O centro organiza unha xornada de convivencia o luns día 6 de febreiro en horario de tarde. Temos como obxectivo facer do noso cole un entorno o máis bonito e agradable posible para os nosos nenos e as nosas nenas e queremos contar con toda a comunidade educativa que queira participar con nós.
A xornada de convivencia consiste nunha xuntanza no patio do colexio e entre todos e todas decorar os patios, repasar os debuxos existentes, pintar un muro do horto, pintar o banco da amizade, restaurando as pinturas que xa están e poñendo un pouco de color nalgún dos outros muros.
A actividade desenvolverase de 16.00 a 18.30 horas, todos os nenos e nenas acompañados de pais, nais, irmáns….que queiran e poidan, poden achegarse ao centro. O alumnado estará encantado. Eles e elas mesmos foron quenes propuxeron como lles gustaría que estivese o patio.
A ANPA Manuel Murguía do noso colexio colabora nesta actividade. Actividade que ten como finalidade o achegamento do centro ás familias e as familias ao centro. Haberá un chocolate ao final da xornada.
Moitísimas grazas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario