xoves, 25 de febreiro de 2021

ACTIVIDADES 8M CONCELLO DE ARTEIXO

 Bó día,

facémovos chegar información sobre as actividades para conmemorar o 8 de Marzo, Día Internacional das Mulleres, dirixidas ó alumnado do concello de Arteixo.

Estas ofertanse a través dos centros educativos, pero poden participar igualmente de forma individual. Animámovos a falar cos vosos fillos e fillas deste tema e estimular a súa creatividade.

Ademais do cartel coas referencias para informarvos xúntase a folla de inscrición, que é obrigatoria que sexa asinada por pai/nai ou persoa titora para participar no concurso.--

Ningún comentario:

Publicar un comentario