xoves, 18 de xuño de 2020

PUBLICACIÓN DAS CUALIFICACIÓNS FINAIS

AVISO:
As cualificacións da avaliación final publicaranse na aplicación abalarMóbil o venres día 19 ás 10.00 horas.

OS INSTRUMENTOS CONFINADOS

Xa está aquí a tradicional exposición de instrumentos con material de refugallo!
Este ano en versión confinada. Moitas grazas polo voso esforzo, fixestes un gran traballo.

mércores, 17 de xuño de 2020

DESPEDIDA VIRTUAL DO ALUMNADO DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Ao non poder celebrarse o acto de despedida de 6º, como se veu facendo en cursos anteriores, queremos que teñades un pequeno recordo do voso paso polo colexio.
É un vídeo cheo de "maxia"  que recolle algunhas fotos da etapa de Primaria en Galán. 
Agardamos que vos guste. Desexámosvos o mellor!
Apertas virtuais!
O equipo docente de 6º do CEIP de Galán

luns, 15 de xuño de 2020

DEVOLUCIÓN DOS NETBOOKS ( portátiles) EN CALIDADE DE PRÉSTAMO DEBIDO A SUSPENSIÓN DAS CLASES PRESENCIAIS

Aviso ás familias de Infantil, 1º, 2º, 3º e 4º:
As familias que tiveron en calidade de préstamo ordenadores do centro ( netbooks e cargador), debido a situación producida polo COVID-19, deberán proceder a súa devolución o,
Venres 19, en horario de 10.30 a 12.30 horas na biblioteca do centro.
Grazas pola colaboración.

RECOLLIDA DE MATERIAIS DE 5º e 6º de PRIMARIA

Calendario e horario para pasar as familias polo centro.

1. Xoves 18 de xuño, 5º de E. Primaria en horario de 9.30 a 13.00 horas.
Nota: O alumnado de 5º continúa no vindeiro curso 2020-21 en 6º co ProxectoE-Dixgal  polo que poderá dispoñer do equipo durante o período estival,facéndose cargo de todos os elementos e incorporándose ao próximo curso co material en perfectas condicións.
  2. Venres 19 de xuño, 6º de E. Primaria en horario de 9.00 a 14.00 horas.
En 6º de Educación Primaria as actuacións son:
1. Devolución do portátil E-dixgal, cargador e maletín limpos. Sinatura da
devolución.
2. Recollida dos materiais do alumnado.
3. Entrega do Diploma de Educación Primaria e sobre de matrícula para o instituto.
As pautas de acceso ao centro seguen sendo as mesmas:
Acceso, 1 soa persoa ás aulas.
Uso de mascarilla.
Seguir as indicacións da persoa de conserxería.
Respectar a distancia de seguridade.
Uso de xel hidroalcólico ao entrar.

Nota:  A recollida farase por orde de chegada.  De non poder vir o pai ou a
nai, deben autorizar ao outra persoa para realizar os trámites e a recollida
de material.

Moitas grazas pola vosa colaboración!

RELACIÓN DE LIBROS 2020-2021


Bos días: a lista de libros para o próximo curso académico 2020-2021 xa se publicou na páxina web da escola.

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipgalan/

venres, 24 de abril de 2020

MENSAXE CONCELLO ARTEIXO

As becas comedor. 🧐🧐🧐
📌Benefician a 285 familias
📌Cámbiase a forma de pago
📌Aprobouse por unanimidade no pleno de onte
📌A nova forma permitirá o abono directo por parte do concello mentres dure a crise
📌Os pagos ascenderán a 60.000 euros e inclúen os pagos dende que se iniciara o estado de alarma ata xuño próximo

xoves, 2 de abril de 2020

#Coronavirus: Solicitude ao Concello de Arteixo de pago directo de axudas de comedor ás familias

Dende a A.N.P.A. Manuel Murguía do C.E.I.P. de Galán dirixímonos ao Concello de Arteixo
solicitando que habilite de forma urxente un procedemento para efectuar o abono directo das axudas de comedor, das que son beneficiarias moitas familias, na porcentaxe que lles corresponda, tendo en conta que estes servizos están paralizados e non son abonados á empresa prestadora do servizo, polo tempo que dure esta situación de confinamento.

👉Aquí, o escrito íntegro remitido ao Concello

xoves, 27 de febreiro de 2020

Nais da ANPA están traballando para poñer a funcionar o horto do colexio 🌱🍅🍆🌿

 

venres, 21 de febreiro de 2020

Grazas a todas as persoas, grandes e pequenas, por acompañarnos na celebración do Entroido 2020 👏👏👏

venres, 17 de xaneiro de 2020

Acta Asamblea Xeral Ordinaria 04/12/19

No seguinte enlace tedes acceso á Acta da Asamblea Xeral Ordinaria celebrada o día 4 de decembro de 2019 na que se decidiu, entre outros puntos, a renovación da directiva.

mércores, 4 de decembro de 2019

Doazón de libros

Dende a directiva da A.N.P.A. Manuel Murguía e, en colaboración coa dirección do centro C.E.I.P. de Galán, queremos facer unha recollida de libros de lectura para nenos ata 3º de primaria para doar ás escolas unitarias da zona.
Esta doazón é voluntaria. Se tedes algún libro na casa en bo estado de conservación que queirades doar, podedes deixalo no centro dende o día 9 de Decembro ata o 13 de Decembro.