ACTUALIZACIÓN RUTAS: 14/09/2022
1. A ruta 1 ten adxudicadas as mesmas paradas do curso pasado. Comezo:Uxes 2.
2. A parada de Rañobre pasou a ruta 2.
3. A empresa Pombo é quen fará a entrada da ruta 3. A saída fáraa ALSA.
4. A ruta 7 ten as paradas por esta orde: Gasolineira Bidueiro, Fronte a Opel, O Moucho, Quinto Pino e Cervecería Sampaio. Empresa Vázquez. Comezo da ruta na Gasolineira Bidueiro según a información facilitada pola empresa.
5. As paradas Oseiro Igrexa, Travesía de Oseiro e Oseiro de Arriba pasan a unha nova ruta. Ruta 8. Empresa Vázquez.
6. Autocares Rico e Autocares Serén fan a ruta 6 entrada e saída respectivamente.
7. Hai persoal coidador en todas as rutas e dispoñen dun identificativo da ruta.
8. Os autobuses dispoñen de carteis na parte traseira co número de bus, carteis facilitados polo centro ao persoal das empresas para a súa ubicación no autobús.
9. Os autobuses están colocados por orde do 1 ao 8 na saída.
10. O alumnado de infantil e 1º de Primaria dispón dun carné de bus.
11. Segue sendo obrigatorio o uso da máscara no transporte escolar para todo o alumnado.
12. Todas as queixas e reclamacións recibidas foron tramitadas ao Servizo de Transporte da Xefatura Territorial da Coruña en tempo e forma desde o centro.
13. Irase actualizando a información cando o centro dispoña da mesma de forma oficial.
Nota: Os horarios daranse a coñecer ás familias cando estén totalmente axustados aos recorridos e o centro sexa coñecedor dos mesmos polas empresas de transporte.
Importante:
1. Calquera modificación ou cambio que se necesite ten que solicitarse por escrito no centro.
2. Chegar con tempo suficiente á parada tanto á ida como á volta.
Un saúdo e moitas grazas pola vosa colaboración!
O equipo directivo
Ningún comentario:
Publicar un comentario