luns, 30 de setembro de 2019
Benvida ao curso 2019/2020
Dende a A.N.P.A. Manuel Murguía damos a benvida a tódalas nais e pais ao novo curso escolar 2019-20. Empezamos este curso recordándovos que en breve teremos unha reunión para todos os pais e nais do alumnado. Como se falou na última reunión do curso pasado temos en proceso a renovación da Xunta directiva.
mércores, 20 de febreiro de 2019
INVITACIÓN A XII FEIRA MATEMÁTICA: 30 de Marzo.
AGAPEMA NOS INVITA A XII FEIRA MATEMÁTICA.
Hoxe facemonos eco, da seguinte invitación que nos remite a profesora da Facultade de CIencias da Educación e membro de AGAPEMA (Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática): María Cristina Naya Riveiro.
AGAPEMA organiza na cidade de A Coruña a XII Feira Matemática o día 30 de Marzo dende ás 11h00 ata ás 20h00, en Palexco.
Invitannos a disfrutar un ano mais deste evento lúdico.
Invitación XII Feira Matemática 30.03.19
martes, 19 de febreiro de 2019
ENTROIDO EN GALAN
CELEBRAMOS O ENTROIDO

Onde: C.E.I.P de Galán
Cando: 01/03/2019 16:30-18:30
Custo: Para socios é totalmente gratuito,
Para non socios ten un custo de 5€/ nenoObrigatorio:
- Os nenos virán acompañados por un adulto.
- Pasalo ben.
Voluntario:
- Vir disfrazados pequenos e maiores, ainda que sería xenial vir todos disfrazados. A temática non importa ainda que como ben sabedes os nenos virán acordes a personaxes de comics.
- Como é unha festa de convivencia poderedes colaborar con productos típicos do entroido: roscas, filloas, orellas...
Por temas organizativos necesitamos confirmación de asistencia, preferiblemente a través do correo electrónico ou da caixa de correo da Anpa antes do día 25/02/2019.
Cicular entroido 2019
mércores, 30 de xaneiro de 2019
INVITACIÓN AL PARTIDO DE BALONCESTO DEL BASQUET CORUÑA
Desde Jardanay, la empresa que gestiona el servicio de madrugadores y comedor, nos llego un email esta mañana para indicarnos que SerOcio, la empresa que organizó la Fiesta de Fin de Curso 2017/2018, nos ofrece invitaciones para el partido de baloncesto del Basquet Coruña.
Para poder apuntaros os dejamos recorte de la invitación de SerOcio.
Suerte a todos!!
Suerte a todos!!
mércores, 23 de xaneiro de 2019
CONVOCATORIA ASAMBLEA XUNTA EXTRAORDINARIA
DATA: Venres 25 de Xaneiro.
HORA: 20 horas
LUGAR: C.E.I.P de Galán
ORDE DO DÍA:
1. Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.
2. Estado das contas.
3. Cambio da directiva con data Xuño 2019 e convocatoria de eleccións
da Xunta Directiva
da Xunta Directiva
4. Comedor e madrugadores
5. Entrega carnets de socio
6. Festas curso 2018/2019
7. Rogos e preguntas
xoves, 29 de novembro de 2018
domingo, 25 de novembro de 2018
xoves, 22 de novembro de 2018
xoves, 1 de novembro de 2018
Recollida para o Banco de Alimentos Rías Altas
Estimadas familias,
compartimos o texto difundido pola Federación de Anpas de Arteixo que como membros e colaboradores apoiamos na última reunión e animámosvos a participar:
O Banco de Alimentos Rías Altas organiza para o venres 30/11 e o sábado 1/12 unha campaña de recollida de alimentos non perecedoiros en practicamente todos os super e hiper da provincia.
FEDART acordou con eles a colaboración para a organización e xestión das quendas de persoas voluntarias para o traballo de recollida do que a xente queira ir doando á saída das caixas. Imos intentar cubrir as quendas do LIDL, EROSKI e GADIS. Os tres que están situados na proximidade dos centros escolares do núcleo de Arteixo.
