luns, 19 de setembro de 2022

CURRÍCULO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

 Decreto polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia

CALENDARIO ESCOLAR

 

CALENDARIO

RUTAS DE TRANSPORTE 2022-2023

 ACTUALIZACIÓN RUTAS: 14/09/2022  

1. A ruta 1 ten adxudicadas as mesmas paradas do curso pasado. Comezo:Uxes 2.

2. A parada de Rañobre pasou a ruta 2.

3. A empresa Pombo é quen fará a entrada da ruta 3. A saída fáraa ALSA.

4. A ruta 7 ten as paradas por esta orde: Gasolineira  Bidueiro, Fronte a Opel, O Moucho, Quinto Pino e Cervecería Sampaio. Empresa Vázquez. Comezo da ruta na Gasolineira Bidueiro según  a información facilitada pola empresa.

5. As paradas Oseiro Igrexa, Travesía de Oseiro e Oseiro de Arriba pasan a unha nova ruta. Ruta 8. Empresa Vázquez.

6. Autocares Rico e Autocares Serén fan a ruta 6 entrada e saída respectivamente.

7. Hai persoal coidador en todas as rutas e dispoñen dun identificativo da ruta.

8. Os autobuses dispoñen de carteis na parte traseira co número de bus, carteis facilitados polo centro ao persoal das empresas para a súa ubicación no autobús.

9. Os autobuses están colocados por orde do 1 ao 8 na saída.

10. O alumnado de infantil e 1º de Primaria dispón dun carné de bus.

11. Segue sendo obrigatorio o uso da máscara no transporte escolar para todo o alumnado.

12. Todas as queixas e reclamacións recibidas foron tramitadas ao Servizo de Transporte da Xefatura Territorial da Coruña en tempo e forma desde o centro.

13. Irase actualizando a información cando o centro dispoña da mesma de forma oficial.

Nota: Os horarios daranse a coñecer ás familias cando estén totalmente axustados aos recorridos e o centro sexa coñecedor dos mesmos polas empresas de transporte.

Importante:

1. Calquera modificación ou cambio que se necesite ten que solicitarse por escrito no centro.

2. Chegar con tempo suficiente á parada tanto á ida como á volta.

Un saúdo e moitas grazas pola vosa colaboración!

O equipo directivo

PARADAS E RUTAS

luns, 12 de setembro de 2022

CURRÍCULO DE EDUCACIÓN INFANTIL

 Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia

PLAN DIRECTOR PARA A CONVIVENCIA NOS CENTROS


 PLAN DIRECTOR

RUTAS DE TRANSPORTE 2022-2023

 ACTUALIZACIÓN RUTAS: 09/09/2022  

1. A ruta 1 colle as mesmas paradas do curso pasado. Comeza na parada Uxes 2 ás 8.00 horas.

2. A parada de Rañobre ( Bar As Viñas) xa se pode facer e pasa a ruta 2.

3. A empresa Pombo é quen fará a entrada da ruta 3. Na saída é ALSA. A parada Praza Escola mantense como o curso pasado no mesmo lugar pero é da ruta 3.

4. A ruta 7 ten as paradas por esta orde: Gasolineira  Bidueiro ( Bar Stop), Fronte a Opel, O Moucho, Quinto Pino e Cervecería Sampaio. Empresa Vázquez. Comezo da ruta na Gasolineira Bidueiro ás 8.30 horas.

5. As paradas Oseiro Igrexa, Travesía de Oseiro e Oseiro de Arriba pasan a unha nova ruta. Ruta 8. Empresa Vázquez. Comeza en Oseiro Igrexa ás 8.30 horas.

6. O resto das rutas manteñen os horarios establecidos polo de agora.

Autocares Rico e Autocares Serén fan a ruta 6.

7. Hai persoal coidador en todas as rutas e dispoñen dun identificativo da ruta.

8. Os autobuses levarán tamén carteis na parte traseira co número de bus.

Están colocados por orde do 1 ao 8 na saída.

9. O alumnado de infantil e 1º de Primaria dispón dun carné de bus.

10. Segue sendo obrigatorio o uso da máscara no transporte escolar para todo o alumnado.

11. Por último, todas as queixas e reclamacións recibidas foron tramitadas ao Servizo de Transporte da Xefatura Territorial da Coruña.

Irase actualizando toda a información que xurda, horarios, paradas... informando por AbalarMóbil e por esta páxina.

Importante:

Calquera modificación ou cambio que se necesite ten que solicitarse por escrito no centro.

Estar con antelación suficiente nas paradas tanto a entrada e a saída.

Un saúdo e moitas grazas pola vosa colaboración!

O equipo directivo


RUTAS ACTUALIZADAS

REUNIÓNS XERAIS DE FAMILIAS

Estimadas familias,

informarvos das datas de reunións xerais de principio de curso dos cursos:

5º e 6º de Educación Infantil: luns día 12 de setembro ás 16.00 horas.

2º e 3º de Educación Primaria: luns día 12 de setembro ás 17.00 horas.

4º e 5º de Educación Primaria: luns día 19 de setembro ás 16.00 horas.

6º de Educación Primaria: luns día 19 de setembro ás 17.00 horas.

As reunións serán nas aulas correspondentes.

Aulas de infantil, na planta baixa, a mesma aula do curso pasado.

Aulas de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º, as mesmas, agás 3º C, aula de 4º A curso 21-22.

Recibiredes a convocatoria por AbalarMóbil.

Un cordial saúdo

O equipo directivo

INSTRUCIÓNS XESTIÓN COVID-19 NO CURSO 2022-2023

 intrucions_covid_conxuntas_5_setembro

NOVAS DE INICIO DE CURSO

 Estimadas familias,

recordarvos as datas de reunións de familias de 4º E.Infantil e 1º de E.Primaria.

Martes 6 de setembro, ás 11.00 horas: Reunión coas familias de 4º de infantil na propia aula.

Mércores 7 de setembro, ás 11.00 horas: Reunión coas familias de 1º de primaria nas aulas de primeiro.

Do resto de reunións por cursos iremos informando.

O equipo directivo

GUÍA ABALAR PARA AS FAMILIAS

 



INICIO DO NOVO CURSO

Darvos a benvida ao novo curso escolar!

O día 8 de setembro comezamos, iremos informando a través de Abalar e da web dos aspectos de organización.
Estade pendentes os vindeiros días porque informaremos das rutas de transporte. Cambian as rutas e as empresas, pasamos a ter 10 rutas pero as paradas non cambian. Todo o alumnado que solicitou transporte ten praza.

Informarvos que o horario de atención ao público en secretaría será de luns a venres de 9.30 a 13.30 horas.

Un cordial saúdo
O equipo directivo