2021-2022
mércores, 30 de xuño de 2021
martes, 29 de xuño de 2021
INSTRUCIÓNS COMEDOR ESCOLAR 2021-2022
INSTRUCIÓNS COMEDOR ESCOLAR.Na ligazón tedes o texto completo das instrucións de comedor da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.
(Actualizado o 30 de xuño de 2021)
Dase resposta ás preguntas sobre o servizo de comedor.
1. Caso de renovación de comedor. Presentar a solicitude e marcar usuario/a comedor. Solicitude actualizada.
2. Caso de nova solicitude. Presentar a solicitude, marcando o que corresponda xunto coa documentación que figura ao pé do impreso.
3. Pódese presentar por correo electrónico? SI, só no caso de non poder asistir presencialmente ou por causa xustificable. Podería presentar a solicitude cumprimentada outra persoa que autoricedes.
En ASUNTO: Solicitude comedor ou Renovación comedor co nome e apelidos do alumno/a.
4. Volveríamos ao horario habitual? De momento esa información non se ten. Dependerá das instrucións e orgnización do centro según a situación sanitaria.
5. Hai que pedir cita? Non, é por orde de chegada ao centro no horario que tedes en outros datos. Acceso de 1 persoa cumprindo as medidas de hixiene Covid-19.
OUTROS DATOS
PRAZOS:
Solicitudes: do 30 de xuño ao 6 de xullo
Horario: 9.15 a 13.00 h
RENOVACIÓN: OS USUARIOS/AS DO CURSO 2020-2021
NOVA SOLICITUDE: ALUMNADO QUE SOLICITE POR PRIMEIRA VEZ
LISTAS PROVISIONAIS: 8 de xullo
ALEGACIÓNS ÁS LISTAS PROVISIONAIS ( 5 días, 9 ao 14 de xullo)
LISTA DEFINITIVA E LISTA DE RESERVAS: 20 de xullo
SETEMBRO: 1 ao 6 de setembro. Declaración responsable.
PRAZAS: 75: Prioridade os usuarios e usuarias do curso 2020-2021.
O equipo directivo
luns, 28 de xuño de 2021
ACTO DE GRADUACIÓN DO ALUMNADO DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA
Estimadas familias,
tedes colgadas as fotos do acto de graduación do alumnado de 6º de Educación Primaria, podedes acceder na pestaña Galería ou ir directamente a través da ligazón
Un saúdo
O equipo educativo
mércores, 23 de xuño de 2021
Fin do curso 2020-2021
Estimadas familias,
hoxe remata o curso 2020-2021, un curso atípico e moi difícil, un curso que entre todos e todas levamos adiante. Por isto, queremos agradecer a colaboración das familias, do alumnado, do persoal docente e non docente, nesta tarefa.
O Claustro de profesores e profesoras do centro e o Equipo directivo deséxavos un
BO VERÁN!
Xuntamos a Carta do Presidente da Xunta de Galicia aos directores e directoras dos centros públicos extensiva ao conxunto da comunidade educativa do centro para o voso coñecemento.
Agradecemento á ANPA Manuel Murguía
Desde o centro queremos dar o noso máis sinceiro agradecemento á ANPA do CEIP de Galán polo agasallo que recibiu o alumnado de sexto, no día tan especial para eles e elas, Promoción 2015-2021 !
Sen dúbida foi unha grandísima sorpresa para completar tan emotivo día cheo de emocións...GRAZAS!
martes, 22 de xuño de 2021
luns, 21 de xuño de 2021
xoves, 17 de xuño de 2021
ACTOS DE PROMOCIÓN DO ALUMNADO
Estimadas familias,
estamos xa na recta final deste curso 2020-21 e queremos informarvos que celebraremos os
actos de despedida e promoción de 6º de Educación Infantil e 6º de Educación Primaria con
cada grupo individualmente, e só para o alumnado, os días:
Xoves día 17, co alumnado de 6º de Educación Infantil.
Luns día 21, co alumnado de 6º de Educación Primaria.
Agardamos que se leven un bo recordo. Seguro que si!
O profesorado titor e os equipos educativos.
Actividade para a comunidade educativa. Xogo virtual: E ti, que sabes de igualdade?
Estimadas familias,
o centro participará con algúns cursos de Primaria na actividade, Xogo virtual "E ti, que sabes de igualdade?" É un test lúdico de 30 preguntas impulsado polo Centro de Información ás Mulleres (Concello de Arteixo) co obxectivo de reforzar os coñecementos en materia de igualdade e prevención da violencia de xénero.
Desde o centro animamos tamén ás familias e ao resto da comunidade educativa a superar este reto.
Moitas grazas!
Un saúdo,
O equipo de Convivencia do CEIP de Galán.
luns, 14 de xuño de 2021
DATAS DO CEIP DE GALÁN .VALES E FONDO DE LIBROS.
LISTAXES DE LIBROS DO FONDO E ENTREGA DE VALES
2 de xullo: Publicación das listaxes provisionais do fondo de libros.
5 e 6 de xullo: Reclamación ás listaxes provisionais.
8 de xullo: Publicación de listaxes definitivas.
5 e 6 de xullo (de 9:15 a 13.30 h): Entrega de vales para a adquisición de libros de texto e material.
AUTORIZACIÓN PARA A RECOLLIDA DE VALES ( Actualizado 23 de xuño de 2021)
Axudas de libros de texto e vales de material. (Actualizado 14/06/2021)
O centro docente publicará no taboleiro de anuncios a relación de solicitudes con indicación das deficiencias detectadas ou documentación da que carezan, para que a persoa solicitante, no prazo de dez (10) días, emende as deficiencias ou remita os documentos preceptivos.
Cando a persoa interesada emende as deficiencias da solicitude ou da documentación, o director ou o persoal que designe procederán a validalas, a comprobar a renda (artigo 17.1.c) e a xerar e entregar o vale para adquirir libros de texto ou o vale para adquirir material escolar (artigo 23).
Quedarán excluídas as solicitudes que non se puidesen validar por estaren presentadas fóra de prazo, por falta de emenda das deficiencias da solicitude e/ou da documentación ou por falta da devolución dos libros de texto recibidos do fondo solidario ou adquiridos coa axuda.
Emenda de erros detectados nos vales: 10 días desde que se recibe o vale.
Os vales que queden sen entregar poderán recollerse a partires do día 01 de setembro na Secretaría do Centro en horario de 09:30 a 12:30 horas.
EN SETEMBRO, EN DATA E HORA QUE SE COMUNICARÁ PREVIAMENTE: ENTREGA DE LIBROS DE TEXTO DO FONDO ÁS FAMILIAS DE 3º e 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA.
Avisos:
- Publicación das listaxes no taboleiro de anuncios interior do centro.
- Non se dará información por teléfono por tema de protección de datos.
martes, 8 de xuño de 2021
MATRÍCULA 2021-2022
Estimadas familias,
xa tedes á vosa disposición en conserxería os sobres coa documentación da matrícula para aquelas familias de novo alumnado que desexen recollelo.
PRAZO DE ENTREGA: 21-30 de xuño