venres, 30 de outubro de 2020

ACLARACIÓNS SOBRE FINALIZACIÓNS DE CORENTENAS ( SERGAS)

 https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipgalan/system/files/u2/Aclaraci%C3%B3n%20corentenas.pdf

SERVIZO DE COMEDOR

 Estimadas familias:

o servizo de comedor comeza o luns día 2 de novembro. Todas as solicitudes están admitidas.

Empresa: Jardanay. Os menús colgaranse na páxina web do colexio.

Horario do xantar: 13:45-14:00 horas

Horario de recollida do alumnado: 15:00 horas e remate do servizo de comedor. Flexibilizase a última sesión lectiva.

O alumnado permanecerá no seus postos ata o remate do comedor. Non haberá tempo de lecer nin antes nin despois do

xantar. Os espazos habilitados son o comedor, a sala de mdrugadores e a aula de vídeo.

No comedor e na sala de madrugadores as mesas contarán con mamparas. Na aula de vídeo as mesas son individuais.

A recollida do alumnado será no exterior do centro.

Polo de agora nada máis, só dicir que o servizo seguirá o protocolo da Consellería e que teredes información sobre o mesmo.

Importante: Notificar á cada titor ou titora por escrito que se queda a comedor.

Para o alumnado de 5º e 6º que marche á súa casa sen acompañamento de adultos, as familias terán que cumprimentar unha

autorización que se facilitará polo alumno ou alumna na vindeira semana.

Calquera modificación que poida xurdir, en vista da situación na que nos atopamos, seredes informados mediante AbalarMóbil e páxina

web.

Un  cordial saúdo

O equipo directivo

 

INICIO DO SERVICIO DE COMEDOR

 


mércores, 28 de outubro de 2020

RECORDATORIO PROTOCOLO USO DE MÁSCARAS

 Estimadas familias,

envíase un recordatorio xeral sobre as máscaras. É necesario que as máscaras sexan as homologadas e no caso das de tela seguir as indicacións de uso das mesmas, lavado, duración, etc.

No seguinte enlace do https://www.who.int/es/emergencies/diseases/novel-coronavirus-2019/advice-for-public/when-and-how-to-use-masks da Organización Mundial da Saúde tedes información.

Cartel explicativo sobre o uso da máscara. CARTEL USO DE MÁSCARA

Nos espazos do centro temos entre outros estes carteis informativos do protocolo COVID.

Un cordial saúdo e  moitas grazas pola vosa colaboración.

CAMBIOS NOS PROTOCOLOS. COMUNICADO ACLARATORIO OFICIAL.

 Estimadas familias,

envíase información oficial do protocolo, ante o número de chamadas recibidas no centro no caso de irmáns conviventes cun contacto sospeitoso. Por outra banda,  informarvos que tedes que seguir as instrucións que vos indique o persoal sanitario.

A dirección do centro.

PROTOCOLOS DE VIXILANCIA E CONTROL EPIDEMIOLÓXICO
FRENTE AO VIRUS SARS-CoV-2 (COVID-19) NO ÁMBITO
EDUCATIVO NON UNIVERSITARIO DE GALICIA

Este documento estará en permanente revisión e actualización e dispoñible na páxina web corporativa do Servizo Galego de Saúde a través da seguinte ligazón:
https://coronavirus.sergas.gal/

Versión 3: 09/10/2020 (en vigor)
Cambios nesta versión:
Na páxina 6 elimínase a indicación de que “permanecerán no domicilio os irmáns/ás do caso sospeitoso escolarizados no mesmo centro ata o resultado das probas”,

pola indicación de que “Os conviventes dunha persoa con síntomas compatibles coa Covid (alumno/a ou profesional) que se encontre á espera do resultado, evitarán as interacións sociais que sexan prescindibles ata que se confirme o resultado pero non será necesario que garden corentena no domicilio, podendo acudir tanto á escola como ao seu posto de traballo.”

luns, 26 de outubro de 2020

30 DE OUTUBRO DE 2020. HOXE O MEDO SON EU!

 Picade na cabaza para ver como imos celebrar este ano o SAMAÍN.

