O 20 de marzo o alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria tuvo a oportunidade de aprender a poñerse no lugar dunha persoa con discapacidade visual de mano dun profesional da ONCE. Grazas María.
mércores, 22 de marzo de 2023
CANCIÓN DO CEIP DE GALÁN
Xa está elaborada a canción do CEIP de Galán coas achegas do noso alumnado.
Moitas grazas pola vosa colaboración e a Sergio Franqueira pola súa implicación.
Esperamos que vos guste.
Relación dos autores e autoras da letra:
luns, 13 de marzo de 2023
INVENTANDO UN HIMNO PARA O CENTRO
Hoxe foise polas aulas pedindo colaboración ao noso alumnado para elaborar un himno para o centro.
Tedes unha pequena mostra do que pode chegar a ser na páxina web do centro.
APRENDEMOS A DESPEDIRNOS EN OUTROS IDIOMAS
Na seguinte ligazón podedes escoitar diferentes maneiras de despedirnos en outros idiomas
(francés, árabe e ucraniano)
https://drive.google.com/file/d/1BoeZ4uwSnPR_nuOlDwqOfZX3Cfgc_Kk4/view?usp=sharing
mércores, 8 de marzo de 2023
martes, 7 de marzo de 2023
ALUMNADO FINALISTA DO CERTAME HOMENAXE, ROSALÍA DE CASTRO
Contamos con catro finalistas do certame de poesía en homenaxe a Rosalía de Castro.
Moitos parabéns!
Aviso: Deberán achegarse á Biblioteca Central, no Centro Cívico Cultural, o sábado día 4 de marzo ás 11:30 para dar lectura á súa poesía para que o xurado elixa os premios principais e o Primeiro premio global.
Ligazón á páxina de Bibliotecas.
mércores, 1 de marzo de 2023
INICIO DO PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO (ACTUALIZACION)
PRAZO: DO 1 AO 20 DE MARZO
. Forma de presentación: electrónica e presencial
a) Presentación electrónica de solicitude (ED550B):
1º. A persoa solicitante ten que acceder á aplicación informática admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumando) e cubrir o modelo ED550B – anexo II, para o que necesariamente ten que dispoñer dun certificado de identidade e sinatura dixital (como o certificado da Fábrica Nacional de Moneda e Timbre ou calquera outro admitido pola sede) ou un sistema de usuario e clave como a Chave365.
2º. Ademais, terán que cubrir o modelo anexo II-bis (comprobación de datos e consentimento), segundo corresponda, imprimilo, e unha vez asinado de forma manual pola outra persoa proxenitora, titora ou acolledora, escanealo.
3º. A seguir, a aplicación permite conectar coa sede electrónica da Xunta de Galicia para asinar e presentar a solicitude utilizando calquera dos medios de identidade e sinatura do punto 1º.
Xunto coa solicitude deberá achegar o anexo II-bis e o resto de documentación que, de ser o caso, fose precisa (libro de familia, sentenza de separación, documentación acreditativa do alumnado con necesidades específicas...).
4º. O xustificante da presentación electrónica da solicitude ( ED550B) só se xera cando a persoa a asine e a presente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, e indica a data de presentación.
5º No caso de solicitudes de admisión (ED550B), o número que aleatoriamente lle asignou aplicación admisionalumnado no momento da súa gravación (que se terá en conta, de ser o caso, para desempatar) poderá consultarse, xunto co estado de tramitación da solicitude, na devandita aplicación.
b) Presentación presencial de solicitude (ED550B):
1º. A solicitude de admisión ordinaria (ED550B) e o anexo II-bis, no centro docente indicado en primeiro lugar.
En ambos casos, tamén se poden presentar en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
2º. Tamén deberá ir acompañada da documentación indicada no anterior punto 3º da letra a).
3º. A asignación aleatoria do número para os efectos de desempate, prodúcese no momento da gravación da solicitude na aplicación admisionalumnado por parte do centro.
Polo tanto, se a gravación é simultánea á presentación, o centro entrégalle á persoa solicitante o xustificante xerado na aplicación, que indicará a data de presentación da solicitude e o número aleatorio asignado.
Se por motivos organizativos ou de xestión do centro, a gravación ten lugar nun momento posterior á presentación, entregaráselle un xustificante no que constará a data de presentación e selo do centro.
Cando o número de solicitudes sexa superior ao de postos, ás persoas interesadas poderán consultar o número aleatorio asignado pola aplicación na listaxe que se publique o 21 de marzo de 2023.
En todo caso, tanto este número como o estado de tramitación das solicitudes, poderán consultarse en calquera momento na aplicación admisionalumnado, mediante certificado dixital ou Chave 365.
DOCUMENTACIÓN NECESARIA:
- Copia do Libro de Familia onde aparezan todos os membros da unidade familiar.
- En caso de separación ou divorcio, copia da sentenza xudicial e/ou o convenio regulador onde conste a custodia do menor.
- Copia dos DNI do solicitante e dos demais membros da unidade familiar. En caso de que as persoas proxenitoras ou titoras carezan de DNI ou NIE, certificado de convivencia ou informe dos servizos sociais.
- Documentación pertinente no caso de solicitude de prazas NEAE (Necesidades Específicas de Apoio Educativo).
- Para alumnado doutros colexios, ademáis da documentación anterior, un certificado de matrícula do centro do que procede.
HORARIO DE ENTREGA DA DOCUMENTACIÓN EN SECRETARÍA
De luns a venres de 9:05 a 13:30
CRITERIO COMPLEMENTARIO DE DESEMPATE ESTABLECIDO POLO CENTRO
1 punto por solicitar en primeiro lugar un colexio público
Renda per cápita da unidade familiar. Información
Inclúe as cantidades obtidas da base impoñible xeral (Casiña 435) máis a base imposible do aforro (Casiña 460) da declaración do imposto sobre a renda das persoas física no exercicio 2021, dividida entre o número de membros computables da unidade familiar a data 1 de marzo de 2023.
Cando non se presentase declaración, teranse en conta os ingres de acordo cos datos facilitados pola Axencia Estatal de Administración Tributaria.
Para determinar a puntuación utilízase o Indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM) anual de 2021, e que está fixado en 6.778,80 € na disposición adicional centésima vixésima primeira da Lei 11/2020, do 30 de decembro, de Orzamentos xerais do Estado para o ano 2021.