O CEIP de Galán deséxavos unhas felices festas e un bo ano 2022!!
martes, 21 de decembro de 2021
CALENDARIO 2022
Facilitamos o calendario 2022, elaborado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega coas fotografías que nos achegastes as familias, calendario que podedes descargar e imprimir.
VÍDEO "ALL I WANT FOR CHRISTMAS IS YOU"
Neste vídeo o alumnado do CEIP de Galán canta e baila a seguinte canción para felicitarvos as festas.
Programación de Nadal 2021
Actividades programadas
Intercambio de postais de felicitación por aulas.
Villancico de Nadal, All I Want for Christmas is you, de Mariah Carey.
Luns día 20,
I Día do Xersei Navideño. O alumnado que o desexe acudirá ao centro cun xersei de temática navideña. Non é preciso mercar nada, podedes poñerlle decoracións que teñades pola casa.
Carreira de San Silvestre de Barrigudos para educación infantil, 1º e 2º .
Martes día 21,
Lotería de Nadal de Galán para todo o alumnado.
Visita do Carteiro Real para educación infantil, 1º e 2º de 10.00 h a 14.00 h. no salón de usos e por aula.
As 12 badaladas de fin de trimestre á hora do recreo para todo o centro. O recreo será dunha hora.
Carreira de San Silvestre de Barrigudos para 3º, 4º, 5º e 6º.
O Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares
Simulacro de evacuación
Estimadas familias,
o mércores día 15 de decembro realizouse un simulacro de evacuación á hora do recreo. Colaborou Protección Civil e a Policía Local de Arteixo e a empresa Gesplan na súa organización.
O tempo total de evacuación ata chegar ao punto de encontro ( a pista polideportiva exterior) con todo o alumnado foi de quince minutos, ata a cancela exterior que é a saída do centro, cinco minutos.
Voltamos ao centro con normalidade e continuamos coa xornada.
Moitas grazas aos organismos colaboradores e ao persoal do centro.
O equipo directivo
Máscaras para o alumnado de primaria
Estimadas familias,
as máscaras entregaranse á volta das vacacións de Nadal, informaremos dos días e horario de recollida por AbalarMóbil e a través desta páxina.
Un saúdo
O equipo directivo
martes, 14 de decembro de 2021
V Recollida solidaria de Alimentos
Estimadas familias:
Un ano máis, o CEIP Galán colabora coa Asociación O Grilo na Recollida Solidaria de Alimentos que organizan nas véspedas do Nadal en beneficio do Banco de alimentos Rías Altas.
Desde o mércores 15 ata o luns 20 instalaremos unhas caixas solidarias na escola para que poidades facer a vosa aportación da man das nenas e nenos, se así o queredes.
Moitísimas grazas pola vosa solidariedade!!
venres, 10 de decembro de 2021
Convocatoria Asamblea Xeral - 16/12/2021 - 19:30 h
Prezadas familias,
xoves, 9 de decembro de 2021
Construímos unha mellor convivencia
Comezamos a nosa andaina en prol da convivencia coñecendo os dereitos e deberes da comunidade educativa:
Dereitos e deberes do alumnado
Dereitos e deberes das familias
Dereitos e deberes do profesorado
venres, 3 de decembro de 2021
Publicación das listaxes provisionais de máscaras
Publicaronse as listaxes provisionais de alumnado beneficiario de máscaras.
Estos actos publicaranse única e exclusivamente no taboleiro de anuncios que unicamente será visible no interior do recinto escolar.
A consulta das mesmas farase mantendo as medidas de protección covid.
En caso de exclusión na listaxe provisional, as persoas afectadas poderán formular reclamación ante o centro docente nos dous (2) días hábiles seguintes ao da súa publicación.
Publicación das listaxes definitivas. Venres 3 de decembro.
Sobre a súa distribución e datas seredes informados a través desta páxina e da aplicación AbalarMóbil.
PARTICIPA NA ELABORACIÓN DO CALENDARIO DO CEIP DE GALÁN 2022
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega ( EDLG) do centro envíavos a proposta da actividade: Elaboración conxunta dun calendario do CEIP de Galán do 2022, centro-familias.
Para a elaboración pedímosvos que saquedes unha foto paisaxística da zona na que vivides ou dalgunha parroquia dos arredores e a enviedes antes do 10 de decembro a: engalego@ceipgalan.org indicando: nome, curso e zona da que se trata.
Entre todas as recibidas seleccionaremos 12 imaxes que conformarán o almanaque de
Galán 2022.
