luns, 27 de setembro de 2021

Actualización aplicación AbalarMóbil

 Estimadas familias,

debedes revisar a aplicación AbalarMóbil, sobre todo no caso de irmáns matriculados no centro. Tedes que seguir os pasos seguintes: actualizar, axustes, aplicacións, buscar  AbalarMóbil, almacenamento, borrar datos e acceder de novo e poñer os vosos datos e o código.

Se tedes dúbidas na unidade de atención da centros (881997701) axudaranvos a nivel técnico.

Un saúdo. O equipo directivo

sábado, 25 de setembro de 2021

REUNIÓNS DE INICIO DE CURSO COAS FAMILIAS

 Estimadas familias,

o luns día 27 de setembro, teredes as reunións de educación infantil, primeiro e segundo de educación primaria.

O luns 4 de outubro, celebraranse as reunións de terceiro, cuarto, quinto e sexto de educación primaria.

O profesorado titor de cada grupo informará da organización da reunión e horarios.

Como normas básicas:

-  Asistencia dun único proxenitor á reunión.

-  Uso obrigatorio de máscara.

-  Desinfección e hixiene de mans á entrada.

-  Manter a distancia interpersoal polo menos de 1,5 m.

-  As reunións celebraranse nas propias aulas.

-  Puntualidade para acceder ao centro nos horarios establecidos. A entrada é escalonada.

-  O acceso será pola cancela pequena ao lado do portalón e a saída ao exterior polo portalón.

-  Seguir as indicacións do persoal de conserxería.

-  As familias de educación infantil sairán do centro polo patio de infantil.

Un cordial saúdo.

O equipo directivo

martes, 21 de setembro de 2021

FORMULARIOS DE SOCIOS DISPONIBLES EN SECRETARÍA

Os formularios de socios están dispoñibles na secretaría do colexio por se alguén quere pedir cita e facelo a través da secretaría.

Grazas, un saúdo.

A directiva

ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR AS AXUDAS DO MEC PARA O ALUMNADO CON NECESIDADES EDUCATIVAS

Informámosvos de que xa está aberto o prazo de solicitude de axudas para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo (becas MEC).

As solicitudes faranse vía web a través do seguinte enlace:

https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/estudiantes/becas-ayudas/para-estudiar/artisticas/necesidad-especifica-apoyo-educativo.html

Deberán imprimirse e entregalas no centro ata o día 30 de setembro.

Para calquera dúbida podedes poñervos en contacto co Departamento de Orientación do centro, a través do teléfono 881880904

luns, 20 de setembro de 2021

CONTRATOS- PROGRAMA RECUPÉRA-T 2021/22. PROGRAMA ARCO

 

CONTRATOS- PROGRAMA RECUPÉRA-T 2021/22

Plan Recupera. Picade na imaxe para acceder á listaxe provisional de centros seleccionados ( CEIP de Galán, páxina 3), programa ARCO.

Centros excluídos no programa PROA+. CEIP de Galán. ( Páxina 11) 

venres, 17 de setembro de 2021

APLICACIÓN ABALARMÓBIL PARA AS FAMILIAS

 Aviso ás familias:

Xúntanse os seguintes enlaces para descargar a aplicación AbalarMóbil

abalarMóbil: instalación e rexistro 

Guía para as familias.

Recoméndase ter descargada  a aplicación para favorecer a comunicación co profesorado e recibir información do centro.

Un saúdo

O equipo directivo

xoves, 16 de setembro de 2021

PROGRAMA DE NATACIÓN ESCOLAR 2021/2022

Con motivo do comenzo do novo curso escolar nos centros escolares de primaria de Ponte dos Brozos, Arteixo, Galán e Meicende, desde a Piscina Municipal ofértase a actividade de natación escolar a todos aqueles alumnos de ensinanza primaria que estean interesados.

 Todos os interesados poderán inscribirse na recepción da piscina municipal de Arteixo nos días que lles corresponda ao seu centro. Prazas limitadas por riguroso orde de inscripción. O importe da actividade é de 25,28€ abonados/sócio e de 50,56€ eventuais por curso (8 meses, dende Outubro ata Maio).


prazo de inscripción comprende:

  • Escolas unitarias: desde o luns 27 ata o xoves 30 de setembro
  • CEIP Ponte dos Brozos: desde o luns 27 ata o xoves 30 de setembro
  • CEIP Arteixo: dende o mércores 23 ata o domingo 26 de setembro
  • CEIP Galán: dende o luns 20 ata o mércores 22 de setembro
  • CEIP San Xosé Obreiro: dende o venres 17 ata luns 20 de Setembro

 O importe é 25,28€ / tempada para socios e abonados e, 50,56€/ tempada para eventuais (a tempada son 8 meses, dende Outubro ata Maio, seguindo o calendario escolar).

