No documento adxunto podedes ver a normativa publicada o 18 de decembro de 2020 sobre o uso dos Servizos Educativos Dixitais Corporativos.
martes, 22 de decembro de 2020
luns, 14 de decembro de 2020
DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS AO ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA ( Orde do 6 de novembro de 2020)
Estimadas familias:
O venres 8 de xaneiro de 2021, comezará o reparto de máscaras entre o alumnado de Educación Primaria que ten dereito segundo a Orde do 6 de novembro de 2020 (DOG do 13 de novembro).
É necesario solicitar cita previamente no teléfono: 881880903
As máscaras poderán recollelas:
Un dos proxenitores.
O titor legal ou a titora legal.
Outra persoa autorizada. (Modelo)
Que asinará a recepción das máscaras. En todo caso, será necesaria a identificación con DNI ou NIE.
Datas: do 8 ao 15 de xaneiro
Horario: 9:30 a 11:30 h.
O día de recollida das máscaras:
Débense ter en conta as medidas xerais de protección para os visitantes: uso de máscara, hixiene de mans, etc.
O persoal de conserxería indicará cando é posible entrar no recinto escolar, pois só pode permanecer unha persoa en secretaría facendo os trámites.
No caso de persoa autorizada, coa autorización deberá traer unha fotocopia do DNI/NIE da persoa que autoriza para facer o trámite.
Un saúdo,
O equipo directivo
venres, 4 de decembro de 2020
PARTICIPACIÓN NA CAMPAÑA DE NADAL" MÁSCARAS SOLIDARIAS".
Bos días.
Dende mañá teredes as máscaras colocadas nos establecementos. Adxuntamos un pdf coa listaxe onde estarán expostas as máscaras de cada clase.
Cando donedes os alimentos podedes compartir unha foto en redes sociais baixo o hashtag #ArteixoSolidario, e poden etiquetarnos (@arteixocca ) e tamén ao Banco de Alimentos Rías Altas (@balrial). Deste xeito poderemos sensibilzar a máis xente para que donde alimentos.
Lembrade que ese é o obxectivo principal, que coas máscaras que fixo o alumnado, calquer persoa, incluso que non teña fillos nos vosos centros, done alimentos recollendo como premio unha máscara. Polo que se algún neno ou nena non atopa a súa no establecemento, é porque esa máscara cumpriu a súa función de sensibilización social. Igualmente, hai algunha máis en branco na oficina do CCA Arteixo (rúa Mestre Mateo nº10 baixo) por se acaso.
Ás máscaras do CEIP galán están aquí:
Moitas Grazas....
xoves, 3 de decembro de 2020
DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS. LISTAXE DE ADMITIDOS.
Publícanse a día 30 de novembro de 2020, no taboleiro interior do centro, a listaxe de admitidos.
De conformidade co establecido no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, daráselle publicidade á listaxe provisional e definitiva de solicitudes excluídas, indicando a causa de exclusión, e á relación provisional e definitiva de solicitudes concedidas. Estes actos publicaranse única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do recinto escolar.
Todo o alumnado que solicitou a axuda para material escolar e que lle foi concedida está incluído na listaxe de admitidos.
O CONCELLO DE ARTEIXO REPARTIU MÁSCARAS PARA O ALUMNADO DO CENTRO
Co motivo do 25 N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o Concello de Arteixo entregou máscaras no centro para repartir ao alumnado e ao persoal docente.
O venres día 27 de novembro fíxose a entrega.
O Concello informou sobre as características das máscaras segundo certificación da empresa proveedora.
" La empresa certifica que las mascarillas bicapa suministradas al Concello de Arteixo para la campaña de 25N, están fabricadas con tejido exterior 100%PES y el tejido interior TEC7191 del fabricante Textil Manly, SA, 80% PES, 20%PA, que cumple la normativa Une 0065 a 10 lavados y la normativa europea CWA17553 con 50 lavados"