Moitísimas grazas,
OS DEREITOS DA INFANCIA
Vídeo realizado co alumnado de educación infantil do noso centro. Agardamos que vos guste.
A comisión de convivencia
26 DE NOVEMBRO, MAXIA POLA IGUALDADE
venres, 26 de novembro de 2021
UN DÍA MOI ESPECIAL! 25 N CAMPAÑA DE VACINACIÓN CONTRA A VIOLENCIA
Co gallo da celebración do 25 N, Día Internacional contra a violencia de xénero, no CEIP de Galán o xoves 25 levouse a cabo a CAMPAÑA DE VACINACIÓN CONTRA A VIOLENCIA.
Todo o alumnado dende educación infantil ata sexto de educación primaria quedou vacinado contra a violencia de agora en adiante para actuar con tolerancia e respecto cara aos demais.
As persoas responsables da vacina foron a mestra Loli, “ Xefa de enfermería”, e o mestre Miguel, “ Técnico auxiliar” quenes pasaron a vacinar polas aulas.
A vacina consistiu na entrega dun lazo de cor morado a cada alumna e a cada alumno xunto co certificado da vacina que levaron ás súas casas.
A medida que se iban vacinando o alumnado solicitaba: Quero a receita da vacina, por favor, para levarlla á miña familia!
Os nenos e nenas desfrutaron do día cunha vacina diferente a que están acostumados.
Un día especial construíndo unha mellor convivencia!
xoves, 25 de novembro de 2021
Sesións formativas e informativas para o alumnado de 5º e 6º de educación primaria.
Datas:
23 de novembro, para o alumnado de 5º de educación primaria.
24 de novembro, para o alumnado de 6º de educación primaria.
Horario: de 9.00 a 11.25 horas, unha sesión por curso.
A temática, Acoso Escolar, impartida por persoal experto das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.
ANPA BARRIONOVO
"En Nós está a Igualdade! "
Proxecto colaborativo no campo da IGUALDADE entre as ANPA Manuel Murguía (Galán), ANPA Larín, ANPA A Lagoa e Anpa Barrionovo.
👉Segundo ano que traballamos xuntas con moi bo resultado.
👉Repetiremos, seguro!
👉Audiovisual a cargo de Fran Naveira.
👉Moitísimas grazas ás profes, especialmente a María e a directora Alba.
✔️Actividade subvencionada pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e polo Ministerio de Igualdade.
venres, 19 de novembro de 2021
COLABORACION DA ANPA DO CEIP GALAN NA RECOLLIDA DE ALIMENTOS
Bos días:
A ANPA "Manuel Murguía" do CEIP Galán, represantada por Adriana Torres, colabora na recollida de alimentos no Concello de Arteixo.
Moitas grazas Adriana¡¡¡¡¡¡
xoves, 18 de novembro de 2021
luns, 15 de novembro de 2021
Celebramos o Magosto
“Por San Martiño faise o magosto con castañas asadas e viño ou mosto”, di o refrán.
Na súa orixe, o magosto era unha festa en torno ao lume e as castañas
asadas coa que os galegos e galegas honraban as colleitas.
O lume nas frías noites de primeiros de novembro convidaba a compartir
contos e lendas antigas. O magosto tradicional enténdese como unha
merenda, a base de castañas asadas, que se celebra no mes de novembro,
entorno a data do San Martiño. Encéndese o lume ata facer brasas, enriba
póñense parrillas furadas e ás castañas dánselles voltas cun pau ata que
están ben asadas.
E en Galán, o venres 12 de novembro, os participantes do magosto
foron os nenos e nenas desde cuarto de infantil ata sexto de primaria,
quenes disfrutaron do día tomado as castañas, en grupo-clase, á hora do
recreo, un recreo especial porque foi ademais máis longo. Non houbo
xogos coas castañas como outros cursos por protocolo Covid pero aínda así
degustaron as castañas que asaron os mestres e mestras Sandra, Miguel,
Paco e Miriam.
Toda unha organización: parrilla, leña, lume, castañas, traxes de
castiñeiras e castiñeiros, cestiños para botar as castañas e as tonas,
cucuruchos de papel par encher de castañas, moita, moita alegría ... e un
día estupendo!
Os nosos nenos e nenas pasárono moi ben e as castañas estaban boísimas!
Un día especial e diferente no CEIP de Galán!
Moitas grazas ás familias porque fixeron posible tamén o Magosto!
Aquí tedes unhas fotos de mostra
Distribución de máscaras ao alumnado
Normativa. ORDE do 28 de ocutubro de 2021
Alumnado destinatario:
Alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial:
a) Non ten que presentar solicitude:
O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022.
b) Ten que presentar solicitude:
O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022 que cumpra algunha das seguintes condicións:
•Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.