Esta actividade desenvolverase 1 día á semana durante 45 minutos. Os horarios dispoñibles son:

    • CEIP Ponte dos Brozos
      • Mércores ou Xoves ás 16:00 horas (Servizo de transporte non incluído) para os nenos que veñen dende o colexio e para os que non usan transporte escolar. Un monitor recollerá aos nenos no comedor do CEIP Ponte dos Brozos. Ao rematar a actividade os pais teñen que recoller aos nenos na Piscina Municipal.
      • Mércores ás 16:45 horas (Servizo de transporte incluído) para os nenos que veñen en autobús desde a súa casa, nos horarios e paradas que lle serán dados na piscina municipal
        • CEIP Arteixo
          • Luns ou martes ás 16:00 horas (Servizo de transporte non incluído) para os nenos que veñen dende o colexio e para os que non usan transporte escolar. Un monitor recollerá aos nenos no comedor do CEIP Arteixo. Ao rematar a actividade os pais teñen que recoller aos nenos na Piscina Municipal.
          • Mércores ás 16:45 horas (Servizo de transporte incluído) para os nenos que veñen en autobús desde a súa casa, nos horarios e paradas que lle serán dados na piscina municipal
        • CEIP Galán (Servizo de transporte incluído)
          • Luns ou martes ás 16.45 h
          • Os nenos/as terán servicio de transporte para esta actividade, nos horarios e paradas que lle serán dados na piscina municipal
          • CEIP Meicende (Servizo de transporte incluído)
            • Xoves ás 16.45 h
            • Os nenos/as  terán servicio de transporte para esta actividade, nos horarios e paradas que lle serán facilitados na piscina municipal
          • Escolas Unitarias
            • Mércores ás 16.45 h (Con transporte)
            • Os nenos/as  terán servicio de transporte para esta actividade, nos horarios e paradas que lle serán facilitados na piscina municipal

            A actividades está dirixida a alumnos de ensinanza primaria. Prazas limitadas por riguroso orden de inscripción

            Para mais información e inscricións diríxanse á recepción da Piscina Municipal ou no teléfono 981633444.

            venres, 10 de setembro de 2021

            BALONMANO PARA GALÁN



             

            HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO. ACTUALIZADO

             O horario de atención ao público en ventanilla a partir do 9 de setembro será de luns a venres en horario de:

            9.15 a 11.15 horas /12.30 a 13.30 horas con previa cita no teléfono: 881880903

            PARADA DE RAÑOBRE. CAMBIOS

             Comunicación trasladada ás familias afectadas,

            A parada de Rañobre da empresa ARRIVA GALICIA S.L.U realizarase a partir de mañá día 9 de setembro, en Ferroatlántica ( na marquesiña )e  ás 08.35 horas polas obras que se están a realizar na zona.

            O equipo directivo.

            mércores, 8 de setembro de 2021

            ENTRADAS E SAÍDAS

             SERVIZO DE MAÑANCEIROS

            De 07.00 a 8.50 horas de luns a venres. Organiza o Concello de Arteixo.

            ENTRADAS

            8.50 horas, alumnado transportado; rutas 1-2-3-4 polo portalón e rutas 5-6-7-9 pola cancela.

            9.00 horas, entrada do alumnado non transportado: Educación Primaria polo portalón, Educación Infantil pola cancela principal.

            ( Acceso do alumnado de primaria ao centro polas portas do hall: 3º, 4º e 5º porta lateral dereita; 1º, 2º e 6º pola porta esquerda e alumnado de infantil polo seu patio).

            9.05 horas: peche do centro.

            SAÍDAS

            13.40 horas: 1º, 2º e 3º de Educación Primaria

            13.45 horas: 4º, 5º e 6º de Educación Primaria

            13.50 horas: 6º, 5º e 4º de Educación Infantil.

            14.00 horas: peche do centro.

            Alumnado non transportado: educación primaria polo portalón, educación infantil pola cancela.

            SERVIZO DE COMEDOR

            13.40 horas, inicio do servizo do primeiro turno.

            14.30 horas, inicio do segundo turno.

            Franxas de saída de luns a venres: 15.00 /15.20/ 15.40 horas.

            15.40-15.50 horas, o alumnado que asista á actividades extrescolares quedará custodiado nocentro por persoal de comedor.

            15.50-16.00 horas, o alumnado do servizo de comedor unirase ao alumnado de actividades extraescolares, no lugar que se estableza,  nun dos patios interiores, baixo a custodia do profesorado de garda do centro. Entrada do alumnado transportado das actividades.

            As familias non acceden ao centro.

            16.05 horas, peche do centro.

            16.00- 18.00 horas, actividades extraescolares organizadas polo Concello de Arteixo con servizo de transporte de luns a venres.

            18.00 horas, peche do centro.

            CALENDARIO ESCOLAR 2021-2022

             


            AUTORIZACIÓN PARA BAIXAR SÓS NAS PARADAS DE TRANSPORTE

             Á atención das familias de 5º e 6º de Educación Primaria,

            a Instrución conxunta 9/2017, especifica que os escolares de 5º e 6º poderán baixar sós nas paradas de transporte escolar establecidas, sempre que as persoas responsables presenten no centro unha autorización expresa ao respecto.

