Estimadas familias,
publicouse a listaxe provisional de alumnado admitido e non admitido no servizo de
comedor a día de hoxe, 12 de xullo.
Ábrese un prazo de 5 días, contados dende o día 13 ao 19 de xullo, ambos incluídos
para posibles reclamacións.
Como información a todas as familias, o resumo das solicitudes queda como segue:
- Solicitudes presentadas: 119
- Solicitudes admitidas: 100
Aclaracións ás solicitudes admitidas:
1. Usuarios e usuarias do comedor 2021-2022, todas as solicitudes admitidas (84)
2. Usuarias e usuarios lexítimos de transporte escolar: (16) solicitudes admitidas
- Solicitudes non admitidas: 19
Un cordial saúdo
O equipo directivo
Ningún comentario:
Publicar un comentario