•Alumnado matriculado en educación especial.
•Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
•Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.
SOLICITUDES (SÓ PARA ALUMNADO NON BENEFICIARIO DA AXUDA DE MATERIAL ESCOLAR)
•Forma de presentación da solicitude: Unicamente de forma presencial no centro educativo no que estea
matriculado o/a alumno/a.
•Prazo:
1.Para o alumnado matriculado no centro no día de publicación da orde no Diario Oficial de Galicia:10
días hábiles a partir do seguinte á publicación no Diario Oficial de Galicia, é dicir, do 15 ao 26 de novembro de 2021
venres, 12 de novembro de 2021
FESTA DO MAGOSTO 2021 ORGANIZADA POLA ANPA
Estimadas
familias :
Para unha boa organización necesitamos confirmación de asistencia para organizar a festa dun xeito adecuado.
ANIMADEVOS!!!
xoves, 11 de novembro de 2021
PARTICIPACIÓN E BENESTAR NA COMUNIDADE EDUCATIVA
ÉLIDA ZAITEGUI
Mestra, pedagoga, inspectora educativa e, sobre todo, experta en mellorar a convivencia e a colaboración nos centros educativos.
Obradoiro con familias, no Centro Cívico de Arteixo o vindeiro mércores día 17 de novembro.
Máis información e inscrición, picade aquíe vedes o díptico.
O equipo directivo
luns, 8 de novembro de 2021
Volveron as cabazas ao CEIP de Galán polo Samaín 2021!
O Samaín é unha festa de orixe celta que se vén celebrando en Galicia dende fai millleiros de anos.
A finais do mes de outubro, os antigos pobos celtas conmemoraban o final da colleita, coñecida como Samaín,que significa “final do verán”. Crían que a noite do 31, os espíritos dos mortos volvían á vida para visitar o mundo dos vivos, polo que realizaban distintos rituais para protexerse.
Un dos ritos da noite de Samaín, consistía en baleirar cabazas e meter no seu interior carbón ardendo para alumear or egreso dos difuntos e alonxar aos espíritos non desexados.
Na actualidade, seguimos alumeando e decorando cabazas na noite de Samaín, como facían os nosos ancestros.
O venres 29 de outubro celebrouse a festa do Samaín no centro.
Como xa é tradición, no CEIP de Galán, fíxose unha exposición coas cabazas que trouxeron os nenos e as nenas e na que as familias do centro participaron arreo.
Escolleron cabazas e decoráronas como máis lles gustaron. Cabazas terroríficas, graciosas, coquetas, de medo, de personaxes…
O alumnado veu disfrazado, pero sen complementos, con disfraces terroríficos. E as profes e os profes tamén!
Hai que resaltar que houbo máis sorpresas, poideron disfrutar ou asustarse na pasaxe do terror, sacar a foto de grupo no photo call e por suposto ler e escoitar contos, moitos, moitos contos de medo.
O alumnado viviu unha xornada totalmente terrorífica e pasouno moi ben.
O equipo de EACE e de Biblio agradece a colaboración de toda a comunidade educativa nesta festa que tanto gusta aos nenos e nenas e tamén aos que non son tan pequenos.
Teredes fotos na Galería moi pronto.
venres, 5 de novembro de 2021
xoves, 4 de novembro de 2021
Formación sobre diversidade afectivo-sexual e familiar
Prezadas familias:
As ANPAS do CEIP Galán e das Escolas Infantís de Barrionovo, A Lagoa e Larín organizan a seguinte actividade, na que vos convidamos a participar:
Formación sobre diversidade afectivo-sexual e familiar
Imparte: Cristina Palacios Castro (Fundación Arelas)
Data: 11/11/2021
Horario: 17:00 - 19:00
Lugar: CEIP Galán - Oseiro (Aula de usos múltiples)
Que aprenderemos?
Conceptos clave para comprender a diversidade afectivo-sexual.
Aproximarnos á transexualidade infanto-xuvenil e saber acompañala
As familias ante xs fillxs LGTBI+.
Principais formas de exercer e vivir a LGTBIfobia.
Inscrición en anpagalan@gmail.com
venres, 29 de outubro de 2021
Novas: Sorteo da Xunta Electoral
Estimadas familias,
o 28 de outubro celebrouse nas dependencias do centro o sorteo dos membros que configuran a xunta electoral, titulares e suplentes. Recordade que quedará constituída pola dirección do centro, un mestre ou mestra, un pai/nai ou persoa titora legal e un representante do persoal de administración e servizos.