            Polo que deixamos no documento adxunto a AUTORIZACIÓN  para que nola fagan chegar por correo electrónico: ceip.galan@edu.xunta.gal especificando no asunto:

            AUTORIZACIÓN BAIXAR SÓ. NOME, APELIDOS E CURSO.

            autorización para baixar sós

            luns, 6 de setembro de 2021

            LISTAXE DE ALUMNADO POR CURSOS

             A partir do luns día 6 de setembro, estarán expostas no taboleiro interior do centro as listas dos grupos de Educación Infantil e Educación Primaria.

            Poderán consultarse en horario de 9.00 a 12.00 horas.

            PERíODO DE ADAPTACIÓN DE 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL

             





            TRANSPORTE ESCOLAR

             Ás familias que solicitaron autorización excepcional de transporte se lles comunica que dita autorización está concedida.

            Recordar que esta autorización ten carácter provisional e revogable. A vixencia das autorizacións comprenderá unicamente o curso escolar 2021-2022.

            Con motivo da previsible entrada en funcionamento o 1 de decembro de 2021 dos novos contratos de transporte escolar que se están a licitar de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, de non haber capacidade nos autobuses que se vaian a realizar as rutas, decaerán as autorizacións excepcionais que se tivesen concedido pola orde en que estivesen baremadas, ata a capacidade máxima dos vehículos.

            Os horarios das paradas figuran nesta mesma páxina web no apartado de transporte escolar. De sufrir algunha variación informaríase. 

            A parada de Rañobre, modificarase polas obras que se están a realizar. Informarase por este medio da ubicación da nova parada.

            O equipo directivo

            O NOSO CLAUSTRO. CURSO 2021-2022

             Podedes coñecer quenes formamos parte do claustro no documento adxunto.

            Un saúdo

            O noso claustro





            xoves, 2 de setembro de 2021

            AVISO. SERVIZO DE COMEDOR

             Adxúntase un documento ( picade  aquí para cumprimentar sobre os horarios de entrega do alumnado ao remate do servizo de comedor, agás no caso de que participen nas actividades extraescolares.

            A entrega farase por correo electrónico e antes do día 9 de setembro.

            O equipo directivo

            REPARTO DOS LIBROS DE 3º e 4º DE E.PRIMARIA

             Estimadas familias de 3º e 4º de Educación Primaria,

            o martes día 7 de setembro entregaranse os lotes de libros que vos corresponden en horario de 9.30 a 13.30 horas.Colabora no reparto a ANPA do noso centro.

            A entrega será no salón de usos múltiples e o acceso será  por familia. Tedes que asinar un documento de recibín dos libros.

            Se algunha familia non pode asistir neste horario, contactará co profesorado titor correspondente, unha vez iniciado o curso para acordar a entrega.

            Un saúdo

            O equipo directivo.

            TELÉFONOS DE CONTACTO E HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO

             TELÉFONOS DE CONTACTO

            881880903 (Xeral), 881880902 (Dirección), 881880901 ( Xefatura), 881880907 ( Secretaría),

            881880904 (Orientación)

            648570417 ( Teléfono móbil única e exclusivamente para comunicar casos relacionados coa COVID-19 fóra do horario lectivo).

            HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO  ( do 1 ao 8 de setembro)

            De luns a venres, de 9.30 a 13.30 horas

            O equipo directivo

            BENVIDA AO CURSO 2021-2022

             Estimadas familias,

            comezado o día 1 de setembro o novo curso escolar 2021-2022 queremos transmitir unha mensaxe de benvida e un saúdo ás familias, en nome do persoal docente e non docente e aproveitar para informarvos dalgúns aspectos de funcionamento, en base ás instrucións do protocolo de adaptación para o curso 2021-2022.

            O curso iniciase o día 9 de setembro cos servizos que ofrece o centro: servizo de mañanceiros, actividades extraescolares e comedor.

            O horario é de 9.00 a 14.00 horas. Flexibilizaremos o horario dentro da última hora lectiva para a saída do centro e o inicio do servizo de comedor, segundo contempla o protocolo de adaptación ao contexto da Covid-19. A saída do centro efectuarase ás 13.40 horas.

            O servizo de comedor é de 13.40 a 15.40 horas. O alumnado que asista á actividades extraescolares permanecerá custodiado no centro ata o comezo das actividades. 

            O alumnado do servizo de comedor poderá ser recollido pola súa familia nas franxas horarias: 15.00/15.15/15.30 horas.Teredes máis información do servizo de comedor na vindeira sermana. A entrada do alumnado transportado farase ás 8.50 horas. A entrada do alumnado non transportado será ás 9.00 horas. O centro pecharase ás 9.05 horas.

            Publicaremos na páxina web a información do curso escolar.

            Un cordial saúdo

            O equipo directivo