ACTUALIZACIÓN RUTAS: 09/09/2022
1. A ruta 1 colle as mesmas paradas do curso pasado. Comeza na parada Uxes 2 ás 8.00 horas.
2. A parada de Rañobre ( Bar As Viñas) xa se pode facer e pasa a ruta 2.
3. A empresa Pombo é quen fará a entrada da ruta 3. Na saída é ALSA. A parada Praza Escola mantense como o curso pasado no mesmo lugar pero é da ruta 3.
4. A ruta 7 ten as paradas por esta orde: Gasolineira Bidueiro ( Bar Stop), Fronte a Opel, O Moucho, Quinto Pino e Cervecería Sampaio. Empresa Vázquez. Comezo da ruta na Gasolineira Bidueiro ás 8.30 horas.
5. As paradas Oseiro Igrexa, Travesía de Oseiro e Oseiro de Arriba pasan a unha nova ruta. Ruta 8. Empresa Vázquez. Comeza en Oseiro Igrexa ás 8.30 horas.
6. O resto das rutas manteñen os horarios establecidos polo de agora.
Autocares Rico e Autocares Serén fan a ruta 6.
7. Hai persoal coidador en todas as rutas e dispoñen dun identificativo da ruta.
8. Os autobuses levarán tamén carteis na parte traseira co número de bus.
Están colocados por orde do 1 ao 8 na saída.
9. O alumnado de infantil e 1º de Primaria dispón dun carné de bus.
10. Segue sendo obrigatorio o uso da máscara no transporte escolar para todo o alumnado.
11. Por último, todas as queixas e reclamacións recibidas foron tramitadas ao Servizo de Transporte da Xefatura Territorial da Coruña.
Irase actualizando toda a información que xurda, horarios, paradas... informando por AbalarMóbil e por esta páxina.
Importante:
Calquera modificación ou cambio que se necesite ten que solicitarse por escrito no centro.
Estar con antelación suficiente nas paradas tanto a entrada e a saída.
Un saúdo e moitas grazas pola vosa colaboración!
O equipo directivo
Ningún comentario:
Publicar un comentario