luns, 26 de decembro de 2022

Cabalgatas de Reis Magos 2023


 OS REIS MAGOS VOLTAN A ARTEIXO

Os Reis Magos voltan a Arteixo do 2 ao 5 de xaneiro de 2023!

Este ano retoman as suas visitas ás parroquias do noso Concello os días 2, 3 e 4 de xaneiro.

Tamén farán o tradicional percorrido polas rúas do núcleo urbano de Arteixo o día 5, e recibirán aos nenos e nenas no Pazo dos Deportes ao remate da cabalgata.

O percorrido do día 5 darémolo a coñecer nos vindeiros días.

Se queres falar cun dos Reis o día 5 no Pazo dos Deportes, o día 2 de xaneiro abriremos un formulario para que poidas pedir a túa cita.

Escolle a hora que prefiras entre as dispoñibles no despregable. En cada cita podedes acudir un mínimo de 2 persoas (1 adulto/a e 1 cativo/a) e un máximo de 5 persoas entre grandes e pequenos/as (máximo 2 adultos/as e 3 cativos/as).

Se queres participar como figurante na Cabalgata do día 5, podes inscribirte no seguinte formulario, do 19 ao 26 de decembro.

Enlace á web: https://citaconadal.gal/

COMUNICADO VALES SORTEO DE NADAL

 


RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA ESTAS FESTAS

 

ttps://bibliogalan.blogspot.com/ en BIBLIOGALÁN

 

Na ligazón da Biblio tedes recomendacións de lecturas para estas festas.

PUBLÍCANSE OS COMERCIOS DAS POSTAIS SOLIDARIAS

 No adxunto podedes ver os comercios onde están as postais do alumnado de Galán.

Postais por Aula e Comercios 2023

PUBLICACIÓN, ACTIVOS POR LA INCLUSIÓN. LA TRIBUNA DE GUADALAJARA ( páginas 10-11 )



 

NFORMACIÓN Á COMUNIDADE EDUCATIVA. AGRUPACIÓN DE CENTROS

 AGRUPACIÓN DE CENTROS: ACTIVOS POR LA INCLUSIÓN

1.       Descrición do proxecto

O proxecto de activos pola inclusión, como o seu nome di, consiste en traballar de maneira activa todos os aspectos posibles de cara a unha inclusión efectiva, real e eficaz.

Agrupámonos catro centros de España para desenvolver o proxecto de maneira común e coordinada:

CEIP ISIDRO ALMAZÁN de Guadalajara ( centro coordinador)

CEIP EDUARDO LUCENA de  Córdoba

CEIP LOS VALLES de  Laguna de Duero ( Valladolid)

CEIP de GALÁN de Arteixo ( A Coruña)

A inclusión potenciarase coa aprendizaxe e a relación con outros centros educativos agrupados para o mesmo fin. Pretendemos unha formación integral do alumnado, baseándonos na información e formación. O desenvolvemento do proxecto é ao longo de dous cursos

2.      Proxectos na web.

Os proxectos están expostos na web do centro e publicarase todo o relacionado co seu desenvolvemento.

3.      Actividades

Realizáronse diferentes actividades neste primeiro trimestre.

Dende o mes de outubro, o profesorado de distintos niveis estivo traballando co seu alumnado actividades que estaban programadas para o primeiro trimestre e outras que foron xurdindo de aportacións do profesorado e doutros estamentos públicos que se están sumando a participar.

· Sensibilización coa deficiencia visual

Traballouse de maneira prioritaria en cuarto de educación primaria.

Mural feito polo alumnado no que aparece o alfabeto braille no seu corredor.

Xornadas de sensibilización táctil.

Aprenderon a poñer o nome en braille. Primeiros, segundos e cuartos.

· Canción tradicional adaptada

O alumnado de terceiro traballará una canción tradicional cun xogo e co uso da lingua de signos.

· Sensibilización coa deficiencia auditiva

Contamos coa visita dun mestre con implante coclear, o venres día 18 de novembro que veu dar unha charla a todo o alumnado de primaria, explicando o que é un implante coclear e a súa experiencia.

· Inclusión de alumnado con dano cerebral

O 26 de outubro recibimos a dúas traballadoras da Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) que nos trouxeron unha historia na que Mireia, dos Bolechas, conta as principais características do dano cerebral adquirido.

     · Bo día

Dende a megafonía do centro estívose escoitando a música do saúdo en diferentes idiomas. Todo o alumnado do colexio aprendeu a signar o bo día.

· Club de lectura do profesorado

O profesorado participante levará a cabo a lectura de Fun Home de Alison Bechdel, unha novela que conta as memorias dunha familia americana, lectura directamente relacionada coa diversidade afectivo - sexual.

       . Club de lectura do alumnado

Tamén se puxeron en marcha dous clubs de lectura entre o alumnado de sexto, con libros relacionados coa inclusión.

4.     Actividades previstas proximamente

·  Encontros cursos 2022-2023 e 2023-2024

Encontros de distintos centros participantes ao longo dos dous cursos para intercambio de experiencias e formación.

·Desprazamento de alumnado

O alumnado de 6º de primaria ( actualmente en 5º) visitará o CEIP Eduardo Lucena de Córdoba en xuño de 2024 para coñecer e visitar o centro educativo, coñecer os alumnos e as alumnas cos que estiveron intercambiando experiencias no transcurso do proxecto, á vez que visitan e coñecen a contorna cultural. Irán acompañados de profesorado do centro.

O alumnado do CEIP Los Valles de Laguna de Duero de Valladolid visitará o noso centro en abril de 2024. Durante a súa visita realizarán distintas actividades: convivencias co noso alumnado, visita guiada do centro educativo, talleres, mostra de actuacións, visita por Arteixo e a lugares de interese da Coruña.

·  Formación intercentros para o profesorado

1. Descansos activos en xaneiro, desde Guadalajara. A maiores nos proporcionarán a posibilidade de formación en “Escuelas visuales”

2. Patios inclusivos, desde Córdoba.

3. Dificultades auditivas en marzo, desde Oseiro-Arteixo.

4   Inclusión coas tics, desde Laguna de Duero.

5.      Dúbidas

Para calquera dúbida, suxerencia ou aportación que teñades, podedes poñervos en contacto a través do correo: agrupacioncentros.ceipgalan@edu.xunta.gal

 

Oseiro, 16 de decembro de 2022

O equipo directivo

PLAN XERAL DE ATENCIÓN A DIVERSIDADE


 PLAN XERAL DE ATENCIÓN A DIVERSIDADE

mércores, 14 de decembro de 2022

COMUNICADO ÁS FAMILIAS

Prezadas familias: 

Desde a ANPA Manuel Murguía do CEIP Galán pasamos a informarvos da composición da nova xunta directiva saída da Asamblea Xeral: 

Presidenta: Paula Mª Corral Zas. 

Vicepresidente: Raimundo Neira Martinez.

Secretaria: Maria Recarey Gómez 

Tesoureira: Adriana Torres Fructuoso.

Vogal: Patricia Barbeito Rodríguez Vogal: María del Mar Rey Martínez Vogal: Diego Álvarez Penedo. 

A ANPA representa a todas as familias do CEIP GALÁN e pode canalizar as demandas das familias cara o centro educativo, instancias de control educativo e institucións públicas. 

Tomar parte na ANPA é amosarlle @s nos@s fill@s que nos importa a súa educación e o que lles aconteza dentro dun espazo no que pasan tantas horas á semana é necesario. Por iso solicitamos a vosa colaboración.

Hai moitas formas de colaboración e non todas deben ser presenciais ou constantes. 

Unha delas é facerse socias da ANPA. A Cuota Anual son 20 euros. 

Isto conleva vantaxes coma participación e dereito a voto nas asambleas de familias socias, descontos en locais do CCA Arteixo adheridos, acceso a sorteos, festas e actividades organizadas pola ANPA, … 

Cantas máis familias sexamos máis logros imos obter para @s nos@s nen@s do CEIP GALÁN. 

Aproveitando estas datas tan sinaladas de Nadal informámosvos que imos sortear 4 vales do comercio local entre todas as familias que sexan socias con data límite 20 de decembro do 2022. 

A ANPA somos tod@s. Por iso, e solidariamente, temos que traballar xuntos polo ben d@s nos@s fill@s.

Estimadas familias: 

Desde el ANPA Manuel Murguía del CEIP Galán pasamos a informaros de la composición de la nueva junta directiva salida de la Asamblea General: 

Presidenta: Paula Mª Corral Zas. 

Vicepresidente: Raimundo Neira Martinez. 

Secretaria: María Recarey Gómez 

Tesorera: Adriana Torres Fructuoso. 

Vocal: Patricia Barbeito Rodríguez Vocal: María del Mar Rey Martínez Vocal: Diego Álvarez Penedo. 

El ANPA representa a todas las familias del CEIP GALÁN y puede canalizar las demandas de las familias hacia el centro educativo, instancias de control educativo e instituciones públicas. 

Tomar parte en el ANPA y mostrarles a nuestr@s hij@s que nos importa su educación y lo que les suceda dentro de un espacio en el que pasan tantas horas a la semana es necesario. Por eso solicitamos vuestra colaboración.

Hay muchas formas de colaboración y no todas deben de ser presenciales o constantes.

Una de ellas es hacerse socias del ANPA. La Cuota Anual son 20 euros. 

Esto conlleva ventajas como la participación y derecho a voto en las asambleas de familias socias, descuentos en locales del CCA Arteixo adheridos, acceso a sorteos, fiestas y actividades organizadas por el ANPA, …

Cuantas más familias seamos más logros vamos a obtener para nuestr@s niñ@s del CEIP GALÁN. 

Aprovechando estas fechas tan señaladas de Navidad os informamos que vamos a sortear 4 vales del comercio local entre todas las familias que sean socias con fecha límite 20 de diciembre del 2022. 

El ANPA somos tod@s. Por eso, y solidariamente, tenemos que trabajar juntos por el bien de nuestr@s hij@s.

VALES PARA O SORTEO NA FESTA DE NADAL


 Dende a Anpa queremos agradecer enormemente a colaboración dos distintos comercios.

MOITAS GRAZAS¡¡¡¡¡¡¡

venres, 2 de decembro de 2022

LOTERIA DA ANPA


Buenos días, os informamos de los locales comerciales colaboradores en donde adquirir participaciones de loteria del "ANPA Manuel Murguía CEIP Galán" . También podéis contactar con algún miembro de la directiva.

*Bar A Terraza (Oseiro) 

*Hostal Galicia (Oseiro) 

*Café-bar RiverFran Urbanización Sol y Mar (Oseiro) 

*Bar A Viña (Rañobre) 

*Librería Pili (Pastoriza)

*Casa Xuntanza (Pastoriza) 

*Tenda A Roxa (Pastoriza) 

*Comestibles A Monda (Pastoriza) 

*Bar Seve (Villarrodris) 

*Restaurante Vagonetas (Uxes) 

*Bar Morás (Morás)


Agradecemos desde el ANPA la colaboración de estos locales.

Un saludo.


Celebramos o Día Internacional das Persoas con Discapacidade con Silvia Penide

Co gallo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade que se celebra o 3 de decembro e dentro do Proxecto Anual de Centro, recibimos na nosa escola e na nosa BiblioGalán a visita da cantautora e escritora Silvia Penide, na que presentou ao alumnado de primeiro e segundo de Educación Primaria o seu marabilloso libro Diferentes diferenzas.

Toda a información no noso blog  BIBLIOGALÁN

PARTICIPA NO ALMANAQUE INCLUSIVO 2023

 Participa na elaboración do almanaque inclusivo 2023