venres, 28 de xaneiro de 2022

REMATAMOS A PRIMEIRA QUENDA DO REPARTO DE FROITA

 No CEIP de Galán, a partires do luns 17 de xaneiro comezou o reparto de froita gratuíta entre o alumnado para facer unhas xornadas de degustación e así fomentar hábitos de alimentación saudable.

Na primeira quenda repartíronse kiwi, laranxa, mañá, uva, plátano, melón, mandarina,arandos e pera. Sendo un auténtico éxito de participación do alumnado tanto nadegustación das froitas como no proceso de reciclaxe dos restos orgánicos das mesmas.

A partires do luns 31 de xaneiro, a froita dará paso ao reparto de leite que terá unha duración de 20 días lectivos. Neste caso, repartirase dentro do horario escolar, un cartón de 20 ml de leite.

Pretendemos con esta actividade, subvencionada polo Fogga (Pertencente ao Fondo Galego de Garantía Agraria), fomentar unha alimentación sá e saudable dentro do noso entorno educativo

Chegada a hora do recreo escóitase ás mestras e mestres dicindo : Próbao... só un pouquiño, e despois se non che gusta... non o tomas....

Nunca deixamos de aprender!!!

INFORMACIÓN: Información para as persoas que forman parte da rede de contactos dun caso esporádico da COVID-19 nun centro educativo

 INFORMACIÓN

INFORMACIÓN COVID. PREGUNTAS FRECUENTES

 Estimadas famiias,

publicouse no portal educativo un documento con preguntas frecuentes sobre a Covid-19.

Picade aquí para acceder ao documento.

Un saúdo

O equipo directivo

INFORMACIÓN NOVAS MEDIDAS COVID

 

Dirección de Saúde Pública: https://coronavirus.sergas.gal/Contidos/Protocolos-vixilancia-control-epidemioloxico-COVID19-ambito-educativo-non-universitario

Protocolo para a detección de infección polo SARS-CoV-2

A Xunta comeza desde o luns o reparto de 55.000 test de saliva nos centros escolares.

Picade aquí para ir ao portal educativo.

Máis: Autodeclaración responsable de autotest positivo

Achégase a ligazón aos diferentes documentos que  o Ministerio de Sanidade foi publicando no espazo específico de información para centros educativos:

 

SESIÓNS FORMATIVAS SOBRE REDES SOCIAIS

 Estimadas familias,

o alumnado de 4º, 5º e  6º de educación primaria terá unha sesión  formativa ao longo da xornada lectiva sobre redes sociais e internet impartida por persoal formador do Plan Director da Garda Civil os días 19 e 20 de xaneiro.

Un cordial saúdo

O equipo directivo

DISTRIBUCIÓN DE FROITA DE TEMPADA AO ALUMNADO

 A partires do luns 17 comezaremos co primeiro período de  reparto

de froita  entre o alumnado. A súa degustación será na hora do recreo.

O centro participa na convocatoria de axudas de froita e leite escolar para o curso

2021/2022 do programa do FOGGA ( Fondo Galego de Garantía Agrario)

As froitas que se repartirán son:

Luns 17, mazá 

Martes 1, pera

Mércores 19, melón 

Xoves 2, granada

Venres 21, uva blanca sen pepitas

Luns 24, plátano

Martes 25, laranxa

Mércores 26, kiwi

Xoves 27, arandos

Venres 28, mandarina

Fomentamos hábitos saudables!

Distribuirase tamén leite en dúas quendas. Iremos informando.

Moitas grazas pola colaboración.

O profesorado do centro.

Achegamos a  AUTORIZACIÓN  no adxunto para a súa descarga e entrega de ser necesario.

AUTORIZACIÓN FROITA

INICIO DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO EN CENTROS DOCENTES SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS PARA O CURSO 2022/2023

 

Fase de reserva de prazas en centros de adscrición.

De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde do 12 de marzo de 2013 que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o 11 de xaneiro de 2022 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.

  • O prazo de solicitudes abranguerá do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro de 2022, ambos incluídos.

A consulta das listaxes de alumnado admitido, que se publicarán antes do día 28 de febreiro, debe realizarse no centro no que está matriculado no presente curso ou na aplicación admisionalumnado.

Normativa de aplicación

  • Normativa de aplicación

  • ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 (código de procedemento ED550A e ED550B).

  • ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013.

  • ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

  • DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006.

Reserva de praza para o alumnado de 6º de educación primaria que continúa os seus estudos no IES de Pastoriza, centro adscrito de secundaria. Anexo I

ENTREGA DE MÁSCARAS AO ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

 Estimadas familias:

A partir do xoves día 13 de xaneiro de 2022, inclusive, podedes recoller as  máscaras que vos corresponden. Recordade que teñen dereito a elas as familias que tiveron a axuda de material escolar.

A listaxe de alumnado con dereito ás máscaras está publicada no taboleiro interior do centro.

Son tres máscaras hixiénicas e lavables adquiridas polo centro nunha farmacia.

As máscaras pode recollelas a nai ou o pai, a persoa que solicitou a axuda de material ou outra persoa autorizada. Para isto hai que presentar a autorización. (Modelo no adxunto )

No caso de persoa autorizada, coa autorización deberá traer unha fotocopia do DNI/NIE da persoa que autoriza para facer o trámite.

Asinarase a recepción das máscaras. En todo caso, será necesaria a identificación con DNI.

Cando podedes recollelas?

Durante todo o mes de xaneiro, preferentemente e cumprindo o protocolo Covid, entrada de unha única persoa, hixiene de mans, manter a distancia e uso de máscara.

En que horario? No horario de atención ao público, de 9.15 a 11.15 horas e de 12.30 a 13.30 horas

Un saúdo,

Moitas grazas pola vosa colaboración.

O equipo directivo

Autorización máscaras

A SAN SILVESTRE CHEGOU A GALÁN

 A SAN SILVESTRE CHEGOU A GALÁN

XA TEMOS O NOSO CALENDARIO!