martes, 9 de marzo de 2021

DONAS DE SÍ

 

Dentro dos proxectos de Innovación Educativa que a Consellería de Educación oferta cada curso, o CEIP Galán, no curso 2020-2021, participa no programa "Donas de Sí." 

Este programa ten como obxectivo principal a visibilización e posta en valor da participación e produción das mulleres como pezas fundamentais na configuración e no

desenvolvemento da sociedade galega contemporánea, de xeito que se recoñeza o seu papel político, social, artístico, científico e cultural.

"ABRINDO AS PORTAS A MULLERES DE ONTE E DE HOXE" é o título que escollemos para participar neste proxecto de innovación dende o noso centro.

As actividades que realizamos para traballar os obxectivos deste programa, están colgadas no apartado de Donas de Si.

Ningún comentario:

Publicar un comentario