mércores, 21 de marzo de 2018

Cambio no menú de comedor día 21-03-2018

Estimad@s nais e pais;
Jardanai, a empresa encargada do catering notificanos un cambio no menú para os nenos con algún tipo de dieta que vos reproducimos a continuación:

"Debido a un problema técnico en nuestra cocinas, para el día de mañana el menú de los niños con algún tipo de dieta por alergia/intolerancia se verá modificado. En consecuencia este no coincidirá con el que tienen los padres impreso.
Esperamos resolver esta incidencia a lo mayor brevedad.
Disculpen la molestias."

martes, 20 de marzo de 2018

Recital de poesía venres 23 de marzo 2018


O vindeiro venres 23 de marzo ás 20:30 h, terá lugar o Recital de Poesía no auditorio do Centro Cívico Cultural de Arteixo.

Organizado e presentado por Alfredo Ferreiro, as/os autoras/es Estíbaliz Espinosa, Pablo Bouza Suárez, Rosalía Rodríguez Pombo, Tiago Alves Costa e Alfredo Ferreiro Salgueiro recitarán textos poéticos propios xunto a unha representación de xoves poetas do IES Manuel Murguía de Arteixo: Andrés González, David Sánchez, Hugo Herrador, Lara Boedo e Sergio Terceiro.

Contaremos tamén coa música de xoves arteixáns: Mario Dans (guitarra), Mateo Castro (trompeta) e Natalia Ramos (violín).

A obra irá dirixida a todos os públicos, sen custo de entrada e con invitación a recoller 1 hora antes do inicio do espectáculo até completar a capacidade da sala.

Ubicación: Centro Cívico Cultural de Arteixo
Data: venres 23 de marzo de 2018
Hora: 20:30h

venres, 16 de marzo de 2018

Campamento de Semana Santa - FanSquare


Estimad@s pais e nais,

Facémosvos chegar esta circular con información que consideramos pode ser do voso interese.
A ANPA Manuel Murguía acordou coa empresa Fan Square unha serie de vantaxes para aqueles nen@s que acudan ao seu campamento de Semana Santa.

Por cada día que acudan ao seu campamento terán unha hora gratis no seu parque de xogos para gozar calquera outro día.Para acceder a esta promoción será preciso presentar o carnet de socio da anpa no momento de facer a matrícula.

  • Inscripción e información en info@fansquare.com ou 981 91 79 69.
  • Diptico pdf

mércores, 14 de marzo de 2018

Feira Matemática - XII Edición. 7 de abril 2018

O próximo sábado 7 de abril celebrase en A Coruña a Feira anual de matemática na sús XII edición por parte da Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA). O obxetivo é que as matemáticas cheguen de forma máis natural e divertida aos nen@s.
Dende a ANPA Manuel Murguía animamosvos a participar e acudir a divertirvos en familia nesta orixinal iniciativa:

Data: sábado 7 de abril
Horario: 11 h ata as 19 h.
Lugar: Hall de Proa - PALEXCO (A Coruña)

Non precisa inscripción previa

Máis información na web de AGAPEMA - Feira Matemática 2018

mércores, 7 de marzo de 2018

Curso para nais e pais "Atención a urxencias sanitarias para familias"

A través do centro de formación e recursos estase a promover un curso orientado a nais e pais que ainda non ten data fixa, pero está previsto que sexa entre o 9 e o 20 de abril en tres sesións de tres horas cada unha en horario de 17:30h a 20:30h.
Data límite para inscripcións 15 de marzo.

A formación será impartida por membros do 061 e terá dous obxectivos básicos:

  • Coñecer e dominar as técnicas de primeiros auxilios e atención a urxencias sanitarias definidas no protocolo da consellería
  • Ser quen de actuar de xeito eficiente e seguro en caso de incidencias urxentes que afecten a saúde da Comunidade Educativa.

As persoas interesadas poden solicitar información e praza a través do email cfr.coruna.linguisticosocial2@edu.xenta.es indicando: Nome e apelidos, teléfono, email e nome do centro educativo.

Xornadas do Día Internacional da Muller organizadas polo Centro de Información as Mulleres


Estimad@s nais e pais, dende o concello achegannos información das xornadas previstas para o día 8 de marzo con motivo do Día Internacional da Muller organizadas polo CIM (Centro de Información as Mulleres).
Durante estas xornadas están previstas as seguintes actividades:
 17:00 a 18:00 Teatro “1879. Casa de bonecas” 
18:15 a 19:30 Mesa Redonda
“Por min mesma. Nora Helmer, unha muller pioneira” Iria Ares Campos Directora, actriz e profesora especializada en técnica de actuación ante cámara. “Sesgo de xénero na atención sanitaria” Rosendo Bugarín González Doutor en Medicina e cirurxía, Máster en bioética pola USC. “Pioneiras do deporte en Galicia” Cristina López Villar Doutora en CC da Actividade Física e o Deporte, docente na UDC. Modera: Sandra Barbeito Pan, Psicóloga e directora do CIM de Arteixo.
 19:30 a 20:00 “Muller de Arteixo 2018”
Recoñecemento a Maribel Otero Iglesias como a primeira muller arteixá campiona de España en hóckey sala (1968-1970). Proxección do vídeo elaborado polo alumnado de 2oE de Primaria, CEIP Ponte dos Brozos, da mestra Sonia Iglesias Rega.

 Data e lugar Xoves, 8 de marzo de 2018 Auditorio do Centro Cívico Cultural de Arteixo Paseo Fluvial s/n – Arteixo

Adxuntamos documentación e folla de inscripción para @s interesados

Información e inscripcións
Cartel e actividades marzal - abril