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipgalan/system/files/u2/samain%20en%20galan%202020.pdf

Máis actividades:

- Exposición de libros coa temática do Samaín na semana do 26 ao 30 de outubro.
- Exposición dos debuxos das mascotas, expoñendo o gañador e os “finalistas”, procurando que teñan representación todas as clases.

- Publicación do gañador ou gañadora no blogue da biblioteca e no taboleiro do centro.

Un saúdo

Equipos: Bibliteca, EACE e EDLG do centro.

xoves, 15 de outubro de 2020

Inscrición fóra de prazo no comedor escolar

Estimadas familias:

Recordamos que é posible solicitar o servizo de comedor fóra de prazo.

Informamos que se tramitaría como no prazo ordinario:

- Envío de solicitude e documentación.

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipgalan/system/files/u2/SOLICITUDE%20DE%20COMEDOR%202020-2021.pdf

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipgalan/system/files/u2/AUTODECLARACI%C3%93N.pdf

Documentación que está dispoñible na páxina web do colexio " servizos complementarios-comedor". 

Enviar por correo electrónico: ceip.galan@edu.xunta.gal ou presencialmente con cita.

No comedor seguiranse as medidas sanitarias recomendadas no protocolo.

Calquera dúbida podedes poñervos en contacto co centro.

Un saúdo

INFORMACIÓN FAMILIAS QUE SOLICITASTES O SERVIZO DE COMEDOR

 Estimadas familias,

Informamos de que hai actualmente 70 usuarios e usuarias admitidos para o comedor escolar. Ante este número de alumnado inscrito é inviable poñer en funcionamento o servizo neste momento.

Seguiremos informando de todo o que vaia acontecendo ao respecto.

No comedor seguiranse as medidas sanitarias recomendadas no protocolo de comedores.

A directora

http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/protocolo_comedores_16_09_20.pdf

mércores, 14 de outubro de 2020

ACLARACIÓN DO CONCELLO PARA AS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

 Bo día,

as actividades extraescolares educativas e deportivas do CEIP Galán contan con ocioteca e transporte coma en cursos anteriores.

O servizo de ocioteca está destinado exclusivamente ao alumnado de transporte e/ou comedor no día que se imparta a actividade na que se atopa inscrito.

O prazo de inscrición está aberto e as actividades poñeranse en funcionamento cando acaden un número mínimo de participantes.

Un saúdo

PUBLICACIÓN DAS LISTAS DEFINITIVAS DO SERVIZO DE COMEDOR

 Estimadas familias,

publicamos as listas definitivas no taboleiro de anuncios do centro, dicir que:

- Están admitidos e admitidas a relación provisional de alumnos e

alumnas.

- Hai 2 solicitudes en lista de reserva ou espera, presentadas fóra de

prazo.

Por outra banda o centro está a organizar os espazos e todo o que conleva o

servizo. Cando teñamos todo organizado informaremos do seu inicio e

funcionamento.

Un cordial saúdo

 

xoves, 8 de outubro de 2020

Novo blogue da Biblioteca do CEIP de Galán

 Desde o Equipo de Biblioteca  dámosvos a benvida ao novo blogue

da biblioteca do centro. Para acceder a el non tedes máis que picar

na ligazón da dereita desta páxina. Esperamos que vos guste!

Un saúdo!


https://bibliogalan.blogspot.com/

venres, 2 de outubro de 2020

Contacto co centro

Para facilitarvos o contacto co centro podedes facelo por:

- e-mail: ceip.galan@edu.xunta.gal

- nos teléfonos:

Administrativa: 881880903

Dirección:881880902

Xefatura:881880901

Secretaría:881880907

Orientación:881880904

xoves, 1 de outubro de 2020

PRAZO PARA INSCRICIÓN NO SERVIZO "MAÑANCEIROS" NO CEIP GALÁN

Informamos de que se abre prazo para inscrición no Servizo "Mañanceiros" no CEIP Galán para

alumnado madrugador coa finalidade de cubrir necesidades de conciliación familiar.

Un saúdo e grazas pola súa colaboración.


Concellaría de Educación
Concello de Arteixo