A súa constitución levarase a cabo o vindeiro martes día 2 de novembro.
Un saúdo
O equipo directivo
venres, 22 de outubro de 2021
CELEBRACIÓN DE ELECCIÓNS DE MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR
A Resolución do 20 de setembro de 2021 establece o calendario para a celebración dos membros dos
consellos escolares.
O xoves día 28 celebrarase o sorteo dos membros da Xunta Electoral.
Nos adxuntos tedes máis información:
- Resolución do 20 de setembro de 2021.
- Sorteo dos membros da Xunta Electoral.
Un saúdo
O equipo directivo
SAMAÍN 2021
Podedes ver no adxunto o díptico,
Samaín 2021. Volven as cabazas ao CEIP de Galán!
Moitas grazas pola vosa colaboración!
Un saúdo
O profesorado do centro
mércores, 13 de outubro de 2021
Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos curso 2021-2022.
O CEIP de Galán participa un curso máis nas actividades do Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos.
Este curso comezamos coas sesións formativas e informativas dentro do horario lectivo nas datas que a continuación detallamos:
23 e 24 de novembro de 2021, para o alumnado de 5º e 6º de educación primaria, coa temática Acoso Escolar
19 e 20 de xaneiro de 2022, para o alumnado de 4º, 5º e 6º de educación primaria. Temática: Uso das novas tecnoloxías, internet e redes sociais.
As charlas son impartidas por persoas expertas das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.
Se picades na imaxe atoparedes información sobre o Plan dirixido ao alumnado.
Concretaremos datas, se a situación sanitaria o permite, de sesións formativas dirixidas ás familias en colaboración coa ANPA do noso centro.
Un saúdo
O equipo directivo
luns, 11 de outubro de 2021
Día non lectivo, luns 11 de outubro
Estimadas familias,
recordade que o vindeiro luns día 11 de outubro, establécese o Día do Ensino coa consideración de non lectivo para efectos académicos no curso 2021/22 .
Un cordial saúdo
O equipo directivo
xoves, 7 de outubro de 2021
luns, 27 de setembro de 2021
Actualización aplicación AbalarMóbil
Estimadas familias,
debedes revisar a aplicación AbalarMóbil, sobre todo no caso de irmáns matriculados no centro. Tedes que seguir os pasos seguintes: actualizar, axustes, aplicacións, buscar AbalarMóbil, almacenamento, borrar datos e acceder de novo e poñer os vosos datos e o código.
Se tedes dúbidas na unidade de atención da centros (881997701) axudaranvos a nivel técnico.
Un saúdo. O equipo directivo
sábado, 25 de setembro de 2021
REUNIÓNS DE INICIO DE CURSO COAS FAMILIAS
Estimadas familias,
o luns día 27 de setembro, teredes as reunións de educación infantil, primeiro e segundo de educación primaria.
O luns 4 de outubro, celebraranse as reunións de terceiro, cuarto, quinto e sexto de educación primaria.
O profesorado titor de cada grupo informará da organización da reunión e horarios.
Como normas básicas:
- Asistencia dun único proxenitor á reunión.
- Uso obrigatorio de máscara.
- Desinfección e hixiene de mans á entrada.
- Manter a distancia interpersoal polo menos de 1,5 m.
- As reunións celebraranse nas propias aulas.
- Puntualidade para acceder ao centro nos horarios establecidos. A entrada é escalonada.
- O acceso será pola cancela pequena ao lado do portalón e a saída ao exterior polo portalón.
- Seguir as indicacións do persoal de conserxería.
- As familias de educación infantil sairán do centro polo patio de infantil.
Un cordial saúdo.
O equipo directivo
martes, 21 de setembro de 2021
FORMULARIOS DE SOCIOS DISPONIBLES EN SECRETARÍA
Os formularios de socios están dispoñibles na secretaría do colexio por se alguén quere pedir cita e facelo a través da secretaría.
Grazas, un saúdo.
A directiva
ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR AS AXUDAS DO MEC PARA O ALUMNADO CON NECESIDADES EDUCATIVAS
Informámosvos de que xa está aberto o prazo de solicitude de axudas para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo (becas MEC).
As solicitudes faranse vía web a través do seguinte enlace:
https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/estudiantes/becas-ayudas/para-estudiar/artisticas/necesidad-especifica-apoyo-educativo.html
Deberán imprimirse e entregalas no centro ata o día 30 de setembro.
Para calquera dúbida podedes poñervos en contacto co Departamento de Orientación do centro, a través do teléfono 881880904