As persoas voluntarias: nais, pais, nenas e nenos, profesorado dos centros de ensino de Arteixo que decidan apuntarse. Todas as participantes asinarán un documento de participación do propio Banco de Alimentos e as menores (poden participar a partir de 8 anos) terán que aportar unha específica de autorización das súas persoas titoras. Todas as menores, de calquera idade ate os 16, deberán estar acompañadas necesariamente por persoas adultas durante a quenda de recollida.
Entendemos que esta acción formula posibilidades amplas para desenvolver algúns dos obxectivos curriculares dos diversos niveis de ensino. Nos consta que xa o curso anterior houbo quen decidiu tirar proveito da iniciativa dende algún dos centros de ensino. E ademais, permitirá seguir na dinámica de promover relacións entre os estamentos da comunidade educativa definidas en termos de cooperación e colaboración.
As quendas de recollida agrúpanse en períodos de dúas horas e media, salvo a que ocupa o horario de 15 a 17 hs. No caso de que haxa abundancia de solicitudes de participación ou moita participación de menores, reduciríamos a duración de cada quenda.
Creamos un correo específico para esta acción recollidanadalarteixo@gmail.com no que inicialmente calquera persoa interesada en participar terá que dirixirse para apuntarse, e dende o que se lle solicitarán os datos pertinentes e estritamente necesarios. A organización posterior se desenvolverá polos medios que os colectivos acorden, considerando crear grupos específicos para cada super, con condicións de participación definidas. Tanto a conta de correo, como calquera outro medio dixital que se poida constituír para a xestión, e todos os datos recollidos, serán eliminados despois da acción.
O Banco de Alimentos conservará segundo a normativa de voluntariado, a documentación acreditativa dos participantes para os fins específicos recollidos na lei.
domingo, 14 de outubro de 2018
Axudas municipais para comedor e libros de texto - Listaxes provisionáis
Estimadas familias,
O pasado día 11 o concello de Ateixo publicou a listaxe provisional das axudas para comedor e libros de texto indicando aqueles que casos nos que é preciso subsanar algún erro ou falta de documentación. É recomendable que todos os solicitantes revisen que teñen todo correcto, pois o prazo remata o día 24 de outubro.
http://arteixo.org/gl/noticia/axudas-para-comedor-escolar-e-libros-de-texto
O pasado día 11 o concello de Ateixo publicou a listaxe provisional das axudas para comedor e libros de texto indicando aqueles que casos nos que é preciso subsanar algún erro ou falta de documentación. É recomendable que todos os solicitantes revisen que teñen todo correcto, pois o prazo remata o día 24 de outubro.
http://arteixo.org/gl/noticia/axudas-para-comedor-escolar-e-libros-de-texto
luns, 1 de outubro de 2018
Menú de comedor para o primeiro trimestre curso 2018-19
Estimadas familias,
no seguinte enlace (ademáis de na ligazón permanente a esquerda) podedes consultar o menú de comedor para este trimestre (meses de outubro, novembro e decembro de 2018)
no seguinte enlace (ademáis de na ligazón permanente a esquerda) podedes consultar o menú de comedor para este trimestre (meses de outubro, novembro e decembro de 2018)
sábado, 22 de setembro de 2018
Aula de teatro infantil en Meicende
Estimadas familias,
o concello de Arteixo pon a nosa disposición unha actividade de teatro infantil.
o concello de Arteixo pon a nosa disposición unha actividade de teatro infantil.
- Idade: 6 a 12 anos
- Data: Luns de 17:00h a 18:30h
- Ubicación: CSC de Meicende
- Prazas: 15
- Custo: 5€/mes
A data de inscripción remata o día 26 de setembro. Descargar ficha de inscripción.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)









