venres, 28 de xaneiro de 2022

ENTREGA DE MÁSCARAS AO ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

 Estimadas familias:

A partir do xoves día 13 de xaneiro de 2022, inclusive, podedes recoller as  máscaras que vos corresponden. Recordade que teñen dereito a elas as familias que tiveron a axuda de material escolar.

A listaxe de alumnado con dereito ás máscaras está publicada no taboleiro interior do centro.

Son tres máscaras hixiénicas e lavables adquiridas polo centro nunha farmacia.

As máscaras pode recollelas a nai ou o pai, a persoa que solicitou a axuda de material ou outra persoa autorizada. Para isto hai que presentar a autorización. (Modelo no adxunto )

No caso de persoa autorizada, coa autorización deberá traer unha fotocopia do DNI/NIE da persoa que autoriza para facer o trámite.

Asinarase a recepción das máscaras. En todo caso, será necesaria a identificación con DNI.

Cando podedes recollelas?

Durante todo o mes de xaneiro, preferentemente e cumprindo o protocolo Covid, entrada de unha única persoa, hixiene de mans, manter a distancia e uso de máscara.

En que horario? No horario de atención ao público, de 9.15 a 11.15 horas e de 12.30 a 13.30 horas

Un saúdo,

Moitas grazas pola vosa colaboración.

O equipo directivo

Autorización máscaras

Ningún comentario:

Publicar un comentario