luns, 26 de decembro de 2022

NFORMACIÓN Á COMUNIDADE EDUCATIVA. AGRUPACIÓN DE CENTROS

 AGRUPACIÓN DE CENTROS: ACTIVOS POR LA INCLUSIÓN

1.       Descrición do proxecto

O proxecto de activos pola inclusión, como o seu nome di, consiste en traballar de maneira activa todos os aspectos posibles de cara a unha inclusión efectiva, real e eficaz.

Agrupámonos catro centros de España para desenvolver o proxecto de maneira común e coordinada:

CEIP ISIDRO ALMAZÁN de Guadalajara ( centro coordinador)

CEIP EDUARDO LUCENA de  Córdoba

CEIP LOS VALLES de  Laguna de Duero ( Valladolid)

CEIP de GALÁN de Arteixo ( A Coruña)

A inclusión potenciarase coa aprendizaxe e a relación con outros centros educativos agrupados para o mesmo fin. Pretendemos unha formación integral do alumnado, baseándonos na información e formación. O desenvolvemento do proxecto é ao longo de dous cursos

2.      Proxectos na web.

Os proxectos están expostos na web do centro e publicarase todo o relacionado co seu desenvolvemento.

3.      Actividades

Realizáronse diferentes actividades neste primeiro trimestre.

Dende o mes de outubro, o profesorado de distintos niveis estivo traballando co seu alumnado actividades que estaban programadas para o primeiro trimestre e outras que foron xurdindo de aportacións do profesorado e doutros estamentos públicos que se están sumando a participar.

· Sensibilización coa deficiencia visual

Traballouse de maneira prioritaria en cuarto de educación primaria.

Mural feito polo alumnado no que aparece o alfabeto braille no seu corredor.

Xornadas de sensibilización táctil.

Aprenderon a poñer o nome en braille. Primeiros, segundos e cuartos.

· Canción tradicional adaptada

O alumnado de terceiro traballará una canción tradicional cun xogo e co uso da lingua de signos.

· Sensibilización coa deficiencia auditiva

Contamos coa visita dun mestre con implante coclear, o venres día 18 de novembro que veu dar unha charla a todo o alumnado de primaria, explicando o que é un implante coclear e a súa experiencia.

· Inclusión de alumnado con dano cerebral

O 26 de outubro recibimos a dúas traballadoras da Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) que nos trouxeron unha historia na que Mireia, dos Bolechas, conta as principais características do dano cerebral adquirido.

     · Bo día

Dende a megafonía do centro estívose escoitando a música do saúdo en diferentes idiomas. Todo o alumnado do colexio aprendeu a signar o bo día.

· Club de lectura do profesorado

O profesorado participante levará a cabo a lectura de Fun Home de Alison Bechdel, unha novela que conta as memorias dunha familia americana, lectura directamente relacionada coa diversidade afectivo - sexual.

       . Club de lectura do alumnado

Tamén se puxeron en marcha dous clubs de lectura entre o alumnado de sexto, con libros relacionados coa inclusión.

4.     Actividades previstas proximamente

·  Encontros cursos 2022-2023 e 2023-2024

Encontros de distintos centros participantes ao longo dos dous cursos para intercambio de experiencias e formación.

·Desprazamento de alumnado

O alumnado de 6º de primaria ( actualmente en 5º) visitará o CEIP Eduardo Lucena de Córdoba en xuño de 2024 para coñecer e visitar o centro educativo, coñecer os alumnos e as alumnas cos que estiveron intercambiando experiencias no transcurso do proxecto, á vez que visitan e coñecen a contorna cultural. Irán acompañados de profesorado do centro.

O alumnado do CEIP Los Valles de Laguna de Duero de Valladolid visitará o noso centro en abril de 2024. Durante a súa visita realizarán distintas actividades: convivencias co noso alumnado, visita guiada do centro educativo, talleres, mostra de actuacións, visita por Arteixo e a lugares de interese da Coruña.

·  Formación intercentros para o profesorado

1. Descansos activos en xaneiro, desde Guadalajara. A maiores nos proporcionarán a posibilidade de formación en “Escuelas visuales”

2. Patios inclusivos, desde Córdoba.

3. Dificultades auditivas en marzo, desde Oseiro-Arteixo.

4   Inclusión coas tics, desde Laguna de Duero.

5.      Dúbidas

Para calquera dúbida, suxerencia ou aportación que teñades, podedes poñervos en contacto a través do correo: agrupacioncentros.ceipgalan@edu.xunta.gal

 

Oseiro, 16 de decembro de 2022

O equipo directivo

Ningún comentario:

Publicar un comentario