mércores, 30 de marzo de 2022

ADMISIÓN DE ALUMNADO CURSO 2022-2023

Informase das solicitudes presentadas en prazo no proceso de admisión. IMPORTANTE: Ao existir máis solicitudes que vacantes ofertadas no curso de 6º de Educación Infantil, procederase á baremación no citado nivel.

As familias deberán entregar a documentación acreditativa dos criterios alegados para o baremo (de carácter voluntario ) ata o día 7 de abril.

 

CURSO

VACANTES

N.E.A.E

Nº SOLICITUDES

4º E.I

25

3

13

5º E.I

5

 

0

6º E.I

1

 

2

1º E.P

17

9

5

2º E.P

10

 

1

3º E.P

26

 

0

4º E.P

3

 

0

5º E.P

24

 

0

6º E.P

19

 

1

Vacantes actualizadas con data 29-03-2022

E.I. Educación Infantil

E.P. Educación Primaria

N.E.A.E. Necesidades educativas de apoio educativo

 Publícase a documentación referida ao proceso de admisión de novo alumnado para o curso 2022-2023.


Anuncio do sorteo público

Resultado do sorteo público

ADXUNTO

XORNADA NAIS E PAIS. PLAN DIRECTOR PARA A CONVIVENCIA NOS CENTROS

 XORNADA PARA FAMILIAS

 

Tema: Redes Sociais e os seus riscos.

Imparte: Persoal da Garda Civil

Data: 4 de abril de 2022

Lugar: CEIP de Galán

Hora: De 17.00 a 18.30

Inscrición: Enviar un correo electrónico a ceip.galan@edu.xunta.gal

Construímos unha mellor convivencia

Comezamos a nosa andaina en prol da convivencia coñecendo os dereitos e deberes da comunidade educativa:

Dereitos e deberes do alumnado

Dereitos e deberes das familias

Dereitos e deberes do profesorado

Díptico de normas de transporte (Novo)

 

A comisión de convivencia do centro

O alumnado de sexto de primaria, dous alumnos ou dúas alumnas  de cada clase, encargaranse de explicar ao resto de nenos e nenas as normas de como ir no transporte escolar e farán entrega do díptico de transporte a cada aula.

Esta actividade levarase a cabo durante a xornada lectiva antes e despois do recreo na vindeira semana. A actividade é supervisada por un membro da comisión de convivencia do centro.

Moitas grazas, seguimos fomentando convivencia positiva

Díptico alumnado

Díptico familias

Dereitos profesorado

Deberes profesorado

Díptico transporte

USO DAS MÁSARAS NO RECREO

 


NOVAS NO PORTAL EDUCATIVO

 Proceso de acollida e escolarización de alumnado desprazado polo conflito de Ucraína

ALUMNADO QUE PRESENTOU RESERVA NO CENTRO

 Estimadas familias,

dirixido este aviso ao alumnado que solicitou reserva de praza para 1º de educación primaria no centro, procedente das escolas de infantil de Barrionovo e Vilarrodís, 

1. Todas as solicitudes de reserva están admitidas.

2. Non tedes que realizar ningún trámite ata o momento da matrícula, entre o 20 e 30 de xuño.

Un cordial saúdo

O equipo directivo

Circular 1/2022 da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional pola que se precisan aspectos da Orde do 2 de marzo de 2021

 Circular 1/2022 da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional pola que se precisan aspectos da Orde do 2 de marzo de 2021 pola que se regula o dereito do alumnado á obxectividade na avaliación e se establece o procedemento de reclamación das cualificacións obtidas e das decisións de promoción e obtención do título académico que corresponda, en Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, para o curso 2021-2022.

venres, 11 de marzo de 2022

DE MARZO. DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

 O martes 8 de marzo, celebrouse o Día Internacional da Muller con varias actividades no

centro.

Na Galería están colgadas as fotos das actividades realizadas.

COLABORACIÓN CO BANCO DE ALIMENTOS RÍAS ALTAS

 A Asociación O Grilo a través da ANPA Manuel Murguía participa na recollida de produtos para o pobo ucraníano.

O centro colabora nesta campaña e haberá un punto de recollida. Será en principio ata o mércores día 16 de marzo.

Moitas grazas,

O CONCELLO ENTREGA UN EXEMPLAR DE OS BOLECHAS VISITAN O CIM DE ARTEIXO

 No día Internacional da Muller, o Concello de Arteixo, o CIM fai entrega dun exemplar de Os

Bolechas visitan o CIM de Arteixo ao alumnado de 4º educación infantil. Teredes as fotos na

galería.

Entrega a concelleira Inés Ramos.

MEGAFONÍA DO CENTRO CON MÚSICA SOBRE A PAZ

 Estimadas familias,

durante todo o mes oíremos na megafonía do centro ás entradas e saídas cancións como:

Somos el mundo, (versión en castelán de We are the world). Para as entradas.

Contágiame tu paz, de Unai Quirós. Para os recreos.

Tal vez, de Nill Moliner. Para as saídas.

Terra, de Tanxugueiras para a última saída de comedor.

Comunicación conxunta das Consellerías de Sanidade e Educación sobre a xestión de contactos estreitos covid-19 no ámbito educativo - 04/03/2022

 Comunicación conxunta das Consellerías de Sanidade e Educación sobre a xestión de contactos estreitos covid-19 no ámbito educativo - 04/03/2022. Recomendacións preventivas (SERGAS)

xoves, 3 de marzo de 2022

SEMANA DE ROSALÍA 2022. CERTAME DE POESÍA DO CONCELLO DE ARTEIXO

 No  mes de febreiro celebrouse a semana de Rosalía de Castro no Concello de Arteixo cun certame de poesía dirixido ao alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.

O xoves 24 de febreiro deuse a coñecer o alumnado finalista que terá que asistir á declamación do poema o sábado día 26 na Biblioteca Central.

As alumnas finalistas do noso centro son:

- Aroa Castro Felipe, Mi día en verso.

- Celia Varela Andrade, Los ronquidos de mi padre.

- Lúa Baña Baña, A bolboreta fantástica.

- Valeria Tomé Piñeiro, As cores das paisaxes.

- Alicia Cancelo Esparza, Mil palabras.

- Clara Recarey Vilar,  A miña primeira amiga.

PARABÉNS A TODAS !!!

23 DE FEBREIRO, TULIPÁNS E POESÍAS.

 


ENTREGA DO PREMIO DO CONCURSO DE POSTAIS SOLIDARIAS Á AULA DE 6ºA