luns, 23 de abril de 2018

Exibición Solidaria da Garda CIvil

Lugar: Complexo Xuvenil As Mariñas de Ganadarío - Bergondo
Data: xoves 10 de maio
Horario: Haberá dous turnos, un as 9h e outro as 11:30h

Na exibición participarán tamén a Policía Local, Protección Civil, Cruz Vermella e Bombeiros.
O obxetivo será dar a coñecer as labores e medios de que dispón, ademáis de facer unha recollida de alimentos e material escolar.
Prégase os asistentes que participen que colaboren aportando algún dos seguintes tipos de productos:

  • Alimentos non perecedeiros
  • Productos de hixiene
  • Material escolar
Evento organizado pola Garda Civil e Xuventude

xoves, 19 de abril de 2018

Actuación teatral do Grupo Xuvenil ES3HA2 do colectivo Melandrainas

Estimadas familias,
O vindeiro venres 20 de abril terá lugar unha actuaión teatral do grupo xuvenil ES3HA2 que pertence ao colectivo Melandrainas..

Actividade: Representación Teatral
Onde: Centro Cívico Cultural de Arteixo.
Data: venres 20 de abril
Hora: 20:30h

A obra está dirixida a tódolos públicos e será de valde ata completar aforo. A obra a interpretar “O soño dunha xoaniña” cóntanos como cando Chega o Entroido e Xoaniña quere disfrazarse de “tartaruga de Galápagos”, polo que decide pedir axuda aos animais que vai atopando no seu camiño.

O grupo de teatro xuvenil ES3HA2 conta con varios premios como o de mellor actor no ano 2014 e a de mellor actriz no ano 2015.

Animádevos a participar!

Actuación Teatral do alumnado da Aula Municipal de Teatro de Meicende

Estimadas familias,
o próximo día 20 terá lugar unha representación teatral a cargo dos nenos da Aula Municipal de Teatro de Meicende á que vos animamos a acudir:

Actividade: Representación Teatral
Onde: Auditorio do Centro Sociocultural de Meicende.
Data: venres 20 de abril
Hora: 20h

Trataráse de unha obra dirixida a tódolos públicos e contará con dúas actuacións: "Érase una vez...", peza que fala das emocións e dos contos. E ademáis a monologuista, Erica González pechará a sesión con “A sala do Catapumchimpum”, actuación pertencente ao Festival de Narración Oral “Falando a Boca Chea”.

mércores, 18 de abril de 2018

SAÍDA AO FEIRÓN O SÁBADO 21 DE ABRIL

Estimados país e nais,
Remitimosvos este comunicado da rede de bibliotecas de Arteixo e animamosvos a participar nos eventos que programan. ¡Feliz mes do libro!

Ola, queres levar un dos 600 libros que repartiremos este sábado 21  de abril no Feirón de Arteixo?
Como cada ano, no mes de abril, a Rede Municipal de Bibliotecas de Arteixo, fai unha saída á parte peonil da Avenida do Balneario en Arteixo, para celebrar o mes do libro.
Na caseta habilitada ao efecto, desde as 10 da mañá ata, aproximadamente, as 13.30 horas estará o persoal das bibliotecas para informarvos de todas as actividades e servizos que ofrecemos, e ademáis repartir libros procedentes de expurgos, doazóns…
Ademáis, a saída contará coa animación de Lisístrata. Sal connosco a festexar o mes do libro!!!

luns, 16 de abril de 2018

domingo, 15 de abril de 2018

Ven a ver o Mago Benxamín


Estimadas familias:
Dende a ANPA Manuel Murguía estamos a organizar un espectáculo de maxia para o vindeiro 4 de Maio en horario de 17:00 a 19:00 horas.
O evento será gratuito para os socios, e para os non socios terá un custo de 5 € por neno ou nena.
Para una boa organización necesitamos confirmación de asistencia mediante o presente boletín entregando cuberto no buzón da ANPA, ao profesorado ou ben por correo electrónico anpagalan@gmail.com antes do día 24 de abril de 2018.