luns, 29 de maio de 2023

XORNADAS: MURAL DE LINGUA DE SIGNOS E BRAILLE!

 Apuntámonos ao Mural de Lingua de Signos e Braille!

Xoves 1 de xuño ás 10.00 horas

Duración aproximada: 2 h

Lugar: no interior do centro nunha das paredes

Materiais: aportados por ENKI

Mentres realizan o mural o alumnado do centro poderá coñecer que fan mediante unha corta animación. Terano en conta nas súas rutinas escolares permitindo o achegamento a estas formas de comunicación a través do xogo.

Moitísimas grazas ENKI,

pola vosa colaboración e por poder ser partícipes en obxectivos como sensibilizar á infancia na diversidade funcional, darlles a coñecer e familiarizalos co alfabeto braille  e co alfabeto dactilolóxico. E tamén por compartir coa comunidade educativa!!!

 

Carta ás familias no adxunto,

Recollida de tapóns

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E OUTRAS

Actividade previstas:

2º de primaria, saída a Sisalde, luns 29

4º de primaria, saída a Sisalde, luns 29

Sesión informativa sobre a etapa da ESO para as familias de 6º, luns 29

1º de primaria, actividade de cociña, martes 30

6º de primaria, encontro con Antía Yáñez, autora do libro do clube de lectura,

mércores 31

Alfombra floral: CEIP de GALÁN, CONTIGO ao longo da semana

Mural de Lingua de Signos e Braille, 1 de xuño

Sorteo de dúas cestas, 2 de xuño ás 12.00 horas no centro. O sorteo será público e o número premiado publicarase nesta páxina

COMEZAMOS CO SEGUNDO REPARTO DE LEITE NA ESCOLA

 Comezamos co reparto de leite para o alumnado á hora do recreo.

VISITA DUNHA SUPERHEROÍNA DA ALDEA

https://bibliogalan.blogspot.com/2023/05/visitounos-xela-unha-autentica.html

Ligazón ao blog da Biblioteca coa noticia.

luns, 22 de maio de 2023

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2023-2024

Prazo de solicitude:   do 20/5/2023 a 21/6/2023, incluídos

Texto da convocatoria:   ORDE do 10 de maio de 2023 (DOG do 19 de maio)

Procedemento administrativo:     ED330B

Forma de presentación:

  • Electrónica: presente solicitude na Sede Electrónica  (inicie premendo no icono de botón na esquina superior dereita da pantalla). Ligazón á  Sede  AQUÍ
  • As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado ( ED330B-anexos I e II) accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

    Para a presentación electrónica de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

           NOTA: na presentación electrónica deberá presentar unha solicitude   individual para cada un dos seus fillos ou fillas.

  • Presencial con asistencia da aplicación : cubra os datos na aplicación, imprima os Anexos I e II producidos e presenteos no centro educativo (inicie premendo no icono de botón na esquina superior dereita da pantalla). Ligazón á aplicación Fondo de libros  AQUÍ
  • Presencial manual: utilice os Anexo I e Anexo II da Orde da convocatoria e presentalos no centro educativo

O alumnado que non estea admitido nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2023-2024, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso 2022-2023.

 

Nos adxuntos: SOLICITUDE e extracto da Orde.

 

Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

a) Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).

b) Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.

En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

Excepcionalmente (cando non sexa posible facelo polos medios anteriores), poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:

1º. Certificado ou volante de convivencia.

2º. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

Nos casos especiais, en que a composición da unidade familiar non se axuste ao sinalado no artigo 4.1 desta orde, achegarase un certificado ou volante de convivencia en que deberán figurar o/a alumno/a e todos os familiares que convivan con el/ela, ou un certificado dos servizos sociais do concello que acredite a situación familiar.

c) Certificado de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia non expedido pola Administración autonómica.

d) Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, cando o agresor forme parte da unidade familiar.

e) Resolución xudicial constitutiva da curatela representativa ou resolución xudicial que estableza a patria potestade prorrogada ou rehabilitada mentres non se produza a revisión desta medida.

f) Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

g) Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor o titores carezan de DNI e NIE.

h) Outra documentación.

 

. En todo caso, os documentos deberán ser válidos e eficaces no momento da súa presentación, e reflectir a situación persoal, familiar e económica en 31 de decembro de 2021, agás cando unha sentenza de separación ou divorcio posterior a esa data atribúa a custodia exclusiva a unha das persoas proxenitoras e nos casos de violencia de xénero en que se aplicará o disposto na lexislación específica.


Solicitude Anexo I e Anexo II

Extracto da Orde

ACTIVIDADES DA BIBLIOGALÁN

 https://bibliogalan.blogspot.com/

I Recital de Poesía e coñecemos O día a día dunha persoa con discapacidade auditiva.

PROGRAMA LETRAS GALEGAS


 

CALENDARIO ESCOLAR 2023-2024

Publicouse Orde do 3 de maio de 2023 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2023/24 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

SEGUNDO PERÍODO DE REPARTO DE FROITA E LEITE NA ESCOLA

A partir desta semana de maio, comezamos de novo co segundo reparto de froita e leite para degustar á hora do recreo polo alumnado do centro.

Os produtos son totalmente gratis.

Para isto teñen que traer unha autorización asinada polas familias.

As froitas serán según o programado:

XOVES 18. Plátano

VENRES 19. Uvas.

LUNS 22. Melón.

MARTES 23. Cereixas.

MÉRCORES 24. Albaricoques.

XOVES 25. Arandos.

VENRES 26. Melocotón

LUNS 29. Nectarinas

MARTES 30. Melón

MÉRCORES 31. Uvas.

O leite: 100% galega enteira e leite tamén sen lactosa en briks de 200 ml.

PUBLICACIÓN LISTAXE DEFINITIVA DE ALUMNADO ADMITIDO

Publicamos a listaxe definitiva de alumnado admitido para o curso 2023-2024 no taboleiro interior do centro. Todo o alumnado que solicitou praza está admitido.

OBRADOIROS TECNOLÓXICOS

 


IV ENQUISA DE CONVIVENCIA NAS AULAS

Desde o día 2 ata o 22 de maio a Xunta abre ao conxunto da comunidade educativa a IV edición da Enquisa de Diagnose da Convivencia Escolar 2023. 

O vindeiro luns día 8 de maio recibiredes polos vosos fillos e fillas a carta coas claves para acceder á enquisa e poder cumprimentala. É unha clave por familia.

O equipo directivo

 

Ligazón ao portal educativo

mércores, 3 de maio de 2023

TRANSPORTE E COMEDOR CURSO 2023-2024

Xúntanse os modelos de solicitude para entregar no centro. Teredes os mesmos impresos á vosa disposición na Secretaría do centro. Na circular que se envía o mércores día 3 de maio polo alumnado tedes unha breve información.

Adxunto

TALLERES DE MATEMÁTICAS. COLABORACIÓN UNIVERSIDADE DE A CORUÑA

O martes 25 de abril o alumnado de 6º de Educación Primaria recibiu a visita de estudantes da Universidade de A Coruña para realizar talleres de matemáticas sobre estatística. Desfrutaron de actividades motivadoras e manipulativas.

Moitas grazas ao profesorado da Universidade e ao seu alumnado. Unha actividad moi enriquecedora!