mércores, 21 de xuño de 2017

MENU COMEDOR 23 DE XUÑO.


Por ser o último dia de colexio modifícase o menú para o venres 23 de xuño.


Para este día @s nen@s poderán disfrutar do seguinte menú:

1º PRATO: ENSALADA VARIADA
2º PRATO: PIZZA ARTESANA DE XAMÓN E QUEIXO.
POSTRE:   CHOCOLATINA.

Esperamos que sexa do agrado d@s nen@s.

martes, 20 de xuño de 2017

MAÑÁ 21 DE XUÑO, MOI PROBABLEMENTE, NINGÚN SERVIZO DE TRANSPORTE ESCOLAR

Acábanos de informar o colexio, que é moi probable que mañá, 21 de Xuño, non haxa servizo de transporte escolar en ningunha parada, según un comunicado das empresas de transporte, debido a folga. 


A ruta de Uxes non é segura.

luns, 19 de xuño de 2017

XA TEMOS CONFIRMACIÓN OFICIAL DA FOLGA DE TRANSPORTE

Xa hai confirmación oficial de que hay folga de transporte, afectando ao transporte escolar.

A Xunta de Galicia, emitiu un breve comunicado, que é o que se adxunta no enlace, indicando os servicios mínimos dos autobuses. Sen embargo, non especifica o número concreto das liñas de autobús.

Cando teñamos os devantitos datos, publicarémolos para informarvos.








POSIBLE FOLGA DE TRANSPORTE PARA MARTES E MERCORES 20 E 21 DE XUÑO

INFORMACIÓN SOBRE O COMUNICADO DE CONFAGA RESPECTO A POSIBLE FOLGA DE TRANSPORTE

Dende a ANPA, queremos informarvos de que hai fortes posibilidades (a menos que hoxe na mesa de negocación se chegue a un acordo), de que dende este martes e mércores, días 20 e 21 de xuño, se convoque unha folga indefinida de transporte (sempre serían estes dous días).

Pasámosvos ligazón co comunicado que nos pasaron dende CONFAPA, onde ven exposto que rexeitan o proxecto de converter o transporte escolar en transporte de viaxeiros con reserva de praza.


De momento, non hay nada confirmado, e non temos máis información.

Esperamos ter unha resposta rápida e contundente ao respecto ao longo do día de hoxe, para podervos informar de se hay folga ou non, e en caso de que haxa folga, informarvos sobre os servizos que se prestarán estes dous días, e durante todo o tempo que dure a mesma.