O martes 31 de outubro celebramos o Samaín no CEIP de Galán con actividades varias organizadas polo equipo de EACE, exposición de cabazas no hall da entrada que foron traendo as nenas e os nenos coa colaboración das súas familias, actividades nas aulas, adornos polas distintas dependencias do centro e un túnel do Samaín, o corredor do comedor, convirtiuse no túnel do terror no que o alumnado disfrutou un montón. Aquí vos deixamos unha foto!!!!
Actualización: xa temos publicadas as fotos do Samaín na Galería.
Ningún comentario:
Publicar un comentario