luns, 13 de febreiro de 2023

FESTA DO ENTROIDO ORGANIZADA POLA ANPA 17/02/2023

 Estimadas familias :

 Dende a ANPA Manuel Murguía estamos a organizar a festa do ENTROIDO para o día 17 de Febreiro, en horario de 16:00 a 18:00. Se asisten a comedor deberán ser recollidos no seu horario habitual e accederán ao centro acompañados. É obrigatorio que os nenos veñan acompañados dun adulto (maior de idade). Só poderán acceder ao recinto os anotados. A entrada será de 16:00 a 16:30 horas.

 Haberá unha merenda con productos típicos do Entroido.

 Contaremos cunha actuación especial dun exalumno do centro:

 

PEPE CAPELÁN

 Humorista, presentador e colaborador da RTVG, músico e artista polifacético que nos deleitará cunha actuación-parodia do Entroido.

 Deberase confirmar cubrindo o formulario seguinte antes do 17 de febrero ás 12 horas:

Escaneade o código QR ou pinchade no enlace:


 

SOCIOS

NON SOCIOS

ENTRADA:

DE BALDE

5 € POR FAMILIA

(a pagar na entrada)

 

Lembrade respetar a sinalización existente no aparcadoiro de vehículos

CONFERENCIAS TEA PARA DOCENTES E FAMILIAS

14 de febreiro


28 de febreiro 



OBRADOIRO: CONSELLOS PARA UN ENTROIDO SEGURO E SEN RISCOS

Obradoiros sobre “Consellos para un entroido seguro e sen riscos” no CEIP de Galán.

O pasado luns 6 de febreiro os nenos e nenas de primeiro e segundo de primaria realizamos unha actividade proposta pola Xunta por medio do Instituto Galego do consumo que consistiu na realización de obradoiros sobre “Consellos para un entroido seguro e sen riscos”.

Entre outras cousas aprendemos como previr riscos nos nosos traxes e complementos de entroido, coñecemos o etiquetado destes produtos, e déronnos consellos moi interesantes para gozar ao máximo desta festividade.

Ademais de isto con axuda dos profes, das profes e monitores elaboramos unhas máscaras moi lucidas que poderemos empregar nesta festa popular.

Xa estamos preparados para gozar do Entroido e dos nosos traxes con seguridade e sen riscos!

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

 


MANDADIÑOS DO MECO








 

ORGANIZACIÓN ENTROIDO VENRES 17 DE FEBREIRO DE 2023

 


martes, 7 de febreiro de 2023

AGRADECEMENTO ESPECIAL

Queremos enviarvos un agradecemento moi especial a todas as familias, á ANPA, ao alumnado e profesorado que participou na xornada de convivencia na tarde do 6 de febreiro. Unha tarde na que nos adicamos a pintar os debuxos e muros dos patios. Pasámolo moi ben! Un chocolate con churros foi o remate final da xuntanza!

Moitísimas grazas por facer posible a iniciativa!!!

Na imaxe podedes ver unha foto da actividade. Tedes máis imaxes na galería.

 

AGRADECEMENTO ESPECIAL

CONCURSO DE POESÍA ADICADO A ROSALÍA. CONCELLARÍA DE CULTURA DO CONCELLO DE ARTEIXO

 SEMANA DE ROSALÍA 2023. BASES DO CERTAME DE POESÍA.

Para o alumando de 4º, 5º, e 6º.

No adxunto están as bases, desde o centro enviarase a autorización.

Bases Rosalía 2023

UN PRECIOSO ATARDECER NO NOSO COLE

Foto tomada pola profe Loli,

Moitas grazas!

UN PRECIOSO ATARDECER NO NOSO COLE

A PROFE LOLI E O PROFE MIGUEL VISITARON AS AULAS DO CENTRO

Os nenos e nenas do cole tiveron hoxe venres, día 3 de febreiro, unha visita especial polas aulas.

Dous  pintores, a profe Loli e o profe Miguel, ensináronlles algo de pintura. Estaban encantados!

O vindeiro luns a comunidade educativa repasará os debuxos do patio con pintura.

A PROFE LOLI E O PROFE MIGUEL VISITARON AS AULAS DO CENTRO

xoves, 2 de febreiro de 2023

O RECUNCHO DE BAILE

Dende a Anpa queremos agradecer á familia de 5º que fixo posible O RECUNCHO DE BAILE no patio do colexio, facéndoo e asumindo o custo.



MOITAS GRAZAS¡¡¡¡¡

Esta mamá chámase Fani e realiza artesanía con madeira.

Deixámosvos a súa páxina web para que os animades a votarlle un ollo:

https://www.peixeslove.com/ 


XORNADA DE CONVIVENCIA DA COMUNIDADE EDUCATIVA

O centro organiza unha xornada de convivencia  o luns día 6 de febreiro en horario de tarde. Temos como obxectivo facer do noso cole un entorno o máis bonito e agradable posible para os nosos nenos e as nosas nenas e queremos contar con toda a comunidade educativa que queira participar con nós.

A xornada de convivencia consiste nunha xuntanza no patio do colexio e entre todos e todas  decorar os patios, repasar os debuxos existentes, pintar un muro do horto, pintar o banco da amizade, restaurando as pinturas que xa están e poñendo un pouco de color nalgún dos outros muros.

A actividade desenvolverase de 16.00 a 18.30 horas, todos os nenos e nenas acompañados de pais, nais, irmáns….que queiran e poidan, poden achegarse ao centro. O alumnado estará encantado. Eles e elas mesmos foron quenes propuxeron como lles gustaría que estivese o patio.

A ANPA Manuel Murguía do noso colexio colabora nesta actividade. Actividade que ten como finalidade o achegamento do centro ás familias e as familias ao centro. Haberá un chocolate ao final da xornada.

 

Moitísimas grazas!