PRAZO DE RESERVA para o alumnado matriculado en 6º de educación primaria no CEIP de Galán e en 6º de educación infantil nas Escolas de Infantil adscritas ao centro.
O resto de alumnado do centro non ten que realizar este proceso.
do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro de 2023
Normativa relacionada
- Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
- Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).
Presentación de solicitudes
As solicitudes (ED550A e ED550B) presentaranse preferiblemente por vía electrónica, mediante o formulario normalizado dispoñible na aplicación informática admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente no centro docente indicado en primeiro lugar ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opcións descritas a continuación:
Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro:
Para presentar a solicitude presencialmente no centro deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Crear e Confirmar”. Feito isto poderá descargala para asinar e presentar no centro.Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica:
Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital, para iso deberá premer na icona verde que se atopa arriba á dereita. Posteriormente deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Confirmar solicitude” e posteriormente premendo no botón "Firmar e presentar en Sede Electrónica", poderá asinar a solicitude dixitalmente, quedando como presentada no centro, sempre que o proceso de sinatura remate correctamente. Debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar solicitude.IMPORTANTE: Debe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia, o anexo II bis dixitalizado (COMPROBACIÓN DE DATOS DOS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR, última páxina da solicitude que pode visualizar e descargar na aplicación).
Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro:
Se non desexa cubrir a solicitude dixitalmente pode facelo de xeito manual descargando o documento adxunto, cubrilo e presentalo asinado no centro.
ADXUNTOS:
1. Manual de reserva para familias.
2. Solicitude en galego.
3. Solicitude en castelán.
Os prazos para tramitar o procedemento de admisión e formalizar a matrícula son os seguintes e, en todo caso, enténdense referidos ao ano natural:
1. Prazo de presentación de solicitude de reserva: do 15 de xaneiro ao 6 de febreiro.
2. Publicación da listaxe do alumnado con posto reservado: o 22 de febreiro.
3. Data do sorteo público para os efectos de desempate: última semana de febreiro e, en todo caso, antes do 1 de marzo.
4. Publicación de postos escolares vacantes: antes do 1 de marzo.
5. Prazo de presentación de solicitude de admisión: do 1 ao 20 de marzo.
6. Prazo de presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión.
7. Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: o 25 de abril.
8. Prazo de reclamación contra as listaxes provisionais: 5 días hábiles, contados a partir do seguinte á data de publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido.
9. Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: o 15 de maio.
10. Prazo para formalizar a matrícula en educación infantil e primaria: do 20 ao 30 de xuño.
11. Prazo para formalizar a matrícula na ESO e bacharelato: do 23 de xuño ao 7 de xullo.
Cómputo de prazos
Para os efectos de cumprir os trámites do procedemento de admisión e formalización da matrícula do alumnado, cando o último día do prazo non sexa lectivo, prorrogarase automaticamente ata o día lectivo inmediato seguinte.
Ningún comentario:
Publicar un comentario