martes, 14 de xullo de 2020

Axudas comedor para o curso 2020/2021

AXUDAS AO ESTUDO PARA FAMILIAS CON DESCENDENTES ESCOLARIZADOS NOS NIVEIS OBRIGATORIO OU NON OBRIGATORIO EN CENTROS SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS CONVOCADAS POLA CONCELLARÍA DE IGUALDADE, SERVIZOS SOCIAIS, SANIDADE  E EDUCACIÓN
CURSO 2020/2021
Establécense distintos prazos de presentación de solicitudes para :
  • Liña 1 (axudas para comedor escolar): 20 días naturais contados desde o día seguinte á publicación da convocatoria no BOP.

  • Liña 2 (axudas para adquisición de libros e material didáctico): do 1 ao 20 de outubro de 2020.

  • Liña 3 (axudas á mobilidade para estudantes): prazo de UN MES que corresponderá co mes natural de outubro de 2020.

LIÑA 1 - AXUDAS PARA COMEDOR ESCOLAR: Procédese á apertura de prazo para presentación de solicitudes para curso 2020/2021
  • Prazo de solicitude: 20 días naturais desde o seguinte á publicación no BOP (de 14 de xullo ata do 2 de agosto 2020). Ao coincidir o último día do prazo en domingo a data de remate será o dia 3 de agosto ás 14:00 horas.
  • Documentación a aportar: modelo normalizado que se pode obter na páxina web do Concello (www.arteixo.org) no que se concede autorización para que o Concello obteña os datos e documentación doutras administracións.

Só se deberá achegar documentación nas seguintes situacións familiares:
  • Para acreditar horario de conciliación familiar: certificación da empresa onde se especifique dito horario.
  • Copia de sentenzas e convenios reguladores cando proceda.
  • Fotocopia da comunicación de concesión de prestación de desemprego si é o caso.
Aconséllase consultar as bases reguladoras para toda a información necesaria.
PROCEDEMENTO DE SOLICITUDE:
  • Na sede electrónica (www.arteixo.org)
  • Presencial:
    • No departamento de Educación en horario de 9:00 a 13:45 h. Terán preferencia na atención as persoas que soliciten cita previa. Atenderase sen cita previa por orde de chegada dependendo da dispoñibilidade entre as citas previas.
Para solicitar cita previa:
  • Correo electrónico: educacion@arteixo.org indicando teléfono de contacto, nome e apelidos, DNI da persoa que acudirá á cita.
  • Teléfono: 981659144 (facilitando os mesmos datos)
No caso de desexar dispoñer de cita nun horario/data concreta pode facelo constar no momento de solicitala por calquera dos medios.
    • Noutros rexistros municipais según sistema establecido en cada un.
IMPORTANTE: será obrigatorio o uso de mascarilla e aplicación de medidas de protección.

venres, 10 de xullo de 2020

RECORDATORIO PUBLICACIÓN LISTAXES FONDO E VALES DE LIBROS E MATERIAL

O día 10 de xullo publícanse as listaxes provisionais do fondo e vales  de libros e material a  partir das 11.00h da mañá no taboleiro interior do centro.
Teñen dous días de prazo para posibles reclamacións, os días 13 e 14 de xullo.
O día 15 de xullo publicaranse as listaxes definitivas.
Poderán consultar as listaxes ata o venres día 17 de xullo.
Importante:
As persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica aos seu expediente, a través da aplicación Fondolibros, empregando a Chave 365 ou o certificado dixitasl da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre.

xoves, 9 de xullo de 2020

NECESITÁMOSVOS, necesítannos, necesítasnos ...


Como xa sabes, a ANPA (Asociación de Nais e Pais de Alumnos) é o mellor e máis eficiente organismo para representar ás familias dunha escola e para participar activamente no seu modelo educativo e de xestión. É o xeito que temos para tomar decisións sobre o que queremos que sexa a educación dos nosos fill@s e que sexan vinculantes.

Grazas á ANPA, na escola temos actividades lúdicas, servizo de madrugadores e comedor, actividades de lecer, horta e moito máis. E tamén, e sobre todo, dende á ANPA hai nais e pais que traballan activamente e están comprometidos coa educación. Xuntos debemos construíla. É un esforzo, como todas as responsabilidades.

Sabemos que podemos construír unha escola marabillosa precisamente polas dimensións da nosa pequena escola familiar, accesible, manexable, asequible. Utilicemos ese potencial. Hai moitas formas de participación e non todas deben ser presenciais ou constantes. Participa, porque un pouquiño de cada un será moito para todos.

Tamén necesitamos a túa forza coa túa asistencia ás reunións da ANPA e as túas opinións e votos para levar a cabo novas iniciativas na escola. Son a base para facer propostas de acción á Dirección do Centro. Unha suxestión illada para a Xerencia non reverte o mesmo efecto que o que vén co apoio de todos.

A ANPA somos todos, calquera acción dos socios invólvese en toda a escola. Por iso, e solidariamente con todos, temos que traballar xuntos polo ben dos nosos fill@s.

ANIMÁDEVOS.....



FORMULARIO INSCRICION

mércores, 1 de xullo de 2020

CAMPAMENTO DE VERÁN: AVENTURA NA NATUREZA

Trátase dun campamento organizado por dúas cooperativas galegas no Centro de Educación Ambiental e Albergue Equal durante o mes de agosto. A idea que subxace a esta experiencia intercooperativa é a de educar en valores á mocidade a través do contacto coa natureza no marco da educación non formal.


Os datos da actividade son os seguintes:

CAMPAMENTO DE VERÁN: AVENTURA NA NATUREZA

Datas e lugar
Do domingo 9 ao sábado 15 de agosto, no Centro Equal, albergue xuvenil e centro de interpretación medioambiental. O albergue está no concello de Coles, provincia de Ourense.

Horario
A actividade comezará o domingo ás 17:00 da tarde e rematará o sábado tamén ás 17:00.

Manutención e pernocta
Está incluído no prezo o almorzo, o xantar, a merenda e a cea. A primeira comida incluída é a cea do domingo, día 9, e, a última, o xantar do sábado 15. A pernocta para os rapaces pequenos terá lugar en albergue e, para os maiores, en tenda de campaña.

Prezo
350 € por participante. 

Inscricións e prazas
O límite de inscrición é o domingo, 26 de xullo. 

Participantes
Rapaces e rapazas de entre 9 e 14 anos. Durante o campamento, dividiremos á rapazada en dous grupos por idade para moitas das actividades, aínda que algunhas serán conxuntas.

Seguridade e hixiene
Seguiremos as normativas e recomendacións de seguridade e hixiene marcadas polas autoridades competentes.

Actividades
  • Actividades de aventura, como kaiak en río, construción de vivacs, piscina e orientación con compás.
  • Ximcanas, xogos de auga, deportes alternativos, grandes xogos ambientados e veladas únicas!
  • Rutas e andainas, en constante contacto coa natureza.
  • Obradoiros de autoestima, autocoñecemento, igualdade e confianza, que aporten valores e fomenten un clima xeral de convivencia.

Máis información e inscricións
Na web https://aventeira.com/aventura-de-veran/. Nos teléfonos 722 349 493 e 722 349 497 ou no correo electrónico: aventeira@aventeira.com.

Agradecemos moito a difusión da actividade.

Unha aperta grande,



INFORMACIÓN DO FONDO SOLIDARIO E AXUDAS LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

FONDO SOLIDARIO EN 3º e 4º
- Publicación de listaxes provisionais: 10 de xullo
Reclamacións ás listaxes provisionais: 2 días seguintes á publicación
- Publicación de listaxes definitivas: 15 de xullo
 ENTREGA DE VALES: de 10.00 a 13.00 horas
   5º e  6º: 1 de setembro
   1º e  2º: 2 de setembro
   3º e  4º: 3 de setembro
AXUDAS DE LIBROS:
Importes 210€ e 140€, segundo a renta per cápita.
Axudas de material escolar: 50€
Emenda de erros detectados nos vales: 10 días desde que se recibe o vale
ENTREGA DOS LIBROS DE 3º e 4º ÁS FAMILIAS:
3  de setembro de 10.00 a 13.00 horas

