No CEIP de Galán, a partires do luns 17 de xaneiro comezou o reparto de froita gratuíta entre o alumnado para facer unhas xornadas de degustación e así fomentar hábitos de alimentación saudable.
Na primeira quenda repartíronse kiwi, laranxa, mañá, uva, plátano, melón, mandarina,arandos e pera. Sendo un auténtico éxito de participación do alumnado tanto nadegustación das froitas como no proceso de reciclaxe dos restos orgánicos das mesmas.
A partires do luns 31 de xaneiro, a froita dará paso ao reparto de leite que terá unha duración de 20 días lectivos. Neste caso, repartirase dentro do horario escolar, un cartón de 20 ml de leite.
Pretendemos con esta actividade, subvencionada polo Fogga (Pertencente ao Fondo Galego de Garantía Agraria), fomentar unha alimentación sá e saudable dentro do noso entorno educativo
Chegada a hora do recreo escóitase ás mestras e mestres dicindo : Próbao... só un pouquiño, e despois se non che gusta... non o tomas....
Nunca deixamos de aprender!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario