venres, 26 de novembro de 2021

UN DÍA MOI ESPECIAL! 25 N CAMPAÑA DE VACINACIÓN CONTRA A VIOLENCIA

 Co gallo da celebración do 25 N, Día Internacional contra a violencia de xénero, no CEIP de Galán o xoves 25 levouse a cabo a CAMPAÑA DE VACINACIÓN CONTRA A VIOLENCIA.

Todo o alumnado dende educación infantil ata sexto de educación primaria quedou vacinado contra a violencia de agora en adiante para actuar con  tolerancia e respecto cara aos demais.

As persoas responsables da vacina foron a mestra Loli, “ Xefa de enfermería”, e o mestre Miguel, “ Técnico auxiliar”  quenes pasaron a vacinar polas aulas.


A vacina consistiu na entrega dun lazo de cor morado a cada alumna e a cada alumno xunto co certificado da vacina que levaron ás súas casas.


A medida que se iban vacinando o alumnado solicitaba: Quero a receita da vacina, por favor, para levarlla á miña familia!

Os nenos e nenas desfrutaron do día cunha vacina diferente a que están acostumados.

Un día especial construíndo unha mellor convivencia!





 



 



 



xoves, 25 de novembro de 2021

Sesións formativas e informativas para o alumnado de 5º e 6º de educación primaria.

 Datas:

23 de novembro, para o alumnado de 5º de educación primaria.

24 de novembro, para o alumnado de 6º de educación primaria.

Horario: de 9.00 a 11.25 horas, unha sesión por curso.

A temática, Acoso Escolar, impartida por persoal experto das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.

MAXIA POLA IGUALDADE

 


ANPA BARRIONOVO

 "En Nós está a Igualdade! "

Proxecto colaborativo no campo da IGUALDADE entre as ANPA Manuel Murguía (Galán), ANPA Larín, ANPA A Lagoa e Anpa Barrionovo.
👉Segundo ano que traballamos xuntas con moi bo resultado.
👉Repetiremos, seguro!
👉Audiovisual a cargo de Fran Naveira.
👉Moitísimas grazas ás profes, especialmente a María e a directora Alba.

✔️Actividade subvencionada pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e polo Ministerio de Igualdade.


VIDEO



25N21 Día Internacional contra a violencia de xénero




venres, 19 de novembro de 2021

COLABORACION DA ANPA DO CEIP GALAN NA RECOLLIDA DE ALIMENTOS

 Bos días:

A ANPA "Manuel Murguía" do CEIP Galán, represantada por Adriana Torres, colabora na recollida de alimentos no Concello de Arteixo.

Moitas grazas Adriana¡¡¡¡¡¡




luns, 15 de novembro de 2021

Celebramos o Magosto

 Por San Martiño faise o magosto con castañas asadas e viño ou mosto”, di o refrán.

 

Na súa orixe, o magosto era unha festa en torno ao lume e as castañas

asadas coa que os galegos e galegas honraban as colleitas.

O lume nas frías noites de primeiros de novembro convidaba a compartir

contos e lendas antigas. O magosto tradicional enténdese como unha

merenda, a base de castañas asadas, que se celebra no mes de novembro,

entorno a data do San Martiño. Encéndese o lume ata facer brasas, enriba

póñense parrillas furadas e ás castañas dánselles voltas cun pau ata que

están ben asadas.

E en Galán, o venres 12 de novembro, os participantes do magosto

foron os nenos e nenas desde cuarto de infantil ata sexto de primaria,

quenes disfrutaron do día tomado as castañas, en grupo-clase, á hora do

recreo, un recreo especial porque foi ademais máis longo. Non houbo

xogos coas castañas como outros cursos por protocolo Covid pero aínda así

degustaron as castañas que asaron os mestres e mestras Sandra, Miguel,

Paco e Miriam.

Toda unha organización: parrilla, leña, lume, castañas, traxes de

castiñeiras e castiñeiros, cestiños para botar as castañas e as tonas,

cucuruchos de papel par encher de castañas, moita, moita alegría ... e un

día estupendo!

Os nosos nenos e nenas pasárono moi ben e as castañas estaban  boísimas!

 

Un día especial e diferente no CEIP de Galán!

 

Moitas grazas ás familias porque fixeron posible tamén o Magosto!

