xoves, 21 de xullo de 2022

Publicación da lista definitiva e lista de reserva de comedor

 Estimadas familias,

a lista definitiva de alumnado admitido e non admitido no comedor está publicada no taboleiro interior do centro.
Podedes acceder á mesma ata o venres día 22 de xullo no horario establecido de atención ao público no mes de xullo, de 9.30 a 12.30 horas. A lista exponse tamén ao efecto de que, no seu caso, se deduzan os oportunos recursos de alzada ante a Xefatura Territorial da consellería.
Informarvos que hai algún cambio na lista provisional despois de resolver o consello escolar as alegacións presentadas.
Un saúdo
O equipo directivo

Peche do centro durante o período estival

 Estimadas familias,

o centro permanecerá pechado do 26 de xullo ata o 31 de agosto, ambos os dous incluídos.
O día 1 de setembro iniciamos o novo curso e estaremos xa de volta.
Un cordial saúdo e bo verán.
O equipo directivo

Relación de centros e importes para o programa de froita e leite na escola 2021-2022

 Relación de centros Aquí

Plan Dixital do centro

Publicamos o Plan Dixital para coñecemento da comunidade educativa do CEIP de Galán. ( Documento aprobado en claustro e consello escolar no mes de xuño de 2022)

PLAN DIXITAL

Normas de Organización, Funcionamento e Convivencia

No documento adxunto publícase a disposición da comunidade educativa do CEIP de Galán, o documento de organización do centro aprobado en claustro e consello escolar en xuño de 2022 (NOFC ) para coñecemento das normas de funcionamento do centro.

NOFC ( Normas de Organización, Funcionamento e Convivencia)

Protocolo de funcionamento do comedor

No adxunto publícase o protocolo de funcionamento do comedor escolar para dalo a coñecer a comunidade educativa do centro. Documento aprobado en Consello Escolar.

Protocolo de funcionamento do servizo de comedor

mércores, 13 de xullo de 2022

Publicación listaxes provisionais alumnado admitido e non admitido no comedor escolar

 Estimadas familias,

publicouse a listaxe provisional de alumnado admitido e non admitido no servizo de

comedor a día de hoxe, 12 de xullo.

Ábrese un prazo de 5 días, contados dende o día 13 ao 19 de xullo, ambos incluídos

para posibles reclamacións.

Como información a todas as familias, o resumo das solicitudes queda como segue:

Solicitudes presentadas: 119

Solicitudes admitidas: 100

        Aclaracións ás solicitudes admitidas:

       1. Usuarios e usuarias do comedor 2021-2022,  todas as solicitudes admitidas  (84)

      2. Usuarias e usuarios lexítimos de transporte escolar:  (16solicitudes admitidas

Solicitudes non admitidas: 19

 

Un cordial saúdo

O equipo directivo

venres, 8 de xullo de 2022

AVISO PARA AS FAMILIAS

 Estimadas familias,

durante o tempo do mes de xullo que o centro permaneza aberto a atención á familias para dirección, xefatura de estudos e departamento de orientación será sempre con cita previa, chamando ao 881880903 para concertar día e horario.

O resto dos trámites de secretaría no horario de 9.30  a 12.30 e sen cita.

Moitas grazas,

O equipo directivo