oseiro durante o curso 2020/2021. Ademáis, traládanos que a Xunta é quen debe asumir esta xestión e que o Concello non quere un agravio comparativo con respecto aos demais centros educativos de Arteixo.
Esta decisión non a temos formalizada por escrito pero será solicitada a Concelleira posto que consideramos que é necesario transmitir a información completa a todolos interesados. Polo de agora esta publicación, é a única maneira que temos de facelo público a todos vos.
Ante esta negativa, a A.P.A. MANUEL MURGUÍA, procederá a convocar á maior brevidade, Asamblea Xeral Extraordinaria de socios e socias para que se acorde sobre a xestión dos servizos de comedor e madrugadores durante o vindeiro curso escolar.
A Directiva propón para esta asamblea que se aprobe a decisión de que a A.P.A. non asuma a xestión dos servizos de comedor e madrugadores durante o curso 2020/2021.
Se logramos este acordo, procederemos a solicitar á Consellería de Educación (a través da Secretaría Xeral Técnica da Dirección Xeral de Recursos Educativos Complementarios) que se faga cargo da xestión do comedor durante o vindeiro curso.
No caso de non lograrse a aprobación do acordo, as persoas que integramos a Directiva presentaremos de forma inmediata renuncia aos nosos cargos.
Desde aquí facemos un chamamento a tódolos pais e nais de alumnos e alumnas do CEIP Galán de Oseiro: se existen persoas interesadas en coller as rendas da Directiva e desexan engadir a súa proposta ao orde do día desta Asamblea Xeral Extraordinaria, poden contactar coa Directiva.
Grazas a tod@s.
Ningún comentario:
Publicar un comentario