xoves, 21 de xullo de 2022

Publicación da lista definitiva e lista de reserva de comedor

 Estimadas familias,

a lista definitiva de alumnado admitido e non admitido no comedor está publicada no taboleiro interior do centro.
Podedes acceder á mesma ata o venres día 22 de xullo no horario establecido de atención ao público no mes de xullo, de 9.30 a 12.30 horas. A lista exponse tamén ao efecto de que, no seu caso, se deduzan os oportunos recursos de alzada ante a Xefatura Territorial da consellería.
Informarvos que hai algún cambio na lista provisional despois de resolver o consello escolar as alegacións presentadas.
Un saúdo
O equipo directivo

Ningún comentario:

Publicar un comentario