luns, 25 de xaneiro de 2021

RECORDATORIO: ENTREGA DE MÁSCARAS.

 Recordade que tedes pendente de recoller as 3 máscaras hixiénicas reutilizables.

As familias que recollestes o vale de material escolar sodes as que tedes dereito ás máscaras.

Podedes pasar polo centro  durante todo o mes de xaneiro solicitando cita previa.

IMPORTANTE:  Duración de uso das máscaras ( 4 horas ).

HORARIOS ESPELLO

 Estimadas familias,

Ante un escenario de pandemia que pode prolongarse no tempo, as familias deben saber que, no caso de que os seus fillos deban quedar na casa nalgún momento por confinamentos de maior ou menos duración, van contar cun plan de ensino virtual, completo, con horarios definidos, clases e tarefas organizadas, que se suma ás medidas xa en marcha. Trátase de estar preparados para o caso hipotético non desexable de confinamento, que agardemos non sexa preciso.

Cada centro elaborará un horario espello para a docencia a distancia similar ao do ensino presencial. Deste xeito, no caso de ter que pasar ao escenario de ensino virtual, poderase seguir un esquema de seguimento das materias moi similar ao das clases presenciais.

Esta programación respectará a carga lectiva de cada materia e distribuirase de tal forma que un mínimo do 60% se centre na docencia virtual e o 40% se destine á realización de tarefas e actividades por parte do alumnado. Así mesmo, respectaranse os tempos de descanso dos estudantes.

HORARIOS ESPELLO POR CURSOS

O Equipo Educativo

ENTREGA DE MÁSCARAS HIXIÉNICAS REUTILIZABLES

 O venres 8 de xaneiro comezamos co reparto das máscaras hixiénicas reutilizables segundo a Orde do 6 de novembro de 2020 (DOG do 13 de novembro).

Entreganse 3 máscaras en bolsas individuais.

As familias recolleranas na secretaría do centro, previa petición de cita e cumprimentando o recibín.

Características das máscaras:

Máscara fabricada en MASVID 100% Poliéster

Doble tela con costura central

Color azul

Envasado individual

75 lavados a 35ºC ou 60 lavados a 60ºC

Fabricadas en España

Certificación UNE-00065

 

O equipo directivo

xoves, 7 de xaneiro de 2021

FESTIVAL DE NADAL

 Prezadas familias,

Podedes premer no enlace de cada curso para ver as correspondentes actuacións do Festival de Nadal.

Esperamos que as gocedes.

O Equipo Educativo

4º E.I.    5º E.I. A   5º E.I. B   6º E.I. 

1º A  1º B  1º C

2º A  2º B  2º C

3º A  3º B

4º A  4º B  4º C

5º A  5º B  5º C

6º A  6º B 6º C

Admisión de alumnado - modificación da orde do 12 de marzo de 2013 no procedemento

 

ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (código de procedemento ED550A e ED550B

O alumnado que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición, para os efectos de reserva de praza neste, deberá presentar no centro de orixe ou a través da aplicación “admisionalumnado” (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) o formulario normalizado (ED550A) que se publica como anexo I.

O prazo de presentación estará comprendido entre os días 11 de xaneiro e o 8 de febreiro.

É NECESARIO SOLICITAR CITA PREVIAMENTE PARA TRAMITAR A RESERVA DE PRAZA      

Quenes teñen que presentar a reserva de praza? O alumnado de 6º de Educación Primaria que continúe os seus estudos no IES de Pastoriza.

 

O formulario normalizado tamén estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, na aplicación “admisionalumnado”, e na páxina web da consellería competente en materia de educación».

ANEXO 1

ANEXO 1 bis

Ligazón ao portal educativo