luns, 30 de xaneiro de 2023
UNHA VETERINARIA NO RURAL
UNHA VETERINARIA NO RURAL
O venres día 27 de xaneiro, visitou o noso cole María Álvarez Rey, unha veterinaria que nos ensinou como é o seu día a día no seu traballo no rural.
María traballa para un grupo de veterinarios, que se encarga do coidado e saúde dos seus animais, principalmente vacas.
Aproveitamos a súa visita para aprender máis sobre as vacas, a súa fisionomía, os seus coidados, a producción do leite e moitas máis cousas...
A que non sabedes como se pode saber os anos que ten unha vaca? E sabedes que todas as vacas teñen un nome e que os gandeiros e gandeiras coñecen polo nome a todas as vacas da súa granxa?
E que as vacas non teñen nin un, nin dous, nin tres...teñen catro estómagos. Son animais herbívoros e rumiantes. Só teñen os dentes de abaixo.
Pois María contounos estas e máis cousas... Que ben o pasamos!
Mil grazas María, pola túa simpatía e por todo o que aprendemos hoxe!
Alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de primaria