luns, 26 de decembro de 2022

Cabalgatas de Reis Magos 2023


 OS REIS MAGOS VOLTAN A ARTEIXO

Os Reis Magos voltan a Arteixo do 2 ao 5 de xaneiro de 2023!

Este ano retoman as suas visitas ás parroquias do noso Concello os días 2, 3 e 4 de xaneiro.

Tamén farán o tradicional percorrido polas rúas do núcleo urbano de Arteixo o día 5, e recibirán aos nenos e nenas no Pazo dos Deportes ao remate da cabalgata.

O percorrido do día 5 darémolo a coñecer nos vindeiros días.

Se queres falar cun dos Reis o día 5 no Pazo dos Deportes, o día 2 de xaneiro abriremos un formulario para que poidas pedir a túa cita.

Escolle a hora que prefiras entre as dispoñibles no despregable. En cada cita podedes acudir un mínimo de 2 persoas (1 adulto/a e 1 cativo/a) e un máximo de 5 persoas entre grandes e pequenos/as (máximo 2 adultos/as e 3 cativos/as).

Se queres participar como figurante na Cabalgata do día 5, podes inscribirte no seguinte formulario, do 19 ao 26 de decembro.

Enlace á web: https://citaconadal.gal/

Ningún comentario:

Publicar un comentario