luns, 14 de febreiro de 2022

CONTOS NA LAREIRA

 Na #BiblioGalán comezamos un novo proxecto co cal queremos que as familias, profesorado así como o resto de comunidade educativa sexan as verdadeiras e os verdadeiros protagonistas. 

En Galicia temos unha enorme tradición de contos narrados ao carón da lareira nas frías noites de inverno. Pois ese espírito é o que queremos manter na nosa biblioteca e para iso, dende este curso, presentamos o proxecto Contos na lareira, co cal invitamos a calquera persoa da nosa comunidade educativa a vir a ter a palabra na nosa lareira da escola, a biblioteca escolar.

Para poder participar no proxecto, tan só hai que cubrir o seguinte formulario. Este equipo poñeráse en contacto con vós para buscar un día, hora, etc. É importante que leades con moita atención as bases do proxecto, especialmente nestes momentos nos que seguimos pendentes da evolución da crise sanitaria provocada pola Covid - 19. 

Estaremos encantadas e encantados de recibirvos na nosa lareira e de escoitar os contos que tedes preparadas e preparados para todas e todos nós. Agardámosvos!

TODA A INFORMACIÓN ATOPARÉDALA NO BLOGUE DA BIBLIOTECA!

Ningún comentario:

Publicar un comentario