xoves, 25 de febreiro de 2021

ACTIVIDADES 8M CONCELLO DE ARTEIXO

 Bó día,

facémovos chegar información sobre as actividades para conmemorar o 8 de Marzo, Día Internacional das Mulleres, dirixidas ó alumnado do concello de Arteixo.

Estas ofertanse a través dos centros educativos, pero poden participar igualmente de forma individual. Animámovos a falar cos vosos fillos e fillas deste tema e estimular a súa creatividade.

Ademais do cartel coas referencias para informarvos xúntase a folla de inscrición, que é obrigatoria que sexa asinada por pai/nai ou persoa titora para participar no concurso.--

PROCESO DE ADMISIÓN. LISTAXE DE ALUMNADO ADMITIDO QUE RESERVOU PRAZA

O alumnado das Escolas de Infantil de Barrionovo e Vilarrodís que presentou a reserva de praza para o CEIP de GALÁN está admitido.

A listaxe  está publicada no taboleiro interior do centro.

luns, 22 de febreiro de 2021

Proxecto Digicraft en tu Cole no marco do Plan Digitalent. CEIP de Galán

 Xúntase a Relación provisional de centros seleccionados da convocatoria para participar no proxecto Digicraft en tu Cole no marco do Plan Digitalent, durante os cursos 2020/21 e 2021/22. 

xoves, 18 de febreiro de 2021

11 DE FEBREIRO. DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA


 maxe da exposición do Día Internacional da muller e a nena na ciencia.

Celébrase cada ano o 11 de febreiro. Foi aprobado pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas o 22 de decembro de 2015.