PUBLICACIÓN DE ACTOS DO FONDO SOLIDARIO E AXUDAS DE LIBROS E MATERIAL

Aviso importante:
De conformidade co establecido no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, reguladora do procedemento administrativo común das administracións públicas, daráselle publicidade da listaxe provisional e definitiva de persoas beneficiarias de libros de texto e fondo solidario; da listaxe provisional e definitiva de solicitudes excluídas, con indicación e causa de exclusión; e da relación provisional e definitiva de solicitudes para adquirir libros de texto e material escolar en que se detecten deficiencias, con indicación da deficiencia detectada ou da documentación de que carezan.
Estes actos publicaranse única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado non interior do edificio escolar.
Así mesmo, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica aos seu expediente, a través da aplicación Fondolibros, empregando a Chave 365 ou o certificado dixitasl da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre.

xoves, 25 de xuño de 2020

ENTREGA DE HISTORIAIS ACADÉMICOS ÁS FAMILIAS DE 6º

ENTREGA: días 6 e 7 de xullo
NO HORARIO: 9.00 a 10.00/ 13.00 a 14.00 horas
As familias do alumnado de 6º deberán acudir ao centro persoalmente os días 6
e 7 de xullo para retirar o historial académico e asinar o recibín correspondente.
No caso de imposibilidade poden autorizar a outra persoa á recollida mediante
unha autorización escrita especificando DNI da persoa adulta que o recolle.

luns, 22 de xuño de 2020

MATRÍCULA CURSO 2020-2021 PARA NOVO ALUMNADO

PRAZO: 1 ao 10 de xullo.
HORARIO: 10.00 a 13.00 horas, con previa cita.(Tel.881880903)
DOCUMENTACIÓN:
- Anexo III.
- Enquisa sobre a lingua materna ( 4º E.Infantil)
- Autorización de imaxe.
- Solicitude de transporte, de ser o caso.
- Certificado de empadroamento da unidade familiar expedido polo Concello.
 (Importante, miren a  páxina web do Concello para saber como solicitalo )
Documentación complementaria:
- 5 fotos tamaño carné co nome e apelidos por detrás.
- Fotocopia folla de vacinas.
- Fotocopia da Tarxeta Sanitaria.
Notas:
1.  Teñen que traer os documentos necesarios coas
fotocopias feitas. Cumprimentarán a documentación en ventanilla.


Moitas grazas pola colaboración.

venres, 19 de xuño de 2020

III CAMPUS VERÁN SCD PASTORIZA


ANPA CEIP GALAN


O curso rematou, sen dúbida non o fai coma sempre. Non vemos bailes,non oimos risas,non oimos griterío, non sentimos a emoción que nos trasmiten as suas cariñas con cada despedida.

Pero sentimos a ilusión por volver en pouco tempo e por suposto con orgullo polo esforzo que fixeron estando na casa na situación tan dificil e ata inverosímil por momentos que lles tocou vivir.

Cada neno e cada nena levan nas suas mochilas da vida unha vivencia da que deberán sacar nada mais que o positivo. Non é tarefa doada pero eles poderán facelo, xa demostraron durante o confinamento que podían aturar toda a situación incluso mellor ca nos.


Dende a Directiva da Anpa esperamos que pasedes todos un bo veranciño🏖🏖, inda que tamén será moi diferente os anteriores pero xuntos podemos🌈🌈

Coidadevos moito, disfrutade e sobre todo, que non decaigan os ánimos. 💪💪

Vemonos pronto familias!!!♥️♥️

VÍDEO DE DESPEDIDA DE FIN DE CURSO

Prezadas familias,
Deixámosvos un vídeo para despedir o curso. Agardamos que vos guste.
Bo verán e felices vacacións!
O Equipo Educativo do CEIP de Galán