Estimadas familias:
Dende a directiva da A.N.P.A. Manuel Murguía convocamos ás familias para Asamblea Xeral Extraordinaria.
A asamblea terá lugar na explanada de estacionamento de autobuses do colexio C.E.I.P. de Galán o vindeiro 24 de agosto de 2020 ás 19:30 horas, en primeira convocatoria, e ás 20:00 horas en segunda convocatoria.
ORDE DO DÍA:
- Dar conta da decisión adoptada pola Directiva relativa á non asunción da xestión dos servizos de conciliación (madrugadores e comedor) durante o próximo curso escolar 2020/2021.
- Someter a aprobación da Asamblea a decisión do punto 1 co obxectivo de continuar coas xestións para o traspaso da xestión do comedor á Consellería de Educación da Xunta de Galicia.
- Informar sobre a aprobación do proxecto de actividades de promoción da igualdade pola Secretaría Xeral de Igualdade presentado de forma conxunta polas A.N.P.A. do CEIP Galán, IES Pastoriza, EI de Barrionovo e EI de Larín.
- Rogos e preguntas
Pregamos nos confirme, á maior brevidade, respondendo a este correo a súa dispoñibilidade para asistir á reunión, posto que debemos dar traslado á Policía Municipal do número estimado de asistentes.
Lembramos que é obrigatorio o mantemento da distancia interpersoal e o uso de mascarilla.
Un saúdo cordial.
A DIRECTIVA A.N.P.A. "MANUEL MURGUIA " CEIP DE GALAN
Ningún comentario:
Publicar un comentario