xoves, 17 de febreiro de 2022

FESTA DE ENTROIDO ORGANIZADA POLA ANPA

 

Estimadas familias :

Dende a ANPA Manuel Murguía estamos a organizar o CARNAVAL, para o día 25 de Febreiro, en horario de 16:00 a 18:00. É obrigatorio que os nenos veñan acompañados dun adulto e cumprir as medidas sanitarias.

 Podedes colaborar con productos típicos do entroido.

Para unha boa organización necesitamos confirmación de asistencia para organizar a festa  dun xeito adecuado.

 Deberase confirmar entregando a circular cuberta por correo electrónico antes do 25 de Febreiro.

ANIMADEVOS!!!

FORMULARIO DE ASISTENCIA

INCORPORACIÓN DA PERSOA AUXILIAR DE CONVERSACIÓN

 Estimadas familias,

o mércores día 16 de febreiro incorporouse ao noso centro e ata finais de curso a persoa auxiliar de conversación.

A incorporación de auxiliar de conversación é un programa complementario de apoio e colaboración de profesorado nativo para posibilitar a práctica da conversa oral, proporcionar un modelo de corrección lingüística e achegar o alumnado e profesorado á cultura do seu país. No noso caso é Canadá.

Un cordial saúdo

O equipo directivo

mércores, 16 de febreiro de 2022

ENTROIDO 2022

 OS MANDADIÑOS DO MECO

 

Luns que pereza!

Trae o pixama para

comezar a semana.

 

Martes, como o ves,

se traemos unha

prenda do revés?

 

mércores, que emoción,

pon un zapato

de cada cor!

 

xoves xa case é

festa, vén

rechamandeiro dos

pés a testa.

 

venres para gozar,

trae o disfrace

    e ganas de bailar

luns, 14 de febreiro de 2022

O ALUMNADO DE INFANTIL CELEBRA O DÍA DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA

 


XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

 


ESPAZO EDUCA_CreandoPontes. Obradoiro con familias. RIAL BOUBETA

 

INFORMACION

Programa de Lingua Árabe e Cultura Marroquí ( PLACM )

 O programa de ensinanza da Lingua Árabe e Cultura Marroquí (PLACM) está establecido ao amparo do vixente Convenio de Cooperación Cultural entro o Goberno de España e o Goberno do Reino de Marrocos.

Este programa vai dirixido ao alumnado marroquí escolarizado nos centros educativos de primaria e secundaria.

Entre os obxectivos cabe destacar fomentar a educación intercultural, a inclusión escolar e sociocultural deste alumnado no Sistema Educativo Español e na sociedade española dende unha perspectiva educativa intercultural.

No noso centro as clases comezarán o día 10 de febreiro e impartiranse os xoves de 16.00 a 18.00 horas.

SEMANA DE ROSALÍA 2022. BASES DO CERTAME DE POESÍA DO CONCELLO DE ARTEIXO

Estimadas familias,

achegamos as bases para participar no concurso de Poesía de Rosalía nos adxuntos. Destinado para o alumnado de 4º, 5º e 6º de educación primaria.

Bases Concurso de PBases Concurso de Poesía de Rosalíaoesía de Rosalía

AUTORIZACION

CONTOS NA LAREIRA

 Na #BiblioGalán comezamos un novo proxecto co cal queremos que as familias, profesorado así como o resto de comunidade educativa sexan as verdadeiras e os verdadeiros protagonistas. 

En Galicia temos unha enorme tradición de contos narrados ao carón da lareira nas frías noites de inverno. Pois ese espírito é o que queremos manter na nosa biblioteca e para iso, dende este curso, presentamos o proxecto Contos na lareira, co cal invitamos a calquera persoa da nosa comunidade educativa a vir a ter a palabra na nosa lareira da escola, a biblioteca escolar.

Para poder participar no proxecto, tan só hai que cubrir o seguinte formulario. Este equipo poñeráse en contacto con vós para buscar un día, hora, etc. É importante que leades con moita atención as bases do proxecto, especialmente nestes momentos nos que seguimos pendentes da evolución da crise sanitaria provocada pola Covid - 19. 

Estaremos encantadas e encantados de recibirvos na nosa lareira e de escoitar os contos que tedes preparadas e preparados para todas e todos nós. Agardámosvos!

TODA A INFORMACIÓN ATOPARÉDALA NO BLOGUE DA BIBLIOTECA!