martes, 25 de agosto de 2020

Publicación da Consellería de Educación, Universidade e F.P

 http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/instrucions_do_30_de_xullo_2020.pdf

ADAPTACIÓN VINDEIRO CURSO

 PROTOCOLO DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO DA COVID 19 NOS CENTROS DE ENSINO NON UNIVERSITARIO DE GALICIA PARA O CURSO 2020-2021 (22-07-2020)

2.1. Cada centro educativo deberá contar cun equipo formado na COVID- 19 que será referencia para o resto do persoal, profesorado, alumnado e familias. O equipo estará formado pola persoa titular da dirección do centro, ou persoa na que delegue ou a substitúa, e dous membros do profesorado (nos centros de menos de seis unidades o equipo poderá constituírse cunha soa persoa). Corresponde á persoa titular da dirección do centro o nomeamento dos restantes membros. En cada centro educativo establecerase unha canle de comunicación cos membros da comunidade educativa.

10.4. Corresponde ao equipo COVID elaborar un “Plan de adaptación a situación COVID-19 no curso 2020/2021” de conformidade co modelo que se xunta como Anexo V a este protocolo no que se determinen ás concrecións das medidas para o centro educativo individualizado. O “Plan de adaptación a situación COVID-19 no curso 2020/2021” será comunicado ao persoal do centro, a todas as familias e ao alumnado, neste último caso a partir dos niveis de ensino obrigatorio.

ENCUESTA ANPAS GALEGAS

 Respondamos esta encuesta das Anpas Galegas sobre a volta o cole na situación de pandemia:

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSe6qN2vwHAkpsSHyTkS1KHtJJq-xHU1YfsjrD2zg1bRnTm4FQ/viewform

venres, 21 de agosto de 2020

IMPORTANTE: ASAMBLEA TELEMÁTICA

 Estimadas familias,

Seguindo as recomendacións do Departamento de Seguridade do Concello de Arteixo, comunicámosvos que a Asamblea se realizará de forma telemática, a través de Google Meet, dando comezo ás 20:00 horas do vindeiro luns 24 de agosto, conforme ao Orde do día xa indicado.

Recibiredes a invitación para acceder á reunión o vindeiro luns.

Un cordial saúdo,

A directiva.


mércores, 19 de agosto de 2020

IMPORTANTE: A Xunta valorará asumir a xestión do comedor no CEIP Galán

 Estimadas familias,

Contactamos de novo convosco para trasladarvos unha información importante relativa á nosa solicitude de cesión da xestión de comedor á Xunta de Galicia.

Esta mañá o Servizo de Comedores da Consellería de Educación contactou con esta ANPA para indicarnos que podían valorar asumir a xestión do comedor no CEIP Galán.

Para iso é preciso que a Asamblea Xeral de socios aprobe a cesión da xestión do comedor segundo as condicións que establece a Xunta de Galicia no documento que vos achegamos.

https://drive.google.com/file/d/11I8rlRCwxNanRZwiHa-Zi49Ij9z3NILu/view?usp=sharing

Pregamos que o leades atentamente antes da Asamblea que temos convocada para o vindeiro luns, 24 de agosto, para a que actualizamos a ORDE DO DÍA:

  1. Dar conta da decisión adoptada pola Directiva relativa á non asunción da xestión dos servizos de conciliación (madrugadores e comedor) durante o próximo curso escolar 2020/2021.

  2. Someter a aprobación da Asamblea a decisión de ceder a xestión do comedor á Consellería de Educación da Xunta de Galicia, conforme ás condicións establecidas no documento remitido polo Servizo de Comedores.

  3. Informar sobre a aprobación do proxecto de actividades de promoción da igualdade pola Secretaría Xeral de Igualdade presentado de forma conxunta polas A.N.P.A. do CEIP Galán, IES Pastoriza, EI de Barrionovo e EI de Larín.

  4. Rogos e preguntas

Aínda que esperamos que a Asamblea se poida celebrar de forma presencial, estamos valorando a súa realización telemática.

Un cordial saúdo,

A Directiva.

luns, 17 de agosto de 2020

IMPORTANTE: Convocatoria Asamblea Xeral Extraordinaria: 24/08/2020

Estimadas familias:

Dende a directiva da A.N.P.A. Manuel Murguía convocamos ás familias para Asamblea Xeral Extraordinaria.

A asamblea terá lugar na explanada de estacionamento de autobuses do colexio C.E.I.P. de Galán o vindeiro 24 de agosto de 2020 ás 19:30 horas, en primeira convocatoria, e ás 20:00 horas en segunda convocatoria.

 ORDE DO DÍA:

  1. Dar conta da decisión adoptada pola Directiva relativa á non asunción da xestión dos servizos de conciliación (madrugadores e comedor) durante o próximo curso escolar 2020/2021.
  2. Someter a aprobación da Asamblea a decisión do punto 1 co obxectivo de continuar coas xestións para o traspaso da xestión do comedor á Consellería de Educación da Xunta de Galicia.
  3. Informar sobre a aprobación do proxecto de actividades de promoción da igualdade pola Secretaría Xeral de Igualdade presentado de forma conxunta polas A.N.P.A. do CEIP Galán, IES Pastoriza, EI de Barrionovo e EI de Larín.
  4. Rogos e preguntas

 

Pregamos nos confirme, á maior brevidade, respondendo a este correo a súa dispoñibilidade para asistir á reunión, posto que debemos dar traslado á Policía Municipal do número estimado de asistentes.

Lembramos que é obrigatorio o mantemento da distancia interpersoal e o uso de mascarilla.

Un saúdo cordial.

 

A DIRECTIVA A.N.P.A. "MANUEL MURGUIA " CEIP DE GALAN


mércores, 5 de agosto de 2020

INFORMACION XESTION COMEDOR

Con data 05.08 2020 lévase a cabo unha reunión celebrada coa Concelleira de Educación do Concello de Arteixo, Dna. Inés Ramos, tras solicitar dende a A.P.A Manuel Murguía que o Concello de Arteixo asumise o servizo de comedor e madrugadores, alternativa proposta pola Consellería de Educación

Como resultado da mesma vos informamos que o Concello non se fará cargo da xestión do servizo de comedor no CEIP Galán de Oseiro durante o curso 2020/2021. Ademáis, traládanos que a Xunta é quen debe asumir esta xestión e que o Concello non quere un agravio comparativo con respecto aos demais centros educativos de Arteixo.

Esta decisión non a temos formalizada por escrito pero será solicitada a Concelleira posto que consideramos que é necesario transmitir a información completa a todolos interesados. Polo de agora esta publicación, é a única maneira que temos de facelo público a todos vos.

Ante esta negativa, a A.P.A. MANUEL MURGUÍA, procederá a convocar á maior brevidade, Asamblea Xeral Extraordinaria de socios e socias para que se acorde sobre a xestión dos servizos de comedor e madrugadores durante o vindeiro curso escolar.

A Directiva propón para esta asamblea que se aprobe a decisión de que a A.P.A. non asuma a xestión dos servizos de comedor e madrugadores durante o curso 2020/2021.

Se logramos este acordo, procederemos a solicitar á Consellería de Educación (a través da Secretaría Xeral Técnica da Dirección Xeral de Recursos Educativos Complementarios) que se faga cargo da xestión do comedor durante o vindeiro curso.

No caso de non lograrse a aprobación do acordo, as persoas que integramos a Directiva presentaremos de forma inmediata renuncia aos nosos cargos.

Desde aquí facemos un chamamento a tódolos pais e nais de alumnos e alumnas do CEIP Galán de Oseiro: se existen persoas interesadas en coller as rendas da Directiva e desexan engadir a súa proposta ao orde do día desta Asamblea Xeral Extraordinaria, poden contactar coa Directiva.

Grazas a tod@s.

luns, 3 de agosto de 2020

NOVEDADES

Sobre á solicitude de reunión coa corporacion municipal do día 29 de xullo:
Convocada Reunión o vindeiro mércores 05/08 ás 13:30 coa concelleira de Educación Inés Ramos, según indica, nos recibe ela en nome da Corporación Municipal.
En canto teñamos a reunión xa vos damos máis novas.
No obstante, se algún de vos, coma pais/nais afectados queredes asistir, seredes benvidos PREVIA CONFIRMACION DOS ASISTENTES no mail da asociación para dar aviso e poidan preparar o lugar do encontro cas medidas sanitarias correctas.
Un saudo.