martes, 9 de marzo de 2021

Proxecto Digicraft en tu Cole no marco do Plan Digitalent. CEIP de Galán

 Relación definitiva de centros seleccionados da convocatoria para participar no proxecto Digicraft en tu Cole no marco do Plan Digitalent, durante os cursos 2020/21 e 2021/22. 

RELACION CENTROS

8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

 


DONAS DE SÍ

 

Dentro dos proxectos de Innovación Educativa que a Consellería de Educación oferta cada curso, o CEIP Galán, no curso 2020-2021, participa no programa "Donas de Sí." 

Este programa ten como obxectivo principal a visibilización e posta en valor da participación e produción das mulleres como pezas fundamentais na configuración e no

desenvolvemento da sociedade galega contemporánea, de xeito que se recoñeza o seu papel político, social, artístico, científico e cultural.

"ABRINDO AS PORTAS A MULLERES DE ONTE E DE HOXE" é o título que escollemos para participar neste proxecto de innovación dende o noso centro.

As actividades que realizamos para traballar os obxectivos deste programa, están colgadas no apartado de Donas de Si.

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

 O 11 de febreiro celebramos o Día Internacional da Muller e da Nena na ciencia. As mestras integrantes do proxecto "Donas de Sí" traballamos nas

nosas aulas con diferentes mulleres científicas. A continuación, podedes ver os traballos realizados pinchando en cada vídeo.

 

VÍDEO 1         VÍDEO 2        VÍDEO 3

 

Nomes das mulleres científicas traballadas:

Antonia Ferrín (1ª Astrónoma galega).

Isabel Zendal (1ª Enfermeira galega).

Ángeles Alvariño (1ª Científica nun buque de investigación Internacional).

Sarah Gilbert,Kizzmekia Colbert e Chen Wei (nais da vacina contra o covid-19).

Ángela Ruíz Robles (precursora do libro electrónico).

Elisa Patiño(1ª Aeronauta galega).

Concurso de fotografía e imaxe

 Os nenos e nenas  de 5º e 6º de Primaria do CEIP de Galán participamos esta semana no “Concurso de Fotografía e Imaxe” proposto polo CIM (Centro de Información ás Mulleres) de Arteixo, co obxectivo de promover no alumnado a conciencia sobre a necesaria igualdade de xénero e reflexionar sobre o papel das mulleres na sociedade actual, a través da fotografía/debuxo/collage ou similar presentado en formato dixital.

Dentro duns días saberemos se algunha das nosas creacións acadan ser finalistas... BOA SORTE !!!