xoves, 23 de xuño de 2022
mércores, 22 de xuño de 2022
REMATE DO CURSO, NOVAS DA BIBLIOGALÁN
Aquí deixamos á comunidade educativa os enlaces ás novas de remate de curso da BiblioGalán,
Un curso de lectura
https://bibliogalan.blogspot.com/2022/06/un-curso-de-lectura.html
Non sabes que ler no estío? Estas son as nosas recomendacións lectoras
https://bibliogalan.blogspot.com/2022/06/non-sabes-que-ler-no-estio-estas-son-as.html
martes, 21 de xuño de 2022
Novos teléfonos de contacto co Departamento de Educación
Boa tarde,
comunicase que os novos teléfonos de contacto do Departamento deEducación son:
981659121 e 981659122
Un saúdo
luns, 20 de xuño de 2022
PRAZOS E DATAS DE INTERESE PARA TRÁMITES NA SECRETARÍA
Recordamos as datas e prazos de remate de curso,
20 ao 30 de xuño: período de matrícula de novo alumnado
1 de xullo: publicación listaxes provisionais do fondo de libros.
4 e 5 de xullo: reclamación ás listaxes
4 de xullo: entrega dos historiais académicos de 10.00 a 13.00 h
7 de xullo: publicación listaxes definitivas
7 ao 12 de xullo: entrega de vales de material e libros de 9.30 a 12.30h. Os vales que non
se recollan nestas datas poderán recollerse a partires do 1 de setembro.
En setembro:
6 de setembro: entrega de libros do fondo de 3º e 4º.
6 de setembro: reunión coas familias de 4º de Educación Infantil.
7 de setembro: reunión coas familias de 1º de Educación Primaria.
FIN DE CURSO 2021-2022
Estimadas familias,
celebraremos as seguintes actividades para finalizar o curso 2021-2022:
- 20 de xuño, acto para o alumnado de 6º de Educación Infantil.
- 20 de xuño, 5º de Educación Primaria fai unha saída á Malpica.
- 21 de xuño, festival de fin de curso no patio exterior para todo o alumnado con
actuacións por cursos de 10.00 a 11.00 horas.
- Recreos de 11.00 a 12.00 e de 12.00 a 13.00 respectivamente.
- 22 de xuño, realización de xogos de auga por quendas nos patios.
- 22 de xuño, entrega de boletíns e publicación das cualificacións por Abalar.
- 22 de xuño, festa da ANPA en horario de tarde.
HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO. ACTUALIZACIÓN
A partir do 20 de xuño o horario de atención ao público de luns a venres será de:
9.30 h a 12.30 h
RECORDO PARA O ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA. PROMOCIÓN 2016-2022
Deixamos na web un vídeo de despedida para o noso alumnado de sexto de primaria que se graduou no día de hoxe.
Moitas grazas polos vosos agradecementos e que teñades moita sorte!!!
venres, 17 de xuño de 2022
AGASALLO
As mascotas do CEIP de Galán, Galana e Blasa, reparten ao alumnado do centro un bonito vaso para tomar o leite.
Os vasos foron enviados polo FOGGA (Fondo Galego de Garantía Agraria) por participar no reparto de leite durante o presente curso.
Gala de entrega de premios de teatro
Esta noche, de 20:00 a 22:00, tendrá lugar en el teatro Colón de A Coruña la gala de entrega de premios del certamen de la diputación de A Coruña, en el cual participaron las alumnas y alumnos del colegio.
luns, 6 de xuño de 2022
CALENDARIO ESCOLAR 2022-2023
Publicouse no Diario Oficial de Galicia o calendario escolar para o vindeiro curso. Para acceder a el picade AQUÍ
FESTA FIN DE CURSO ORGANIZADA POLA ANPA (22/06/2022)
Estimadas familias :
Teremos inchables, diversas actividades e unha merenda
Deberase confirmar entregando a circular cuberta por correo electrónico antes do 22 de Xuño. Só poderán acceder ao recinto os anotados. A entrada será de 16:00 a 16:30 horas.