Apuntámonos ao Mural de Lingua de Signos e Braille!
Xoves 1 de xuño ás 10.00 horas
Duración aproximada: 2 h
Lugar: no interior do centro nunha das paredes
Materiais: aportados por ENKI
Mentres realizan o mural o alumnado do centro poderá coñecer que fan mediante unha corta animación. Terano en conta nas súas rutinas escolares permitindo o achegamento a estas formas de comunicación a través do xogo.
Moitísimas grazas ENKI,
pola vosa colaboración e por poder ser partícipes en obxectivos como sensibilizar á infancia na diversidade funcional, darlles a coñecer e familiarizalos co alfabeto braille e co alfabeto dactilolóxico. E tamén por compartir coa comunidade educativa!!!
Carta ás familias no adxunto,
Ningún comentario:
Publicar un comentario