Aquí tedes unhas fotos de mostra




Distribución de máscaras ao alumnado

 Normativa. ORDE do 28 de ocutubro de 2021

Alumnado destinatario:

Alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial:
a) Non ten que presentar solicitude:
O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022.
b) Ten que presentar solicitude:
O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022 que cumpra algunha das seguintes condicións:
Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.
Alumnado matriculado en educación especial.
Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

SOLICITUDES (SÓ PARA ALUMNADO NON BENEFICIARIO DA AXUDA DE MATERIAL ESCOLAR)
Forma de presentación da solicitude: Unicamente de forma presencial no centro educativo no que estea
matriculado o/a alumno/a.
Prazo:
1.Para o alumnado matriculado no centro no día de publicación da orde no Diario Oficial de Galicia:10
días hábiles a partir do seguinte á publicación no Diario Oficial de Galicia, é dicir, do 15 ao 26 de novembro de 2021

SOLICITUDE

venres, 12 de novembro de 2021

FESTA DO MAGOSTO 2021 ORGANIZADA POLA ANPA

Estimadas familias :

 Dende a ANPA Manuel Murguía estamos a organizar o MAGOSTO, para o dia 19 de Novembro, en horario de 16:00 a 18:00. É obrigatorio que os nenos veñan acompañados dun adulto e cumprir as medidas sanitarias.

Para unha boa organización necesitamos confirmación de asistencia para organizar a festa  dun xeito adecuado.

 Deberase confirmar entregando a circular cuberta por correo electrónico antes do 18 de Novembro.

ANIMADEVOS!!!

CIRCULAR


xoves, 11 de novembro de 2021

PARTICIPACIÓN E BENESTAR NA COMUNIDADE EDUCATIVA

 ÉLIDA ZAITEGUI

Mestra, pedagoga, inspectora educativa e, sobre todo, experta en mellorar a convivencia e a colaboración nos centros educativos.

Obradoiro con familias, no Centro Cívico de Arteixo o vindeiro mércores día 17 de novembro.

Máis información e inscrición, picade aquíe vedes o díptico.

 

O equipo directivo

Magosto, venres 12 de novembro

 Moitas grazas pola leña que nos trouxestes!

 

O equipo de EACE

luns, 8 de novembro de 2021

Volveron as cabazas ao CEIP de Galán polo Samaín 2021!

 O Samaín é unha festa de orixe celta que se vén celebrando en Galicia dende fai millleiros de anos.

A finais do mes de outubro, os antigos pobos celtas conmemoraban o final da colleita, coñecida como Samaín,que significa “final do verán”. Crían que a noite do 31, os espíritos dos mortos volvían á vida para visitar o mundo dos vivos, polo que realizaban distintos rituais para protexerse.

Un dos ritos da noite de Samaín, consistía en baleirar cabazas e meter no seu interior carbón ardendo para alumear or egreso dos difuntos  e alonxar aos espíritos non desexados.

Na actualidade, seguimos alumeando e decorando cabazas na noite de Samaín, como facían os nosos ancestros.

 

O venres 29 de outubro celebrouse a festa do Samaín no centro.

 

Como xa é tradición, no CEIP de Galán, fíxose unha exposición coas cabazas que trouxeron os nenos e as nenas e na que as familias do centro participaron arreo.

Escolleron cabazas e decoráronas como máis lles gustaron. Cabazas terroríficas, graciosas, coquetas, de medo, de personaxes…

O alumnado veu disfrazado, pero sen complementos, con disfraces terroríficos. E as profes e os profes tamén!

Hai que resaltar que houbo máis sorpresas, poideron disfrutar ou asustarse na pasaxe do terror, sacar a foto de grupo no photo call e por suposto ler e escoitar contos, moitos, moitos contos de medo.

O alumnado viviu unha xornada totalmente terrorífica e pasouno moi ben.

O equipo de EACE e de Biblio agradece a colaboración de toda a comunidade educativa nesta festa que tanto gusta aos nenos e nenas e tamén aos que non son tan pequenos.

Teredes fotos na Galería moi pronto.

xoves, 4 de novembro de 2021

Formación sobre diversidade afectivo-sexual e familiar


Prezadas familias:


As ANPAS do CEIP Galán e das Escolas Infantís de Barrionovo, A Lagoa e Larín organizan a seguinte actividade, na que vos convidamos a participar:


Formación sobre diversidade afectivo-sexual e familiar


Imparte: Cristina Palacios Castro (Fundación Arelas)

Data: 11/11/2021

Horario: 17:00 - 19:00

Lugar: CEIP Galán - Oseiro (Aula de usos múltiples) 



Que aprenderemos? 

  • Conceptos clave para comprender a diversidade afectivo-sexual. 

  • Aproximarnos á transexualidade infanto-xuvenil e saber acompañala

  • As familias ante xs fillxs LGTBI+. 

  • Principais formas de exercer e vivir a LGTBIfobia.


Inscrición en anpagalan@gmail.com